Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.246

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 4 de xuño de 2001 pola que se dispón o nomeamento de vocal en representación da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vigo no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e 26 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación dos vocais do Consello de Administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración, polo que, producido o falecemento do vocal anteriormente designado, a Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vigo eleva a proposta de nomeamento de representante no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, e en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O nomeamento de José García Costas como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, en representación da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vigo.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2001.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda