Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2001 pola que se anuncia a contratación, por concurso público e sistema aberto, da subministración e instalación dunha torre autosoportada para o centro de radiocomunicacións da Xunta de Galicia en Pena Moa (A Coruña).

Orzamento da subministración: 9.300.000 pesetas(55.894,1 euros), IVE incluído.

Prazo de execución: dous meses, desde a sinatura do contrato.

Fianza provisional: dispensada.

Forma de tramitación: normal.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14

horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación persoal, a establecida na cláusula 7.1.1 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica, a establecida na cláusula 7.1.2 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias técnicas, a establecida na cláusula 7.1.3 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo a partir das 12 horas do quinto día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará ó dispor dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, sita no edificio administrativo nº 3 de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 981 54 58 83.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=485.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2001.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo