Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2001 pola que se fai pública a declaración do impacto ambiental do proxecto do aproveitamento hidroeléctrico integral da bacía do río Ulla, promovido pola sociedade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de declaración do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 20 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico integral da bacía do río Ulla, promovido por Unión Eléctrica Fenosa, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2001.

Agustín Fernández-Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónoma Augas

de Galicia

ANEXO

Resolución do 20 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico integral da bacía do río Ulla, promovido por Unión Fenosa, S.A.

Antecedentes.

O Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, polo que se regula a obriga de someter a avaliación de impacto ambiental os proxectos públicos e privados consistentes na realización de obras, instalacións ou calquera outra actividade abranguida no seu anexo, recolle no seu punto 10 a construcción e explotación de grandes presas.

O proxecto obxecto desta declaración pretende a explotación hidroeléctrica integral da bacía do río Ulla. As instalacións proxectadas localízanse nos concellos de Agolada, Vila de Cruces e Lalín, na provincia de Pontevedra, nos de Santiso, Arzúa e Touro, na Coruña e nos de Antas de Ulla e Palas de Rei, na provincia de Lugo.

Tendo en conta as características dos aproveitamentos proxectados, e en cumprimento do recollido no punto 10 do antedito Decreto 442/1990, a Comisión Galega do Medio Ambiente cualificou o proxecto como sometido a avaliación de impacto ambiental con data 29 de xullo de 1997.

No anexo I resúmese o contido do proxecto.

En cumprimento do establecido no artigo 5, punto 3º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, e con data do 1 de marzo de 1999, someteuse a información

pública (Diario Oficial de Galicia nº 41), o estudio de impacto ambiental.

O 10 de abril de 2000 recíbese nesta dirección xeral o expediente ambiental remitido por Augas de Galicia, incluíndo os informes elaborados polas direccións xerais de Montes e Medio Ambiente Natural, Saúde Pública, Patrimonio Cultural e Urbanismo; así como os certificados de información pública dos concellos de Agolada, Vila de Cruces, Lalín, Santiso, Arzúa, Touro e Antas de Ulla; e copia das alegacións presentadas durante este trámite. O certificado de información pública do Concello de Palas de Rei foi requirido en varias ocasións, sen que se teña recibido nesta dirección xeral ata a data.

Nos anexos II e III resúmese, respectivamente, o contido dos referidos informes e alegacións, que foron tidos en conta, no que procede, nas condicións desta declaración.

Con data do 22 de decembro de 2000 ten entrada documentación adicional elaborada pola empresa promotora, co obxecto de completa-las carencias observadas na documentación ambiental.

Cumprida a tramitación, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 482/1997, do 30 de decembro, formula a declaración de impacto ambiental do aproveitamento hidroeléctrico integral do río Ulla.

As alegacións de carácter ambiental presentadas tivéronse en conta, no que procede, nos epígrafes b e c da presente declaración.

O órgano substantivo para este proxecto é Augas de Galicia e o órgano ambiental a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Declaración de impacto ambiental:

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

-Aprovechamiento hidroeléctrico integral río Ulla. Estudio de impacto ambiental de carácter marco o general. Abril de 1998.

-Aprovechamiento hidroeléctrico integral río Ulla. Documento de análisis de sinergias ambientales. Abril de 1998.

-Aprovechamiento hidroeléctrico integral río Ulla. Estudio de Impacto Ambiental. Salto de Sejo. Abril de 1998.

-Aprovechamiento hidroeléctrico integral río Ulla. Estudio de Impacto Ambiental. Salto de Belmil. Abril de 1998.

-Aprovechamiento hidroeléctrico integral río Ulla. Estudio de Impacto Ambiental. Salto Nº 1. Abril de 1998.

-Aprovechamiento hidroeléctrico integral río Ulla. Estudio de Impacto Ambiental. Salto Nº 2. Abril de 1998.

-Aprovechamiento hidroeléctrico integral río Ulla. Estudio de Impacto Ambiental. Salto Nº 3. Abril de 1998.

-Aprovechamiento hidroeléctrico integral río Ulla. Estudio de Impacto Ambiental. Salto Lamas I. Abril de 1998.

-Aprovechamiento hidroeléctrico integral río Ulla. Estudio de Impacto Ambiental. Salto Lamas II. Abril de 1998.

-Aprovechamiento hidroeléctrico integral río Ulla. Estudio de Impacto Ambiental. Salto de Fradegas. Abril de 1998.

-Aprovechamiento hidroeléctrico integral río Ulla. Estudio de Impacto Ambiental. Salto de Pambre. Abril de 1998.

-Aprovechamiento hidroeléctrico integral río Ulla. Estudio de Impacto Ambiental. Salto de Fornelos. Abril de 1998.

-Aprovechamiento hidroeléctrico integral río Ulla. Estudio de Impacto Ambiental. Salto Nº 13. Abril de 1998.

-Aprovechamiento hidroeléctrico integral río Ulla. Estudio de Impacto Ambiental. Salto Nº 14. Abril de 1998.

-Addenda al estudio de impacto ambiental. Aprovechamiento hidroeléctrico del río Ulla. Diciembre de 2000.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve só para os efectos ambientais:

1) A non viabilidade ambiental dos seguintes aproveitamentos hidroeléctricos:

a) Salto nº 14, no río Deza, debido á afección ó espacio natural en réxime de protección xeral denominado Sistema Fluvial Ulla-Deza, recollido na Orde do 28 de outubro de 1999, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na rede europea Natura 2000, prorrogada pola Orde do 7 de novembro de 2000, con hábitats prioritarios como o 91E0 bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior.

b) Salto de Pambre, no río Pambre, debido a que, segundo se desprende da visita efectuada por esta dirección xeral en febreiro de 1999, o azude proxéctase a uns 100 m do castelo de Pambre, polo que se considera que existe unha importante afección paisaxística a un ben patrimonial.

c) Salto de Fornelos, no río Arnego, debido a:

-Afección ó espacio natural en réxime de protección xeral denominado Sobreirais do Arnego, recollido na Orde do 28 de outubro de 1999, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na rede europea Natura 2000, prorrogada pola Orde do 7 de novembro de 2000.

-Importancia actual do río Arnego para as poboacións troiteiras do encoro de Portodemouros, que o utilizan durante a desova e posterior cría e alevinaxe. A presa proxectada produciría importantes retrasos na migración, aínda dotándoa dunha escala; ademais de verse comprometido o movemento descendente cara ó encoro pola presencia das turbinas.

2) A viabilidade ambiental condicionada para os seguintes saltos:

-Belmil, Seixo e Frádegas, no río Ulla.

-Lamas I e Lamas II, no río Arnego.

-Nº 13, no río Deza.

-Saltos de regulación proxectados augas abaixo do encoro de Portodemouros, no río Ulla.

As características e condicións que deben recoller estes saltos para considera-la súa viabilidade ambiental expóñense a seguir:

2.a) Saltos de Seixo e Belmil.

1. Os dous saltos proxectados inicialmente deberán modificarse, proxectándose a construcción dun único salto, cun azude de altura non superior ós 5 m desde os alicerces.

2. Instalarase unha estación de captura que deberá contar, previamente á súa instalación, co informe favorable desta dirección xeral.

3. Manterase o seguinte réxime de caudais ecolóxicos (m/s):

OUTNOVDECXANFEBMARABRMAIXUÑXULAGOSET

2,23,43,43,43,43,43,13,02,01,91,91,6

O réxime proposto enténdese como un mínimo absoluto, non podendo circular caudais inferiores, salvo carencias naturais.

2.b) Salto de Frádegas.

1. Diminuirase a altura do azude, de xeito que non supere os 5 m de altura medida desde os ali

cerces. Asemade, a súa localización seleccionarase co obxecto de minimiza-la superficie asolagada.

2. Instalarase no azude un dispositivo de franqueo eficaz, que deberá contar, previamente á súa instalación, co informe favorable desta dirección xeral.

3. Manterase o seguinte réxime de caudais ecolóxicos (m/s):

OUTNOVDECXANFEBMARABRMAIXUÑXULAGOSET

1,02,02,02,01,91,91,81,61,61,40,70,6

O réxime proposto enténdese como un mínimo absoluto, non podendo circular caudais inferiores, salvo carencias naturais.

2.c) Saltos de Lamas I e Lamas II.

1. Diminuirase a altura dos azudes, de xeito que non superen os 5 m de altura medida desde os alicerces.

2. Instalaranse nos azudes dispositivos de franqueo eficaces, que deberán contar, previamente á súa instalación, co informe favorable desta dirección xeral.

3. Manterase o seguinte réxime de caudais ecolóxicos (m/s):

OUTNOVDECXANFEBMARABRMAIXUÑXULAGOSET

1,42,02,02,02,02,01,61,41,41,30,60,9

O réxime proposto enténdese como un mínimo absoluto, non podendo circular caudais inferiores, salvo carencias naturais.

2.d) Salto nº 13.

1. Diminuirase a altura dos azudes, de xeito que non superen os 5 m de altura medida desde os alicerces.

2. Instalarase un dispositivo de franqueo con estación de captura, que deberá contar, previamente á súa instalación, co informe favorable desta dirección xeral.

3. Manterase o seguinte réxime de caudais ecolóxicos (m/s):

OUTNOVDECXANFEBMARABRMAIXUÑXULAGOSET

2,42,82,82,82,82,82,82,82,82,81,41,9

O réxime proposto enténdese como un mínimo absoluto, non podendo circular caudais inferiores, salvo carencias naturais.

2.e) Saltos de regulación.

1. Modificaranse os saltos de regulación proxectados, de xeito que en vez dos tres saltos iniciais, se constrúan soamente dous. O seu funcionamento deberá garanti-lo cumprimento das seguintes condicións:

-O caudal máximo augas abaixo do último encoro será igual ou menor de 60 m/s, salvo enchentes naturais que non poidan ser laminadas ou retidas polo conxunto dos tres encoros (Portodemouros, salto nº 1 e salto nº 2).

-A taxa de variación de caudais será igual ou menor de 250 l/s, e sempre durante as horas nocturnas (de 0 horas a 8 horas).

2. Manterase no sistema o seguinte réxime de caudais ecolóxicos:

OUTNOVDECXANFEBMARABRMAIXUÑXULAGOSET

8,911,915,015,015,011,99,68,67,95,05,05,0

O réxime proposto enténdese como un mínimo absoluto, non podendo circular caudais inferiores, salvo carencias naturais.

3. Instalarase un dispositivo de aireación, co obxecto de mellora-la calidade das augas turbinadas.

4. Deberá equiparse cunha estación de captura o último salto de regulación. O seu deseño e características deberán contar, previamente a súa instalación, co informe favorable do órgano ambiental.

3) A viabilidade ambiental do aproveitamento do caudal ecolóxico do encoro de Portodemouros.

a) Ámbito da declaración.

A presente declaración refírese en exclusiva ó proxecto de aproveitamento hidroeléctrico integral da bacía do río Ulla, comprendendo os seguintes saltos:

-De tipo fluente:

SaltoRíoCotas (leito-restitución)

FrádegasUlla429-340

SeixoUlla286-280

BelmilUlla271-256

PambrePambre390-344

Lamas IArnego473-434

Lamas IIArnego419-385

FornelosArnego269-256

Salto nº 13Deza270-261

Salto nº 14Deza257-177

-Saltos de regulación no río Ulla:

SaltoCotas (normal encoro-restitución)

1165-150

2154-139

3143-128

-Aproveitamento do caudal ecolóxico do encoro de Portodemouros.

b) Condicións.

Reflicten as condicións que deben cumpri-los seguintes saltos:

-Belmil, Seixo e Frádegas, no río Ulla.

-Lamas I e Lamas II, no río Arnego.

-Nº 13, no río Deza.

-Saltos de regulación proxectados augas abaixo do encoro de Portodemouros, no río Ulla.

-Aproveitamento do caudal ecolóxico do encoro de Portodemouros.

De xeito que, xunto coas medidas protectoras e correctoras incluídas na documentación avaliada, se asegure a minoración dos seus posibles efectos ambientais negativos, co fin de que estes aproveitamentos poidan considerarse ambientalmente viables.

No caso de que exista contradicción entre o recollido na documentación avaliada e a presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

1. Protección da atmosfera.

1.1. Sobre a emisión de po e gases.

1.1.1. Co obxecto de minimiza-lo levantamento de partículas en suspensión durante a fase de obras, ademais das medidas propostas na documentación, procederase á cubrición dos vehículos durante o transporte de materiais pulverulentos.

1.1.2. Os motores de combustión da maquinaria utilizada cumprirán coa normativa de emisións vixente, debendo dispor da documentación que o acredite.

1.2. Protección contra a contaminación acústica.

1.2.1. O nivel sonoro, tanto durante a fase de obras como na de explotación, non superará os límites legais establecidos no título II do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica ou, se é o caso, co establecido polas ordenanzas municipais dos concellos afectados. Neste senso, considérase preciso aplica-las medidas descritas para a realización das voaduras, selección de equipos e tránsito da maquinaria, así como proceder ó illamento acústico dos edificios das centrais.

1.2.2. Presentarase un estudio acústico para cada un dos aproveitamentos proxectados, realizado co contido e forma estipulados polo Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica, no que se reflictan as previsións de ruído durante a fase de obra civil e durante a explotación dos aproveitamentos.

2. Protección do solo.

2.1. Sobre a terra vexetal.

2.1.1. As moreas previstas da terra vexetal localizaranse en lugares previamente seleccionados, efectuándose de xeito que se garanta a súa estabilidade fronte ó esborroamento e a protección do paso da maquinaria e das augas de enxurrada.

Co obxecto de garanti-las súas propiedades ata a fase de restauración aplicaranse as medidas de conservación recollidas na addenda. En todo caso, estas moreas non poderán mesturarse con ningún tipo de materiais, nin supera-los 2 m de altura.

2.2. Sobre as zonas de préstamos e entulleiras.

2.2.1. No caso de crear canteiras ou entulleiras, deberá remitirse previamente a esta dirección xeral documento no que se xustifique a súa necesidade, xunto co proxecto e plan de restauración.

2.2.2. Non se extraerán areas nos leitos e nas súa ribeiras, tal e como se sinala na addenda.

2.2.3. Equilibrarase ó máximo o volume de desmonte co de terrapléns.

2.3. Sobre a erosión.

2.3.1. Aplicaranse as medidas descritas na addenda ambiental respecto da minimización na creación de noiros e terrapléns durante a construcción das novas vías, así como aquelas destinadas a evita-la xeración de fenómenos erosivos.

2.3.2. A revexetación das zonas afectadas deberá efectuarse a medida que as diferentes superficies a restaurar acaden o seu estado definitivo.

2.4. Sobre contaminación por verteduras accidentais.

2.4.1. As tarefas de mantemento e reparación realizaranse en zonas previamente seleccionadas, que contarán coas infraestructuras descritas para evita-la afección ó solo.

2.5. De carácter xeral.

2.5.1. A zona de obras deberá estar balizada e perfectamente sinalizada, de xeito que non se afecte maior superficie da necesaria. Neste senso, a circulación de vehículos deberá limitarse ás zonas acondicionadas para o efecto.

3. Protección da auga.

3.1. Sobre a calidade das augas.

3.1.1. Eliminarase a totalidade da vexetación das zonas que vaian quedar asolagadas, co obxecto de minimizar fenómenos de eutrofización. Así mesmo, programarase o anegamento dos vasos coincidindo cos períodos de máximo caudal, co obxecto de favorece-la renovación da auga, tal e como se recolle na documentación avaliada.

3.1.2. Instalaranse drees co obxecto de non interromper nin modificar sensiblemente a drenaxe natural das zonas de actuación.

3.1.3. Queda prohibido o lavado de materiais nos cursos, así como calquera vertedura non autorizada previamente.

3.1.4. Adoptaranse as medidas descritas na addenda ambiental destinadas á evita-las afeccións da calidade da auga ou dos hábitats debidas ós arrastres de terras, lavado de areas, depósitos de terras, augas sanitarias e vertidos accidentais. Ademais, instalaranse elementos auxiliares para a defensa e control de arrastres de materiais utilizados en obra ás augas como consecuencia dunha posible crecida.

3.1.5. Durante as voaduras colocaranse mallas ou dispositivos similares que eviten a proxección de materiais.

3.1.6. No caso de deterioración da calidade da auga por verteduras, os caudais deben incrementarse ata acadar unha adecuada dilución dos productos contaminantes vertidos, de forma que se cumpran os límites recollidos no anexo V do Regulamento de pesca fluvial (Decreto 130/1997).

3.2. Sobre os caudais.

3.2.1. Instalaranse dispositivos de medida en continuo homologados para o control do caudal en cada un dos elementos do salto (derivación, dispositivo de franqueo e polo labio do vertedoiro). Estes dispositivos deberán transmiti-los valores obtidos ata un sistema central que manteña unha base de datos en tempo real e un histórico. Este sistema central deixarase preparado para que a Administración poida acceder a estes datos a través dun ordenador remoto.

4. Protección da vexetación.

4.1. A eliminación da vexetación efectuarase de acordo cos criterios sinalados na addenda. Nas zonas nas que se prevexa revexetar utilizaranse sistemas de roza que favorezan a súa rexeneración.

4.2. Previamente a calquera afección á vexetación de ribeira, obterase autorización do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural. Así mesmo, para a corta de arborado realizarase a solicitude de autorización ou a comunicación de corta, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes.

5. Protección da fauna.

5.1. En tódalas tomas de superficie, así como na restitución, disporanse dispositivos de interdicción. O seu deseño e características recollerá os requisitos recollidos ó respecto no artigo 82 do Regulamento de pesca fluvial (Decreto 130/1997), debendo ser aprobados polo órgano ambiental previamente á súa instalación.

5.2. A restitución efectuarase de forma que se disipe a enerxía da auga, co obxecto de diminuí-la súa velocidade e evita-la formación das denominadas augas brancas.

5.3. As cámaras de carga deberán cubrirse co obxecto de evita-las caídas accidentais.

5.4. Nas canles de derivación a ceo aberto disporanse dispositivos de paso para a fauna terrestre, consistentes en pasarelas cunha largura mínima de 2 m e cuns peitrís con 25 cm de altura mínima.

5.5. Adoptaranse as medidas descritas na addenda co obxecto de evita-lo risco de electrocución das aves.

5.6. A programación das obras elaborarase tendo en conta as épocas de cría da fauna sensible, co obxecto de non producirlle perturbacións. Este aspecto deberá vir reflectido no cronograma das obras.

6. Protección da paisaxe.

6.1. Aplicaranse as medidas descritas na addenda respecto da tipoloxía constructiva das instalacións, integración dos cerramentos, realización de apantallamentos vexetais e minimización da iluminación das instalacións.

6.2. Os conductos irán soterrados, segundo o proxectado.

6.3. As cámaras de carga proxectadas deberán ocultarse con pantallas vexetais.

7. Protección do patrimonio arqueolóxico e arquitectónico.

7.1. Previamente ó inicio das obras, realizarase un estudio específico e valoración de impactos no patrimonio cultural de cada un dos saltos, que requirirá a realización de traballos de campo para a elaboración dun inventario exhaustivo. Unha vez avaliado este estudio, estableceranse as condicións que deberán adoptarse para a protección deste patrimonio.

7.2. A resolución de concesión que o órgano competente formule deberá quedar condicionada ó informe que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural elabore unha vez avaliado o estudio sinalado no punto anterior.

8. Xestión de residuos.

8.1. Adoptaranse as medidas sinaladas na addenda ambiental, considerando que:

8.1.1. Os restos de biomasa vexetal serán preferentemente revalorizados. No caso de deposita los no solo, procederase a súa trituración e espallamento, co obxecto de facilita-la súa incorporación.

8.1.2. Tal e como se recolle na documentación, fóra da zona delimitada para as obras non poderá realizarse o almacenamento de residuos, independentemente da súa natureza, aínda que sexa con carácter temporal. Os sobrantes de terra deberán ser depositados en lugares autorizados por órgano competente.

8.1.3. O almacenamento temporal de residuos poderá efectuarse dentro da zona de obras, en lugares previamente seleccionados, nos que existan os medios necesarios para realiza-la segregación sinalada na documentación e se asegure a non afección ó contorno.

8.1.4. Tódolos residuos xerados durante a fase de obra deberán terse retirado e xestionado previamente ó inicio da actividade.

9. Sobre a restauración.

9.1. Cando finalice a explotación do aproveitamento, procederase, con carácter xeral, ó peche das tomas, ó desmantelamento das instalacións e ó baleiramento das conduccións, xestionando segundo a lexislación vixente tódolos residuos que se xeren, como poden se-los aceites da maquinaria. Tamén se limparán e acondicionarán os tramos de leito fluvial afectados pola restitución da auga ó seu nivel orixinal, e recuperaranse e revexetaranse tódalas superficies afectadas.

9.2. Tódalas superficies afectadas polas obras terán que ser restauradas e revexetadas, empregando especies autóctonas inventariadas nestas zonas, tal e como se recolle na documentación avaliada, procedendo á resementeira ou replantación no caso de observar calvas ou marras.

9.3. As sementes e pés deberán te-la súa procedencia debidamente acreditada, estando libres de pragas e enfermidades.

10. Outras medidas.

10.1. Cumprirase co establecido no artigo 75 do Regulamento de pesca fluvial respecto das variacións de caudal e da instalación de sinais acústicos e luminosos na zona de influencia de caída das presas.

10.2. Tal e como se recolle na documentación avaliada, procederase á reparación de calquera afección producida pola execución do proxecto a infraestructuras existentes (camiños, valados, etcétera).

c) Documentación adicional.

Previamente ó inicio das obras o promotor presentará perante o órgano substantivo, quen pola súa vez o remitirá a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, a imposición de medidas correctoras adicionais que se deriven, cinco (5) exemplares da seguinte documentación:

1. Estudio específico no que se identifiquen e valoren as afeccións dos saltos proxectados ó patrimonio arqueolóxico e arquitectónico, realizado por técnicos competentes, conforme un proxecto aprobado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Se for o caso, realizarase unha proposta de medidas protectoras e/ou correctoras.

2. Proxecto constructivo de cada un dos saltos autorizados, no que se dea cumprimento ó establecido nos puntos 2.a ó 2.e, 5.1 ó 5.5 e 6 desta declaración. Deste documento o número de exemplares a presentar incrementarase a seis.

3. Descrición do réxime de funcionamento dos encoros de regulación (saltos nº 1 e nº 2). Na súa elaboración, ademais do recollido no punto 2.e), considerarase que este debe optimizarse co fin de acadar unha regulación máxima que garanta unhas osci

lacións mínimas nos caudais do río Ulla, así como a maior dilatación posible no tempo (as oscilacións na lámina de auga non deben supera-los 30 cm en funcionamento normal). Asemade, deberá contemplar oscilacións anuais que simulen o réxime natural da zona, con máximos invernais e mínimos estivais.

4. Plano en planta, en coordenadas U.T.M., de cada un dos saltos, a escala 1:2000 ou maior detalle, no que se representen os elementos que conforman o salto, os accesos -diferenciando os de nova construcción dos existentes e os temporais dos definitivos-, e conexións da liña eléctrica, así como: zonas seleccionadas para o amoreamento da terra vexetal, almacenamento de residuos, parque de maquinaria e zonas destinadas para instalacións auxiliares. Acompañarase da relación de coordenadas U.T.M. representativas de tódalas instalacións do aproveitamento.

5. Estudio específico da afección á área recreativa da Cornella, recollendo, se for o caso, unha proposta de medidas protectoras, correctoras ou compensatorias.

6. Estudio acústico, realizado por empresa homologada, conforme o requirido no Decreto 150/1999, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica. Incluiranse medicións preoperacionais.

7. Documento no que se informe respecto da procedencia dos materiais de préstamo e do formigón, así como da localización de entulleiras.

8. Definición dos elementos a instalar para evita-lo arrastre de materiais utilizados en obra ante posibles crecidas.

9. Detalle e localización dos dispositivos medidores de caudal requiridos no punto 3.2.1 das condicións.

10. Descrición do sistema de tratamento seleccionado para as augas sanitarias, sinalando, se for o caso, o punto de vertedura.

11. Proxecto de revexetación, para cada un dos saltos previstos, no que se especifiquen as especies vexetais que se vaian utilizar -tanto para a revexetación das ribeiras como do resto das zonas afectadas-, en función da vexetación autóctona existente nos arredores, así como as súas características, densidades e/ou marcos de plantación. Acompañaranse dos planos nos que se amose a situación unha vez finalizada a revexetación.

12. Reportaxe fotográfica na que se reflicta o estado actual da zona de actuación e das súas proximidades, incluíndo tódolos elementos que se consideren de interese con respecto a un posible impacto ambiental. O lugar de toma das fotografías sinalarase no plano requirido no punto c.4).

13. Proposta dun programa de vixilancia ambiental no que se concreten e xustifiquen os controis que se realizarán para observa-lo cumprimento das condicións desta declaración, sinalando a periodicidade

destes e os indicadores que se van utilizar. Na súa elaboración proporanse, entre outros, os controis que se van realizar tanto na fase de obra como na de explotación, considerando especificamente o control do nivel de presión sonora, calidade das augas, evolución da fauna e das áreas recreativas (praia da Cornella, se é o caso).

14. Cronograma das obras, no que se inclúan as instalacións auxiliares e as medidas protectoras e correctoras. Na súa elaboración observarase o cumprimento do establecido nos puntos 2.3.2 e 5.6 das condicións desta declaración.

15. Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de obras, segundo o Decreto 298/2000, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

Unha vez avaliada a antedita documentación, remitiráselle ó órgano substantivo o resultado desta, non podendo o promotor proceder ó inicio das obras de cada salto ata que non conte co informe favorable da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Ó menos 48 horas antes do inicio das obras, o promotor comunicará a esta dirección xeral, a través do órgano substantivo, a data de inicio destas.

d) Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras contempladas na documentación avaliada e nas condicións desta declaración. Este programa debe permitir detectar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou nas condicións da declaración, permitindo determinar ou cuantificar impactos non previsibles e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Tendo en conta o anterior, o promotor deberá presentar perante a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, coa periodicidade sinalada, cinco (5) exemplares da seguinte documentación:

1. Informe de obras:

1.1. Mensualmente presentarase un cronograma actualizado das obras, incluíndo as medidas protectoras e correctoras, así como as instalacións auxiliares.

1.2. Con carácter trimestral presentarase:

1.2.1. Memoria na que se recollan os controis realizados para observa-lo cumprimento das condicións ambientais, de acordo co programa de vixilancia ambiental requirido no punto c.13). As analíticas e medicións deberán ser realizadas por empresas homologadas, debendo presentarse copia do último certificado de calibración xunto cos resultados obtidos.

1.2.2. Representación, utilizando a escala seleccionada no punto c.4), dos avances dos traballos

e porcentaxe de execución das obras respecto ó total, referido ós distintos elementos que o conforman, así como o lugar de toma das fotografías requiridas no seguinte punto.

1.2.3. Reportaxe fotográfica onde se reflicta o desenvolvemento dos traballos, indicando a data e hora de toma da fotografía.

2. Informe fin de obras, presentarase antes de dous (2) meses desde o remate dos traballos:

2.1. Representación, utilizando a escala seleccionada no punto c.4), de tódolos elementos construídos e as zonas onde se aplicaron medidas protectoras e/ou correctoras. Sinalarase, ademais, o lugar de toma das fotografías requiridas no seguinte punto.

2.2. Reportaxe fotográfica das zonas nas que quedaron implantados os diversos elementos e das zonas restauradas, indicando a data e hora da toma.

2.3. Copia do certificado de calibración dos dispositivos automáticos de medida e rexistro dos caudais requiridos no punto 3.2.1.

2.4. Memoria das incidencias acontecidas e das medidas adoptadas ó respecto.

2.5. Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de explotación, segundo o Decreto 298/2000, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

3. Informe de seguimento ambiental: a partir da data de inicio da explotación presentarase con periodicidade semestral durante os dous primeiros anos, e anual nos seguintes, a seguinte documentación:

3.1. Memoria na que se recollan os controis realizados para observa-lo cumprimento das condicións ambientais, de acordo co programa de vixilancia ambiental requirido no punto c.13). As analíticas e medicións deberán ser realizadas por empresas homologadas, debendo presentarse copia do último certificado de calibración xunto cos resultados obtidos.

3.2. Resultados das medicións de caudais realizadas cos dispositivos de medida requiridos no punto 3.2.1. Estes resultados representaranse graficamente.

3.3. Copia da documentación acreditativa de entrega dos residuos a xestor autorizado.

4. Informe ambiental previo ó abandono: nun prazo de seis meses previos á finalización da explotación do aproveitamento, remitirase ó órgano ambiental informe que conteña as accións previstas polo promotor para o abandono. Este será obxecto de avaliación por parte desta dirección xeral, sendo preciso informe favorable para a súa execución. Neste terase en conta o indicado no punto 9 das condicións desta declaración.

5. Informe posterior ó abandono: nun prazo máximo de dous meses contados desde o final das accións previstas para o abandono, enviarase informe que

conteña a descrición detallada das accións de carácter ambiental, especialmente no relativo a residuos perigosos e elementos paisaxísticos, xunto con documento gráfico que reflicta o estado final do lugar.

e) Condicións adicionais.

1. Para efectos de seguimento da presente declaración, o órgano substantivo comunicará a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

2. As condicións sinaladas nesta DIA son de cumprimento obrigatorio para o promotor.

Nembargantes, este poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas sinaladas co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes no aproveitamento, sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

Así mesmo, e no que respecta ós denominados Salto nº 13, Salto de Frádegas, Salto de Seixo, Salto de Belmil, Salto de Lamas I e Salto de Lamas II, o promotor poderá presenta-los proxectos modificados, de acordo co disposto nos punto 2.a ó 2.e.

En ámbolos casos, o promotor deberá informar á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas e/ou alternativas propostas. Esta documentación remitirase nun prazo máximo de (3) meses desde a notificación da presente DIA polo órgano substantivo.

Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas e decidirá sobre a súa aceptación, comunicando se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental. En todo caso, o promotor non poderá comeza-las obras antes de contar co acordo desta dirección xeral para o efecto.

3. Calquera cambio nos proxectos do ámbito desta declaración ou na documentación avaliada que lles afecta deberá ser notificado previamente á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen procederá de acordo co recollido no anterior parágrafo.

4. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, quen o comunicará ó órgano ambiental.

5. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá dictar, en calquera momento e só para os efectos ambientais, condicións adicionais á presente declaración en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante

a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

6. Se, unha vez emitida esta declaración, se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o ambiente, o órgano substantivo por propia iniciativa ou pola solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos e ata que sexan corrixidas.

7. Previamente ó inicio das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas protectoras e correctoras, así como para facer fronte ós posibles danos que se poidan causar ó medio, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro. A proposta de aval, que deberá fixa-lo órgano substantivo, establécese no 4% do orzamento de execución por contrata.

8. O incumprimento total ou parcial por parte da empresa promotora das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

9. A presente resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, incluídos, se é o caso, os da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e o Plan Xeral de Ordenación Urbana ou Normas Subsidiarias.

10. O proxecto de referencia estará ó abeiro do disposto na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

11. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade en relación con este tipo de actividades.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidad e Avaliación Ambiental

ANEXO I

Resumo do proxecto

O obxecto do proxecto é o aproveitamento integral do río Ulla, mediante a instalación dunha serie de saltos no propio río Ulla e nos seus afluentes Arnego, Pambre e Deza.

As obras proxectadas son:

-Aproveitamento do caudal ecolóxico do encoro de Portodemouros.

-Aproveitamentos hidroeléctricos no baixo Ulla:

-Saltos de regulación nº 1, 2 e 3, augas abaixo do encoro de Portodemouros, no río Ulla.

-Saltos nº 13 e nº 14, no río Deza.

-Aproveitamentos hidroeléctricos no alto Ulla:

-Saltos de Frádegas, Seixo e Belmil, no río Ulla.

-Salto de Pambre, no río Pambre.

-Saltos de Lamas I, Lamas II e Fornelos, no río Arnego.

Na seguinte táboa recóllense as características máis destacadas destes saltos:

Denominación. AproveitamentoCaudal (m/s)Cotas (nivel

encoro-restitución)

Desnivel (m)Altura presa (m)Potencia (kW)

Caudal ecolóxico

Portodemouros

15 252-166,5585,4593

(encoro de Portodemouros)

9.600

Salto nº 1111,5 165-15015 20 9.950

Salto nº 2111,5 154-13915 20 9.950

Salto nº 3111,5 143-12815 20 9.950

Salto nº 1315,5 270-2619 9,75 1.105

Salto nº 1416 257-17780 9,75 9.580

Salto de Frádegas10 438-34098 14 7.832

Salto de Pambre3 399-34455 14 1.309

Salto de Seixo30 300-28020 21 4.610

Salto de Belmil30 280-25624 14,8 5.453

Salto de Lamas I12 480-40350 13 4.709

Salto de Lamas II12 428-38543 14,5 4.075

Salto de Fornelos20 278,5-25622,5 14,5 3.453

Así mesmo, na documentación presentada recóllense unha serie de medidas protectoras e correctoras dirixidas á prevención ou corrección dos seguintes impactos: inestabilidade de noiros, alteracións xeomorfolóxicas, aparición de procesos erosivos, ocupación temporal do solo, compactación do solo, desprazamentos temporais da fauna terrestre, molestias por ruído, eliminación da vexetación, eliminación da cuberta vexetal nas áreas dos vasos, alteracións á vexetación pola construcción de vías permanentes, incrementos de partículas en suspensión no aire, descensos puntuais no nivel freático, alteración da calidade da auga e de hábitats, contaminación do solo, afeccións á avifauna por electrocución, introducción de elementos artificiais, afeccións potenciais ó patrimonio cultural e arqueolóxico, afección ó medio social, e obstáculos no fluxo das especies migratorias.

ANEXO II

Resumo dos informes

-A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural emite informe para cada un dos saltos proxectados, no que se recolle:

Salto de Frádegas:

A altura da presa proxectada resulta ambientalmente inadmisible, dado que, debido ó baixo gradiente lonxitudinal do leito no tramo afectado, a zona encorada acadaría excesiva extensión, supoñendo a perda dunha extensa zona de augas rápidas e, consecuentemente, a perda de zonas de alimentación e cría para os salmónidos residentes no tramo. Así mesmo, a altura da presa diminúe a eficacia do dispositivo de franqueo para a fauna piscícola. Por todo isto, debe reducirse a altura da presa (menor de 5 m desde os alicerces ata coroación) e estudiar

con detalle a súa localización co obxecto de minimiza-la superficie anegada.

No que respecta ó réxime de caudais ecolóxicos propostos, consideran que este é insuficiente, dado que non garante o normal desenvolvemento das poboacións locais piscícolas e o movemento natural das especies ó longo do tramo afectado.

Ademais, consideran que debe terse en conta o seguinte:

-No caso de deterioración da calidade das augas por incremento de verteduras, os caudais deberán ser incrementados ata acadar unha dilución axeitada dos productos contaminantes vertidos, de forma que se sigan cumprindo as especificacións de augas salmonícolas.

-De producírense cambios nos proxectos avaliados, será precisa a súa revisión, así como no caso de que a evolución das poboacións piscícolas na zona así o aconsellen.

Por último, indican que non se xuntan cálculos do funcionamento hidráulico do dispositivo de franqueo que permitan avalía-la súa eficacia, observando, ademais, que nos planos o salto entre depósitos é excesivo (0,65 m) e que o primeiro vaso que constitúe a entrada á escala augas abaixo do azude se localiza a uns 25 m do pé daquel, o que reduce notablemente a probabilidade de encontro dos peixes coa boca da escala.

Por tanto informan desfavorablemente ata que non se emenden as deficiencias atopadas.

Salto de Pambre:

A presa proxectada, de 9 m de altura, resulta ambientalmente inadmisible, dado que suporía a perda dunha extensa zona de augas rápidas, o que se traduce na perda de zonas de alimentación e cría

para os salmónidos residentes no tramo. Así mesmo, diminúe a eficacia do dispositivo de franqueo para a fauna piscícola.

No que respecta ó réxime de caudais ecolóxicos propostos, consideran que este é insuficiente, dado que non garante o normal desenvolvemento das poboacións locais piscícolas e o movemento natural das especies ó longo do tramo afectado.

Ademais, consideran que debe terse en conta o seguinte:

-No caso de deterioración da calidade das augas por incremento de verteduras, os caudais deberán ser incrementados ata acadar unha dilución axeitada dos productos contaminantes vertidos, de forma que se sigan cumprindo as especificacións de augas salmonícolas.

-De producírense cambios nos proxectos avaliados, será precisa a súa revisión, así como no caso de que a evolución das poboacións piscícolas na zona así o aconsellen.

Por último, indican que non se xuntan cálculos do funcionamento hidráulico do dispositivo de franqueo que permitan avalía-la súa eficacia, observando, ademais, que nos planos o salto entre depósitos é excesivo (0,65 m) e que o primeiro vaso que constitúe a entrada á escala augas abaixo do azude se localiza a uns 25 m do pé daquel, o que reduce notablemente a probabilidade de encontro dos peixes coa boca da escala.

Por tanto informan desfavorablemente ata que non se emenden as deficiencias atopadas.

Saltos de Seixo e Belmil:

Consideran que a altura das presas é excesiva e supón unha grande dificultade para o franqueo, aínda considerando as escalas proxectadas, o que suporía un grande atraso na migración das troitas reproductoras que remontan o Ulla na época de desova. Ademais, as dúas presas producen un efecto sinérxico que agrava o problema, ó que se engade o feito de que na migración descendente o risco de turbinación dos peixes se multiplica por dous, o que implica mínimas taxas de supervivencia.

Por tanto, rexeitan o planeamento dos dous saltos, considerando que ambientalmente sería admisible a construcción dun único encoro, cunha presa de altura non superior ós 5 m na que se extremen as medidas de protección da fauna acuática, en especial, coa dotación dun dispositivo de franqueo eficaz.

No que respecta ó réxime de caudais ecolóxicos propostos, consideran que este é insuficiente, dado que non garante o normal desenvolvemento das poboacións locais piscícolas e o movemento natural das especies ó longo do tramo afectado.

Ademais, consideran que debe terse en conta o seguinte:

-No caso de deterioración da calidade das augas por incremento de verteduras, os caudais deberán

ser incrementados ata acadar unha dilución axeitada dos productos contaminantes vertidos, de forma que se sigan cumprindo as especificacións de augas salmonícolas.

-De producírense cambios nos proxectos avaliados, será precisa a súa revisión, así como no caso de que a evolución das poboacións piscícolas na zona así o aconsellen.

Por último, indican que non se xuntan cálculos do funcionamento hidráulico do dispositivo de franqueo que permitan avalia-la súa eficacia, observando, ademais, que nos planos o salto entre depósitos é excesivo (0,65 m) e que o primeiro vaso que constitúe a entrada á escala augas abaixo do azude se localiza a uns 25 m do pé daquel, o que reduce notablemente a probabilidade de encontro dos peixes coa boca da escala.

Por tanto informan desfavorablemente ata que se emenden as deficiencias atopadas.

Saltos de Lamas I e II:

Considérase ambientalmente viable a construcción destes dous saltos se se cumpren os seguintes condicionantes ambientais:

-Considérase necesario rebaixa-la altura das presas proxectadas ata valores da orde dos 4-5 m (dos alicerces á coroación) e dotalas duns dispositivos de franqueo eficaces.

Extremaranse as medidas de protección para a fauna acuática minimizando as perdas poboacionais na migración descendente, evitando o paso polas turbinas.

No que respecta ó réxime de caudais ecolóxicos propostos, consideran que este é insuficiente, dado que non garante o normal desenvolvemento das poboacións locais piscícolas e o movemento natural das especies ó longo do tramo afectado.

Ademais, consideran que debe terse en conta o seguinte:

-No caso de deterioración da calidade das augas por incremento de verteduras, os caudais deberán ser incrementados ata acadar unha dilución axeitada dos productos contaminantes vertidos, de forma que se sigan cumprindo as especificacións de augas salmonícolas.

-De producírense cambios nos proxectos avaliados, será precisa a súa revisión, así como no caso de que a evolución das poboacións piscícolas na zona así o aconsellen.

Por último, indican que non se xuntan cálculos do funcionamento hidráulico do dispositivo de franqueo que permitan avalia-la súa eficacia, observando, ademais, que nos planos o salto entre depósitos é excesivo (0,65 m) e que o primeiro vaso que constitúe a entrada á escala augas abaixo do azude se localiza a uns 25 m do pé daquel, o que reduce notablemente a probabilidade de encontro dos peixes coa boca da escala.

Por tanto informan desfavorablemente ata que non se emenden as deficiencias atopadas.

Salto de Fornelos:

Localízase na parte máis baixa do río Arnego, moi próximo á súa desembocadura co encoro de Portodemouros. Actualmente o río Arnego é de capital importancia para as poboacións troiteiras do encoro, pois o utilizan durante a desova e posterior cría e alevinaxe. É ademais, xunto co propio Ulla, o único leito de importancia que verte ó encoro.

Por outra parte, a gran presa proxectada supón un obstáculo de difícil franqueo aínda dotándoa dunha escala.

Por último, a instalación dos elementos desta minicentral afecta ó espacio natural protexido pola Rede Natura 2000 denominado Sobreirais do Arnego.

Por todo isto, considérase ambientalmente inviable o aproveitamento.

Minicentral para o caudal ecolóxico de Portodemouros:

Infórmase favorablemente este aproveitamento ó carecer de afeccións ambientais negativas.

Ademais, consideran debe terse en conta o seguinte:

-No caso de deterioración da calidade das augas por incremento de verteduras, os caudais deberán ser incrementados ata acadar unha dilución axeitada dos productos contaminantes vertidos, de forma que se sigan cumprindo as especificacións de augas salmonícolas.

-De producírense cambios nos proxectos avaliados, será precisa a súa revisión, así como no caso de que a evolución das poboacións piscícolas na zona así o aconsellen.

Embalses de regulación augas abaixo de Portodemouros: saltos nº 1, nº 2 y nº 3:

Sinálase que os encoros deberían de ser capaces de modula-los caudais turbinados pola central de Portodemouros nos casos máis desfavorables.

Tras analiza-los casos nos que se produza unha parada inmediata e se deba baixar de 111,50 m/s (caudal turbinable) ó mínimo ecolóxico de 5,00 m/s, e ó contrario, parece que os encoros son capaces de absorbe-lo volume de auga correspondente a 5,30 horas de turbinación a plena potencia.

Sen embargo, non queda claro o comportamento do sistema transcorrido este prazo de tempo, polo que non parece garantir un nivel estable ou con oscilacións mínimas no río Ulla, senón que simplemente pospón no tempo a riada que na actualidade supón a turbinación a plena potencia, alén de supo-la perda de 8 km de leito que serían ocupados polas augas encoradas.

Polo tanto, debe proporcionarse un estudio máis detallado do comportamento deste sistema de encoros, de xeito que os caudais circulantes augas abaixo

do último encoro non superen os 60 m/s (salvo causas de forza maior) e que a oscilación do nivel da lámina de auga non supere os 20-30 cm ó longo do día.

Ademais, consideran que debe terse en conta o seguinte:

-No caso de deterioración da calidade das augas por incremento de verteduras, os caudais deberán ser incrementados ata acadar unha dilución axeitada dos productos contaminantes vertidos, de forma que se sigan cumprindo as especificacións de augas salmonícolas.

-De producírense cambios nos proxectos avaliados, será preciso a súa revisión, así como no caso de que a evolución das poboacións piscícolas na zona así o aconsellen.

Río Deza: salto nº 13.

Consideran que o réxime de caudais ecolóxicos propostos é insuficiente, dado que non garante o normal desenvolvemento das poboacións locais piscícolas e o movemento natural das especies ó longo do tramo afectado.

Por último, indican que non se xuntan cálculos do funcionamento hidráulico do dispositivo de franqueo que permitan avalía-la súa eficacia, observando, ademais, que nos planos o salto entre depósitos é excesivo (0,65 m) e que o primeiro vaso que constitúe a entrada á escala augas abaixo do azude se localiza a uns 25 m do pé daquel, o que reduce notablemente a probabilidade de encontro dos peixes coa boca da escala.

Por tanto informan desfavorablemente ata que non se emenden as deficiencias atopadas.

Río Deza: salto nº 14.

Parte do tramo do curso afectado polo aproveitamento afecta á proposta de Rede Natura 2000, LIC Ulla-Deza, con hábitats prioritarios como o 91E0, polo que se considera ambientalmente inviable o aproveitamento proxectado.

Recolle tamén unha serie de consideracións sobre o réxime de caudais ecolóxicos proposto polo promotor, concluíndo en que este non garante o normal desenvolvemento das poboacións piscícolas ó longo do tramo afectado.

Outras consideracións:

Ademais das anteriores, realízanse as seguintes consideracións de carácter xeral:

-Os estudios realizados referentes á flora e fauna, especialmente acuática, resultan pobres e imprecisos, polo que debe afondarse na súa execución, dada a importancia que teñen os tipos de aproveitamento obxecto do presente procedemento.

-Tódalas presas de nova construcción e as xa construídas, a excepción da de Portodemouros, deberán dotarse dun dispositivo de franqueo, avaliado pola Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

-Tódalas tomas de superficie deben dotarse dun dispositivo que impida o acceso dos peixes ás canles, conductos ou túneles de derivación, coas seguintes condicións, reflectidas na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial e no Decreto 130/1997, do 4 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

* Nas augas habitadas por salmón ou reo, incluíndo as áreas accesibles mediante sistemas de franqueo, os dispositivos deberán garantir que a súa eficacia sexa igual ou superior á dunha reixa de 2,00 cm de luz entre pletinas. O seu deseño e instalación realizarase de xeito que non atrape ós peixes máis pequenos de forma irreversible, evitando que queden atascados, que sexan esmagados contra os ditos dispositivos pola forza das augas ou que sexan extraídos daquelas polo mecanismo de limpeza sen garanti-la súa supervivencia.

* Nas augas habitadas por troitas ou ciprínidos, os dispositivos de protección do inicio das canles de derivación terán unha eficacia demostrada igual ou superior á dunha reixa de 4,00 cm de luz entre pletinas e de 2,00 cm ó final das ditas canles.

* Así mesmo, tomaranse medidas similares para evita-lo acceso dos peixes ás canles de derivación e ós pozos de aspiración das turbinas. Para evita-las acumulacións de peixes ó pé destas canles, difuminarase a restitución de caudais ó leito de forma que se minimice a chamada que estas augas brancas efectúan sobre os migradores.

-Nas canles de derivación que discorran a ceo aberto disporanse dispositivos de paso para a fauna terrestre, consistentes en pasarelas cunha largura mínima de 2,00 m, cuns peitrís cunha altura mínima de 0,25 m.

-Debe dotarse o último salto situado augas abaixo do encoro de Portodemouros dalgún dispositivo de aireación que mellore a osixenación e a calidade das augas turbinadas.

-Deberán construírse capturadoiros ó pé das seguintes presas máis impactantes:

* Último salto dos encoros de regulación situados augas abaixo do encoro de Portodemouros.

* Salto de Belmil ou de Seixo-Belmil.

* Salto nº 14.

Os proxectos dos ditos capturadoiros deben ser consensuados cos técnicos da propia Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

* A Dirección Xeral de Saúde Pública emite informe favorable, sen detrimento das competencias doutros organismos oficiais.

* A Dirección Xeral de Urbanismo informa que:

-Aféctase a varios municipios que contan con instrumentos de planeamento municipal en vigor.

-As obras deberán adecuarse ó planeamento urbanístico vixente, correspondéndolle ós respectivos concellos verifica-lo cumprimento da legalidade urbanística a través da licencia municipal prevista no artigo 168 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

-No suposto de que as construccións afectasen a terreos clasificados como solo rústico, ademais da licencia municipal, deberá obterse a autorización urbanística previa que prevé o artigo 77, números 3º e 4º da Lei do solo de Galicia, que corresponde outorgar ó delegado provincial da CPTOPV en virtude da Orde do 29 de agosto de 1997.

-No caso de que a natureza, magnitude e características das obras o aconsellen, tamén sería viable a redacción dun plan especial de infraestructuras que regulase a implantación da actividade e execución das obras.

* A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe no que sinala:

Na documentación presentada non se analiza, desde o punto de vista arqueolóxico, arquitectónico e etnográfico, o patrimonio cultural das zonas afectadas polos distintos aproveitamentos hidroeléctricos, xa que non consta nin a súa descrición, nin na identificación e valoración de impactos, nin se establecen medidas correctoras axeitadas ó respecto, pois que hai afeccións directas sobre este patrimonio.

Polo que, considerando que non se realizaron os estudios correspondentes para avalia-la incidencia que o proxecto ten sobre os elementos que compoñen o patrimonio cultural, nin as correspondentes medidas correctoras, e considerando o establecido na Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, no Real decreto 1131/1988, do 30 de setembro, referente á execución do Real decreto lexislativo de avaliación de impacto ambiental e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental, é polo que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural informa desfavorablemente, mentres non se realice o correspondente estudio e valoración de impactos no patrimonio cultural, que requirirá a realización de traballos de campo para a elaboración do seu inventario exhaustivo, e se incorporen á súa descrición, valoración e medidas correctoras no estudio de impacto ambiental.

ANEXO III

Resumo de alegacións

Presentáronse aproximadamente unhas 8.000 alegacións, que se estructuran en 63 tipos de alegacións, cos contidos básicos que se expoñen de forma resumida a seguir:

1. Alegación ós saltos nº 1, nº 2 e nº 3, correspondentes ós encoros de regulación situados augas abaixo do encoro de Portodemouros. Presentada por José Barbazán Sande e 2.500 veciños.

Rexeitan os aproveitamentos proxectados en atención ó notable impacto ambiental que causaría sobre o río Ulla e o conxunto de ecosistemas asociados, ademais dos danos socioeconómicos que se producirían sobre actividades como o turismo e a pesca fluvial

Por último, consideran que o proxecto non revertería en ningún beneficio sobre os poboadores e municipios da zona.

2. Alegación ós saltos nº 1, nº 2 e nº 3, correspondentes ós encoros de regulación situados augas abaixo do encoro de Portodemouros. Presentada por Mª Soledad Ferro García e outros.

Rexeitan os citados aproveitamentos polos seus notables efectos ambientais negativos sobre o medio acuático, sobre a fauna asociada, calidade das augas, solos, vexetación terrestre e fauna asociada, paisaxe, usos do solo e usos alternativos do río, ademais de polo incumprimento da Lei 7/1992, da pesca fluvial en Galicia.

Indícase, ademais, a inexistencia de medidas correctoras no proxecto avaliado, salvo polas referencias ás boas prácticas na execución e explotación.

Noutro ámbito, sinalan que non se xustifica en proxecto a capacidade reguladora dos tres encoros proxectados, ó tempo que se indica que nos diferentes documentos sometidos a información pública se observan contradiccións nos datos correspondentes á altura das presas, que oscilan entre os 9,00 m e os 21,00 m.

Por último e noutro ámbito, indican que non se xustifica a declaración de utilidade pública do proxecto.

3. Alegación ós saltos nº 1, nº 2 e nº 3, correspondentes ós encoros de regulación situados augas abaixo do encoro de Portodemouros. Presentada por José Luis Salvadores Cobas e 330 veciños máis.

Rexeitan os citados aproveitamentos polos seus notables efectos ambientais negativos sobre o medio acuático, sobre a fauna asociada, calidade das augas, solos, vexetación terrestre e fauna asociada, paisaxe, usos do solo e usos alternativos do río, ademais de polo incumprimento da Lei 7/1992, da pesca fluvial en Galicia.

Noutro ámbito, sinalan que non se xustifica en proxecto a capacidade reguladora dos tres encoros proxectados.

4. Alegación ós saltos nº 1, nº 2 e nº 3, correspondentes ós encoros de regulación situados augas abaixo do encoro de Portodemouros. Presentada polo Concello de Touro (A Coruña).

Rexeitan os citados aproveitamentos polos seus notables efectos ambientais negativos sobre o medio acuático, sobre a fauna asociada, calidade das augas, solos, vexetación terrestre e fauna asociada, paisaxe, usos do solo e usos alternativos do río, ademais de polo incumprimento da Lei 7/1992, da pesca fluvial en Galicia.

Indícase, ademais, a inexistencia de medidas correctoras no proxecto avaliado, salvo polas referencias ás boas prácticas na execución e explotación.

Noutro ámbito, sinalan que non se xustifica en proxecto a capacidade reguladora dos tres encoros proxectados, ó tempo que se indica que nos diferentes documentos sometidos a información pública se observan contradiccións nos datos correspondentes á altura das presas, que oscilan entre os 9,00 m e os 21,00 m.

5. Alegación ós saltos nº 1, nº 2 e nº 3, correspondentes ós encoros de regulación situados augas abaixo do encoro de Portodemouros. Presentada polo Concello de Touro (A Coruña).

Alégase neste caso, ó respecto da concesión, que se considera caducada e sinálase que se infrinxiu o principio de publicidade e tramitación en competencia, esixido no procedemento de outorgamento de concesións.

Ademais, engádese que o expediente de modificación da concesión administrativa incoado por instancia de Unión Fenosa, vulnera o principio constitucional de presunción de legalidade, recollido no artigo 9.3º CE, en concordancia co artigo 51 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

En resumo, rexeitan os aproveitamentos obxecto da alegación.

6. Alegación ó interese público do proxecto conxunto e ós saltos nº 1, nº 2 e nº 3, correspondentes ós encoros de regulación situados augas abaixo de Portodemouros. Presentada por ADEGA.

Ó respecto do interese público do proxecto consideran que este non está xustificado, polo que rexeitan tal cualificación.

Rexeitan os tres saltos proxectados augas abaixo do encoro de Portodemouros polos seus notables efectos ambientais negativos sobre o medio acuático, sobre a fauna asociada, calidade das augas, solos, vexetación terrestre e fauna asociada, paisaxe, usos do solo e usos alternativos do río, ademais de polo incumprimento da Lei 7/1992, da pesca fluvial en Galicia.

Indícase, ademais, a inexistencia de medidas correctoras no proxecto avaliado, salvo polas referencias ás boas prácticas na execución e explotación.

Noutro ámbito, sinalan que non se xustifica en proxecto a capacidade reguladora dos tres encoros proxectados, ó tempo que se indica que nos diferentes documentos sometidos a información pública se observan contradiccións nos datos correspondentes á altura das presas, que oscilan entre os 9,00 m e os 21,00 m.

7. Alegación ós saltos nº 1, nº 2, nº 3 (augas abaixo de Portodemouros), saltos nº 13 e nº 14 (Deza) e ó salto de Fornelos. Presentada polo Concello de Vila de Cruces.

É similar á comentada anteriormente para o caso do Concello de Touro, é dicir, que ó respecto da concesión, esta se considera caducada e sinálase que se infrinxiu o principio de publicidade e tramitación en competencia, esixido no procedemento de outorgamento de concesións.

Ademais, engádese que o expediente de modificación da concesión administrativa incoado por instancia de Unión Fenosa, vulnera o principio constitucional de presunción de legalidade, recollido no artigo 9.3º CE, en concordancia co artigo 51 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ademais e con respecto ó salto de Fornelos, indican que ese salto vulnera a normativa urbanística recollida nas normas subsidiarias e complementarias de planeamento provincial, ó afectar un espacio natural que se debe protexer, as Sobreiras do Arnego.

Con respecto ós saltos nº 1, nº 2 e nº 3, os seus argumentos son coincidentes cos expresados polas alegacións antes comentadas para estes aproveitamentos.

A respecto do salto nº 14, indican que este entra en colisión co proxecto en curso ó respecto do aproveitamento lúdico-turístico centrado na praia fluvial de Carixa, proxecto que se está a realizar ó abeiro do Plan LEADER. Así mesmo, indican que este salto afectaría negativamente ó contorno do mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro.

Igualmente, o salto nº 14 afectaría á central de Fontao, polo que afectaría ós dereitos adquiridos polos seus titulares.

Con respecto ó salto nº 13, reflicten o sentir da poboación local, que rexeita frontalmente o proxecto.

En resumo, rexeitan os saltos nº 1, nº 2, nº 3, nº 13 e nº 14. Unicamente aceptan o aproveitamento do caudal ecolóxico do encoro de Portodemouros.

8. Alegación ó salto nº 3, correspondente ó último dos encoros de regulación situados augas abaixo do encoro de Portodemouros. Presentada polos herdeiros de Antonio Asorey Sánchez e Ramona Navaza Silva.

Rexeitan o aproveitamento por afectar a varios predios (5 predios) da súa propiedade, o que lles suporá notables prexuízos económicos e nos seus modos de vida actuais.

Engaden que se afectaría ademais a un muíño en uso e unha pesqueira, ambos de máis de 150 anos de antigüidade, sobre os que posúen dereitos de uso.

9. Alegación ós saltos do Seixo e Belmil. Presentada por Francisco Pulleiro Penas.

Rexeita os aproveitamentos porque a relación de predios e propietarios afectados é incorrecta e polos graves impactos ambientais que se producirían sobre a fauna e flora da zona.

10. Alegación ós saltos do Seixo e Belmil. Presentada por Antonio Suárez Trade e 450 veciños máis.

Rexeita os aproveitamentos polos seus notables impactos ambientais e socioeconómicos.

11. Alegación ós saltos do Seixo e Belmil. Presentada por Victorio Mejito Miguedes e 400 veciños máis.

Rexeita os aproveitamentos polos seus notables impactos ambientais e socioeconómicos.

12. Alegación ós saltos do Seixo e Belmil. Presentada por Francisco Javier Fernández Sarandeses, en nome da Asociación Cultural Novos Airiños da Ponte.

Opóñense a ámbolos saltos polos seus notables impactos ambientais e socioeconómicos e por infrinxiren a Lei 7/1992, de pesca fluvial para Galicia, a Lei 9/1997, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, a Lei 1/1995, de protección ambiental de Galicia, e a Lei 4/1989, de conservación de espacios naturais.

13. Alegación ós saltos do Seixo e Belmil. Presentada polo Concello de Santiso.

É similar á comentada anteriormente para o caso do Concello de Touro, é dicir, que ó respecto da concesión, esta considérase caducada e sinálase que se infrinxiu o principio de publicidade e tramitación en competencia, esixido no procedemento de outorgamento de concesións.

Ademais, engádese que o expediente de modificación da concesión administrativa incoado por instancia de Unión Fenosa vulnera o principio constitucional de presunción de legalidade, recollido no artigo 9.3º CE, en concordancia co artigo 51 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ademais, indican o seu total e absoluto rexeitamento ós aproveitamentos con base nos graves impactos sobre o medio natural do municipio, afección á área recreativa da Cornella, afección a unha zona do río Ulla sinalada como de protección especial e, entre outros aspectos, á fauna e flora da ribeira.

14. Alegación ó salto do Seixo. Presentada por Rosario Roibas Penas e sete veciños máis da parroquia de Mourazos (Santiso).

Indican que ese salto afectaría a unha traída veciñal de augas, a cal non consta en ningún dos documentos sometidos a información pública, polo cal solicitan que se desestime o aproveitamento.

15. Alegación ó salto do Seixo. Presentada por José Luis Pereira Vázquez e 11 veciños máis da parroquia de Mourazos (Santiso).

Alegación que rexeita o salto por afectar á traída veciñal de augas citada no caso da alegación anterior.

16. Alegación ó salto do Seixo. Presentada por Rosario Roibas Penas e 12 veciños máis da parroquia de Mourazos (Santiso).

Indican que o salto proxectado afecta ó denominado Muíño do Salto e a súa presa para a derivación, construídos ambos en pedra hai máis de 200 anos. Sinalan que se trata dun muíño tipo rillote. Engaden que este feito non consta en ningún dos documentos (proxectos e estudios de impacto ambiental) sometidos a información pública, polo que solicitan que se desestime o aproveitamento.

17. Alegación ó salto do Seixo. Presentada por Augusto Diéguez Vázquez, de Santiso.

Indican que ese salto afectaría a unha traída particular de augas, utilizada para uso doméstico e subministración para unha granxa de porcino. Engade que a existencia da traída non consta en ningún dos documentos sometidos a información pública, polo cal solicitan que se desestime o aproveitamento.

18. Alegación ó salto do Seixo. Presentada por José Luis Pereiro e 13 veciños máis do lugar das Casas Novas, parroquia de Santaia de Rairiz, concello de Santiso.

Indican que ese salto afectaría a unha traída veciñal de augas, utilizada para uso doméstico. Engaden que a existencia da traída non consta en ningún dos documentos sometidos a información pública, polo cal solicitan que se desestime o aproveitamento.

19. Alegación ó salto nº 14. (Río Deza). Presentada por Dolores Soto Sánchez e 5 veciños máis.

Rexeita o aproveitamento pola grave afección que produciría sobre as súas actividades agrícolas e gandeiras, así como por afectar ó uso recreativo do territorio en que se enmarca o salto.

Engade que a consecuencia dun recente proceso de concentración parcelaria realizado na zona, deben revisarse os datos das expropiacións, pois a información que consta na documentación sometida a información pública está inzada de erros, xa que non constan as modificacións derivadas do proceso de concentración parcelaria.

20. Alegación ó salto nº 14 (Río Deza). Presentada pola Asociación de Mulleres Agarimos do Deza.

Rexeita o aproveitamento proxectado polo gran rexeitamento social que existe entre os veciños do lugar, o cal non se considera no estudio de impacto ambiental tal e como establece o artigo 3.6º do Decreto 442/1990.

Ademais, indica que a execución do proxecto significará a destrucción de numerosos postos de traballo na zona e que vai en contra da política de fomento do turismo rural na zona seguida pola Xunta de Galicia e os concellos de Vila de Cruces e Silleda.

Engade que a producción de enerxía eléctrica só beneficiaría a Fenosa e prexudicaría os veciños e a sociedade galega en xeral.

Por último, indica que o proxecto xeraría importantes alteracións sobre a paisaxe e recursos culturais da zona, entre os que destaca o mosteiro de Carboeiro.

21. Alegación ós saltos nº 13 e nº 14 (Río Deza). Presentada por María del Carmen Rouco Valles e 300 veciños máis.

Rexeitan os aproveitamentos citados con base nos graves impactos que se producirían sobre o río Deza e os ecosistemas asociados, ademais de que o aproveitamento hidroeléctrico sería incompatible cos outros usos que se fan do río hoxe en día: pesca, turismo..., etc.

22. Alegación ós saltos nº 13 e nº 14 (Río Deza). Presentada pola Asociación Naturalista para a Investigación e Defensa das Aves, de Silleda.

Rexeitan os aproveitamentos proxectados con base nos graves impactos sobre o medio natural e socioeconómico que se derivarían da súa execución que, por outra parte, unicamente beneficiaría a Unión Fenosa.

23. Alegación ós saltos nº 13 e nº 14 (Río Deza). Presentada polo Concello de Silleda.

É similar á comentada anteriormente para o caso do Concello de Touro, é dicir, que ó respecto da concesión, esta se considera caducada e se sinala que se infrinxiu o principio de publicidade e tramitación en competencia, esixido no procedemento de outorgamento de concesións.

Ademais, engádese que o expediente de modificación da concesión administrativa incoado por instancia de Unión Fenosa vulnera o principio constitucional de presunción de legalidade, recollido no artigo 9.3º CE, en concordancia co artigo 51 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ademais e ó respecto dos saltos, indican que estes entran en colisión co proxecto en curso ó respecto do aproveitamento lúdico-turístico centrado na praia fluvial de Carixa, proxecto que se está a realizar ó abeiro do Plan Leader. Así mesmo, indican que este salto afectaría negativamente ó contorno do mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro e á fervenza do río Toxa.

Igualmente, o salto nº 14 afectaría á central de Fontao, polo que afectaría ós dereitos adquiridos polos seus titulares.

Por último, reflicten o sentir da poboación local, que rexeita frontalmente o proxecto.

24. Alegación ós saltos de Fornelos, O Seixo, Belmil, Lamas I, Lamas II e Frádegas. Presentada por Marcial Barral Vázquez e 10 veciños máis.

Rexeitan os aproveitamentos proxectados con base nos graves impactos sobre o medio natural e socioeconómico que se derivarían da súa execución que, por outra parte, unicamente beneficiaría a Unión Fenosa.

25. Alegación ós saltos de Lamas I e Lamas II. Presentada pola Sociedade de Caza e Pesca de Lalín.

Rexeitan os aproveitamentos citados con base nos graves impactos sobre o leito do río no treito afectado polos saltos, polos seus impactos ambientais sobre os ecosistemas asociados ó río e pola dubidosa rendibilidade para Galicia da enerxía eléctrica producida en comparación cos custos ambientais que isto levaría consigo.

26. Alegación ós saltos de Lamas I e Lamas II. Presentada polo Grupo do BNG do Concello de Lalín.

Rexeitan o proxecto por non estar debidamente xustificado no marco da súa compatibilización co Plan Hidrolóxico Galego e a Rede Natura 2000.

Tamén o rexeitan polos graves impactos que sobre o ambiente e patrimonio cultural se derivarían da súa execución e, sobre todo, explotación.

27. Alegación ós saltos de Lamas I e Lamas II. Presentada polo Grupo Ecoloxista Sobreira, de Lalín.

Rexeitan o proxecto pola súa incompatibilidade coa conservación do patrimonio natural, o que está en contradicción co estipulado no Decreto 16/1987, do 14 de xaneiro, onde se indica que debe prevalece-lo criterio ambiental fronte ó económico na xestión dos recursos hídricos.

Indican, así mesmo, que a execución do proxecto só beneficiaría a Unión Fenosa.

Engaden que existen numerosas deficiencias no estudio de impacto ambiental, onde non consta a presencia na zona de especies de elevado interese biolóxico e en perigo como Margaritifera margaritifera, Falco peregrinus, Milvus milvus e outras como o moucho de orellas e o miñato abelleiro.

Tamén sinalan a existencia de deficiencias ó nivel dos estudios de vexetación (non constan as Sobreiras do Arnego) e, entre outras cuestións, da propia valoración de impactos que indican que, curiosamente, resulta ser idéntica para o caso dos 13 estudios de impacto ambiental sometidos a información pública no marco do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico integral do río Ulla.

28. Alegación ó salto de Lamas II. Presentada por Manuel Blanco Calviño.

Sinala que é titular dun aproveitamento hidroeléctrico no río Arnego cun caudal de 900 l/seg e minicentral en funcionamento (cotas 414,00 m e 395,70 m).

Sinala que o salto de Lamas II entre as cotas 428,00 m e 385,00 m afectaría á minicentral antes referida, a cal non aparece na relación de bens afectados, aínda que si figura o aproveitamento no plano nº 08 e que o caudal ecolóxico proposto para o salto de Lamas II, de 800 l/seg, non recolle a necesidade de engadi-los 900 l/seg da referida concesión, polo que se deberían deixar fluír na toma, polo menos, 1.700 l/seg.

Por tanto, solicita que se inclúa a minicentral de Puente Vilariño, S.L. na relación de bens afectados, que se lle sume ó caudal ecolóxico a cifra de 900 l/seg que ten concedidos ou, de se-lo caso, se propoña claramente a expropiación da concesión e instalacións.

E, en todo caso, se denegue a concesión do aproveitamento de Lamas II pola súa incompatibilidade co aproveitamento en funcionamento, para o cal, ademais, está en trámite a solicitude dunha ampliación.

29. Alegación ó salto de Fornelos. Presentada por Manuel Pedreira Asorey e 45 veciños máis.

Rexeita o aproveitamento proxectado con base nos graves impactos sobre o medio natural e socioeconómico que se derivarían da súa execución que, por outra parte, unicamente beneficiaría a Unión Fenosa.

30. Alegación ós saltos de Frádegas, Lamas I, Lamas II, O Seixo e Belmil. Presentada polo Concello de Agolada.

É similar á comentada anteriormente para o caso do Concello de Touro, é dicir, que ó respecto da concesión, esta se considera caducada e sinálase que se infrinxiu o principio de publicidade e tramitación en competencia, esixido no procedemento de outorgamento de concesións.

Ademais, engádese que o expediente de modificación da concesión administrativa incoado por instancia de Unión Fenosa vulnera o principio constitucional de presunción de legalidade, recollido no artigo 9.3º CE, en concordancia co artigo 51 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ademais e ó respecto dos saltos, indican que estes afectarían negativamente ás actividades agroindustriais e gandeiras, tería graves repercusións sobre os valores ambientais da zona, entraría en colisión cos proxectos de fomento do uso recreativo do río e afectaría ó balneario de Frádegas e ó do muíño de Frádegas, elementos ambos de capital importancia para o desenvolvemento da comarca, pois está incluída a súa rehabilitación e posta en servicio no marco do Programa Proder da Comarca da Ulloa.

Tamén afectan ás Sobreiras do Arnego, a unha concesión con canle que data de 1920 e, en concreto, o salto de Lamas II afecta a unha concesión para a captación de auga do río Arnego para o abastecemento da vila de Agolada, polígono industrial e outras entidades rurais de poboación.

O salto do Seixo, ademais, afectaría á área recreativa da Cornella (parroquia da Ponte Arcediago) e a un muíño fariñeiro próximo.

Por tanto, rexeitan o conxunto dos saltos citados no encabezamento da alegación.

31. Alegación ó salto de Frádegas. Presentada por Ángel Varela Vidal.

Rexeita o citado aproveitamento debido a que a concesión xa está caducada e ás seguintes consideracións:

Engade que o proxecto non pode considerarse como de utilidade pública, que o estudio de impacto ambiental está inzado de erros e é tan vago e impreciso que pode valer para calquera bacía hidrográfica galega.

Tamén considera que esquecen cita-lo balneario de Frádegas, protexido pola lexislación vixente, aínda que non se cita a cal se fai referencia.

Tampouco está de acordo cos caudais ecolóxicos propostos, que se corresponden co 10% do caudal circulante total, engadindo que o EIA non considera as implicacións que sobre a economía da zona terá o aproveitamento.

Por último, indica que é propietario dun predio afectado polo proxecto, que non consta na relación de bens e propietarios afectados.

32. Alegación ó salto de Frádegas. Presentada polo Concello de Antas de Ulla.

É similar á comentada anteriormente para o caso do Concello de Touro, é dicir, que, ó respecto da concesión, esta se considera caducada e se sinala que se infrinxiu o principio de publicidade e tramitación en competencia, esixido no procedemento de outorgamento de concesións.

Ademais, engádese que o expediente de modificación da concesión administrativa incoado por instancia de Unión Fenosa, vulnera o principio constitucional de presunción de legalidade, recollido no artigo 9.3º CE, en concordancia co artigo 51 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ademais e ó respecto do salto, indican que afectaría negativamente ás actividades agroindustriais e gandeiras, tería graves repercusións sobre os valores ambientais da zona, entraría en colisión cos proxectos de fomento do uso recreativo do río e afectaría ó balneario de Frádegas e ó do muíño de Frádegas, elementos ambos de capital importancia para o desenvolvemento da comarca, pois está incluída a súa rehabilitación e posta en servicio no marco do Programa Proder da comarca da Ulloa.

33. Alegación ós saltos de Pambre e Frádegas. Presentada por Jorge Mouriño Lourido.

Rexeita ambos saltos por se inscribiren nas zonas de maior naturalidade e mellor conservadas da comarca, onde ademais se localiza o hábitat de especies de interese prioritario segundo consta na Directiva 92/43/CEE e na normativa estatal de transposición da citada directiva.

Considera o EIA incorrecto, inzado de erros e excesivamente vago e xeral, observando unha notoria falta de traballo de campo, ademais de tendencioso e teórico, polo que considera que debería rexeitarse, polo menos, baixo un simple criterio de calidade técnica,

pois se obvian numerosos elementos destacables do medio natural e do patrimonio cultural, os que cita a alegación (castelo de Pambre, balneario de Frádegas...).

34. Alegación ós saltos de Pambre e Frádegas. Presentada por Marina López Bran.

Rexeita ámbolos saltos por se inscribiren nas zonas de maior naturalidade e mellor conservadas da comarca, onde, ademais, se localiza o hábitat de especies de interese prioritario segundo consta na Directiva 92/43/CEE e na normativa estatal de transposición da citada directiva.

Considera o EIA incorrecto, inzado de erros e excesivamente vago e xeral, observando unha notoria falta de traballo de campo, ademais de tendencioso e teórico, polo que considera que debería rexeitarse, polo menos, baixo un simple criterio de calidade técnica, pois se obvian numerosos elementos destacables do medio natural e do patrimonio cultural, os que cita a alegación (castelo de Pambre, balneario de Frádegas...).

Engade que nos EIA sometidos a información pública existen vulneracións formais e de procedemento con respecto á seguinte normativa:

Decreto 442/1990, de avaliación de impacto ambiental en Galicia. Artigo 3.c.6.

Lei 8/1995, do patrimonio cultural de Galicia.

Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia. Artigo 22.

R.D. 849/1986, Regulamento da Lei de augas. Artigo 106.

35. Alegación ós saltos de Pambre e Frádegas. Presentada por Ruth Martínez López de Castro e 45 veciños máis.

Rexeita os estudios de impacto ambiental sometidos a información pública pola súa vaguidade, falta de axuste á realidade e rigor científico en xeral.

Igualmente rexeita o conxunto dos saltos proxectados pois considera que a súa execución significaría a morte da bacía Ulla-Pambre.

Apoia as afirmacións anteriores nunha serie de comentarios ó respecto dos erros, defectos e análise paralela ó respecto dos impactos avaliados nos documentos sometidos a información pública, que se desenvolven ó longo das 13 páxinas de que consta a alegación.

36. Alegación ó salto do Pambre. Presentada por José Antonio Méndez Fernández e 25 veciños máis.

Alegación similar á do tipo 31, na que se rexeita o citado aproveitamento con base en que a concesión xa está caducada e ás seguintes consideracións:

Engade que o proxecto non pode considerarse como de utilidade pública, que o estudio de impacto ambiental está inzado de erros e é tan vago e impreciso que pode valer para calquera conca hidrográfica galega.

Tamén considera que esquecen cita-lo castelo de Pambre e a ponte medieval do camiño real, o cal indica que resultaría anegado.

Tampouco está de acordo cos caudais ecolóxicos propostos, que se corresponden co 10% do caudal circulante total, engadindo que o EIA non considera as implicacións que sobre a economía da zona terá o aproveitamento.

37. Alegación ó salto de Pambre. Presentada por Josefina Soriano Devesa e outros veciños de Vilariño (Palas de Rei).

Indican que son propietarios de predios rústicos e dun muíño que resultarían afectados polo salto e que, ademais, non constan na lista de bens afectados, polo que, en caso de que se execute o salto, esixen que se lles expropie.

Ademais de rexeita-lo aproveitamento polas anteriores razóns, expoñen tamén razóns de índole xeral e relativas á afección ó patrimonio (castelo de Pambre, ponte medieval e varios muíños) e á afección sobre o río e ecosistemas asociados.

Conclúen sinalando que o único interese do proxecto é o económico dunha entidade privada e que este non responde, en ningún caso, a intereses sociais.

38. Alegación ó salto de Pambre. Presentada por Jesús Vázquez Villasante e 17 veciños máis da parroquia de Pambre (Palas de Rei).

Rexeitan o aproveitamento por afectar a varios predios da súa propiedade, os cales, ademais, están catalogados como de regadío e contan cunha concesión de aproveitamento de augas para iso cun caudal concedido de 4,30 l/seg, o que indican que non parece compatible co aproveitamento hidroeléctrico proxectado.

Engaden que o encoro resultante lles anegará parcialmente os predios antes citados, o que lles causaría notables prexuízos económicos, pois son a súa única fonte de ingresos.

Ademais de rexeitaren o aproveitamento polas anteriores razóns, expoñen tamén razóns de índole xeral e relativas á afección ó patrimonio (castelo de Pambre, ponte medieval e varios muíños) e á afección sobre o río e ecosistemas asociados.

Conclúen sinalando que o único interese do proxecto é o económico dunha entidade privada e que este non responde, en ningún caso, ó interese social.

39. Alegación ó salto de Pambre. Presentada por Elvira Cea López, veciña de Remonde (Palas de Rei).

Indica que é propietaria dun predio afectado polo proxecto, que, ademais, aparece mal referenciado na lista de bens afectados.

40. Alegación ó salto de Pambre. Presentada por Manuel Taboada Fernández. Veciño de Pambre.

Indica ser titular de aproveitamento hidráulico para o regadío de prados de 2 ha de superficie que resultarían anegados polo encoro.

Ademais, o aproveitamento proxectado resulta ser incompatible co aproveitamento que ten concedido entre as cotas 390 m e 375 m no río Pambre.

Engade que na tramitación seguida se vulnerou a Lei de augas e que existe, ademais, un precedente no expediente de clave DH.A.27.1034 (5/244/33), que concluíu denegando unha solicitude co obxecto de destinar un caudal de 2.500 l/seg do río Pambre para a producción de enerxía eléctrica no termo municipal de Palas de Rei nas cotas 405 m-335 m.

Termina indicando que a concesión obxecto dos proxectos está caducada, polo que, en resumo, solicita que se rexeite o proxecto do salto de referencia.

41. Alegación ó salto do Pambre. Presentada por Manuel Taboada Fernández. Veciño de Pambre.

Indica ser titular de aproveitamento hidráulico para o regadío de prados de 12 ha de superficie que resultarían anegados polo encoro.

Ademais, o aproveitamento proxectado resulta ser incompatible co aproveitamento que ten concedido entre as cotas 390 m e 375 m no río Pambre.

Engade que na tramitación seguida se vulnerou a Lei de augas e que existe, ademais, un precedente no expediente de clave DH.A.27.1034 (5/244/33), que concluíu denegando unha solicitude co obxecto de destinar un caudal de 2.500 l/seg do río Pambre para a producción de enerxía eléctrica no termo municipal de Palas de Rei nas cotas 405 m-335 m.

Termina indicando que a concesión obxecto dos proxectos está caducada, polo que, en resumo, solicita que se rexeite o proxecto do salto de referencia.

42. Alegación ó salto do Pambre. Presentada por Manuel Taboada Fernández. Veciño de Pambre.

Indica ser titular dun muíño de auga, denominado A Toca, para o que ten concedido o aproveitamento hidráulico.

Ademais, o aproveitamento proxectado resulta ser incompatible co aproveitamento que ten concedido entre as cotas 390 m e 375 m no río Pambre.

Engade que na tramitación seguida se vulnerou a Lei de augas e que existe, ademais, un precedente no expediente de clave DH.A.27.1034 (5/244/33), que concluíu denegando unha solicitude co obxecto de destinar un caudal de 2.500 l/seg do río Pambre para a producción de enerxía eléctrica no termo municipal de Palas de Rei nas cotas 405 m-335 m.

Termina indicando que a concesión obxecto dos proxectos está caducada, polo que, en resumo, solicita que se rexeite o proxecto do salto de referencia.

43. Alegación ó salto de Pambre. Presentada por Manuel Taboada Fernández. Veciño de Pambre.

Indica ser titular dun aproveitamento hidroeléctrico outorgado con data do 9/1/1956 (exp. 5/244/35) que ocupa o tramo do río Pambre comprendido entre as cotas 390 m e 365 m, o cal resulta totalmente incompatible co salto proxectado por Unión Fenosa.

Engade que a tramitación realizada vulnera os seus dereitos reflectidos a través da concesión antes referida.

Engade que na tramitación seguida se vulnerou a Lei de augas e que existe, ademais, un precedente no expediente de clave DH.A.27.1034 (5/244/33), que concluíu denegando unha solicitude co obxecto de destinar un caudal de 2.500 l/seg do río Pambre para a producción de enerxía eléctrica no termo municipal de Palas de Rei nas cotas 405 m-335 m.

Termina indicando que a concesión obxecto dos proxectos está caducada, polo que, en resumo, solicita que se rexeite o proxecto do salto de referencia.

44. Alegación ó salto de Pambre e ó de Frádegas. Presentada pola Asociación Cultural Treina e 600 veciños máis.

Rexeita o salto de Pambre debido ás carencias e defectos do estudio de impacto ambiental sometido a información pública, no que non constan referencias a bens do patrimonio afectados polo salto como o castelo de Pambre (catalogado como BIC), o castro de Ramonde, a aldea de Pambre, o muíño de Enrique, a fábrica de luz de Coello (patrimonio arqueolóxico e industrial), a ponte medieval do camiño real (catalogado como BIC), o camiño real (catalogado como BIC) e outros elementos do patrimonio etnográfico que se citan na alegación.

Con respecto ó salto de Frádegas, rexéitano igualmente con base nas carencias detectadas no estudio de impacto ambiental, que utiliza para a descrición xeográfica do territorio unha información que data do ano 1960 e, polo tanto, absolutamente desfasada e, tamén, con base nas carencias ó respecto dos bens patrimoniais afectados na provincia de Lugo, que non constan no estudio de impacto ambiental, pois este sinala que se consultou o inventario das provincias de Pontevedra e A Coruña, non así o de Lugo, de aí a falta de datos a ese respecto.

45. Alegación ó salto de Pambre e ó de Frádegas. Presentado por Adega.

Rexeitan ámbolos saltos debido a que a concesión aducida por Unión Fenosa para proceder ós aproveitamentos está caducada.

Tamén consideran como incorrecta a declaración de interese público do proxecto.

Consideran que os aproveitamentos proxectados non se axustan ó estipulado no proxecto de directrices do Plan Hidrolóxico de Galicia Costa.

A seguir, reflicten as numerosas incongruencias, erros, omisións, falta de axuste á realidade territorial e vaguidade en xeral que mostran os estudios de impacto ambiental sometidos a información pública,

o cal desenvolven ó longo dunha análise que ocupa unhas 8 páxinas.

46. Alegación ó salto de Frádegas. Presentada por Xulio Pérez Vázquez.

Rexeita o salto con base no elevado que considera o caudal detraído para o aproveitamento hidroeléctrico, ó tempo que se considera excesivamente baixo o caudal ecolóxico proposto.

Engádense outras consideracións relativas ás inconsistencias do estudio de impacto ambiental, como por exemplo, a afirmación de que «... o proxecto non presenta intrusión visual significativa...» cando non se achega estudio de bacías visuais que sosteña tal afirmación.

47. Alegacións ó conxunto dos aproveitamentos proxectados. Presentada por Xulio Pérez Vázquez.

É similar á anterior, aínda que se refire ó conxunto dos aproveitamentos.

48. Alegación ó procedemento. Presentada pola Asociación de Productores e Distribuidores de Energía de Galicia.

Rexeitan o procedemento seguido na tramitación do aproveitamento por vulnera-la normativa vixente e basearse nunha concesión caducada, polo que solicitan que:

Se someta a competencia de proxectos a concesión integral da bacía do río Ulla, de acordo co establecido nos artigos 150.1º e 151.3º do Regulamento de dominio público hidráulico.

Dado que existen excesivas solicitudes de aproveitamentos hidroeléctricos nas bacías de Galicia Costa, procédase a dar por caducada a concesión integral da bacía do Ulla por incumprimento dos prazos nela previstos, tal e como se recolle no artigo 64 da Lei de augas e no artigo 161 e seguintes do Regulamento de dominio público hidráulico.

49. Alegación ó procedemento. Presentada por Hidroeléctrica Puente Vilariño, S.L.

Indica que a concesión aducida por Unión Fenosa para o desenvolvemento do proxecto resulta estar caducada.

Engade que son titulares dun aproveitamento hidroeléctrico a través dunha minicentral no río Arnego desde o 28-2-1968, para a cal tramitaron unha solicitude de ampliación con data do 7 de xullo de 1992, da cal non se obtivo resposta, o que lle foi notificado a Augas de Galicia para que resolvese o dito trámite no ano de 1996, aínda que segue sen obterse resposta a ese respecto ata a data.

Polo tanto, consideran incompatible o proxecto de Fenosa para os saltos de Lamas co seu aproveitamento hidroeléctrico, que indican que está en explotación desde 1944 e pendente de ampliación desde 1992.

Desenvólvese unha extensa análise legal e da xurisprudencia que xustifica a afirmación anterior ó respecto da caducidade da concesión.

50. Alegación ó procedemento. Presentada por Minicentrales Asturianas, S.A. e por Promoción y Desarrollo Hidráulico, S.A.

Indican que nos cambios de titularidade producidos na concesión inicial, en especial no último, que data de 1994, se vulnerou a normativa vixente en materia de augas.

Engaden que se vulnerou, ademais, o trámite de competencia establecido no artigo 151.5º do R.D. 849/1986, polo que se establece o Regulamento do dominio público hidráulico.

Continúan sinalando a existencia dunha serie de dereitos preexistentes no ámbito afectado polo proxecto e que non se tiveron en conta:

Aproveitamento hidroeléctrico no río Arnego, central da Lagoa. Concellos de Rodeiro e Lalín (Pontevedra).

Aproveitamento hidroeléctrico no río Deza, central de Vilanova. Concellos de Silleda e Vila de Cruces (Pontevedra).

Aproveitamento hidroeléctrico no río Deza, central de Sulago. Concellos de Silleda e Vila de Cruces (Pontevedra).

Aproveitamento hidroeléctrico no río Arnego, central de Balsiña. Concellos de Vila de Cruces e Agolada (Pontevedra).

Aproveitamento hidroeléctrico no río Deza, central de San Paio. Concellos de Silleda e Vila de Cruces (Pontevedra).

Sinalan que o conxunto dos procedementos citados se encontran en tramitación e o seu obxecto é a resolución sobre peticións concesionais que, de seren outorgadas, resultan incompatibles coa pretensión de Unión Eléctrica Fenosa de modifica-los termos da súa concesión inicial no río Ulla, o cal consta de maneira expresa no artigo 212 do R.D. 849/1986, onde se establece que se suspenderá provisionalmente a tramitación de toda nova petición cando se comprobe que a concesión da que se solicita o outorgamento resulta incompatible con outra que estea en tramitación.

Solicitan, en consecuencia, que se inicie o expediente de caducidade da concesión de Unión Fenosa para o aproveitamento integral do Ulla, que se proceda a anula-lo procedemento iniciado por ser preceptivo o trámite de competencias e que se paralice este ou calquera outro expediente co mesmo obxecto, por existiren en trámite peticións concesionais incompatibles coas que agora pretende obter Unión Fenosa.

51. Alegación ó procedemento. Presentada por Fomento Hispania, S.A.

Indican que o procedemento seguido vulnerou numerosos preceptos legais, polo que se xuntan os seguintes escritos:

Escrito no que se pide a caducidade da concesión outorgada a Hidroeléctrica de Moncabril, S.A. en

1962 e transferida en diversas ocasións ata chegar a ser titularidade de Unión Fenosa en 1994, así como solicita-la iniciación do trámite correspondente.

Escrito no que se pide a declaración de nulidade do trámite de modificación da concesión, por fraude de lei, ó tratarse dunha nova concesión e non dunha auténtica modificación. Tamén se solicita a declaración de nulidade do procedemento por non sometelo trámite da competencia de proxectos e padecer de importantísimos defectos formais.

Escrito no que se formulan alegacións respecto ós bens e dereitos propiedade de Fomento Hispania, S.A. que puidesen resultar afectados pola solicitude de modificación pretendida por Unión Fenosa, S.A., así como se sostén a prevalencia de determinados procedementos tramitados tamén por Augas de Galicia e nos que Fomento Hispania, S.A. forma parte.

Polo tanto, ínstase a Augas de Galicia a que decrete a paralización e suspensión do procedemento solicitado por Unión Eléctrica Fenosa con base no cumprimento dos dous supostos recollidos no artigo 111.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común:

Que a continuación deste expediente pode causar prexuízos de imposible ou difícil reparación,

Que o argumentado por Fomento Hispania, S.A. nos seus tres escritos anexos á alegación se fundamenta en causas de nulidade de pleno dereito, segundo consta no artigo 62.1º da LRXPAC.

52. Alegación ó conxunto do proxecto. Presentada por Josefina Ares Estévez e 300 veciños máis.

Rexéitase o proxecto debido ós numerosos erros, inconsistencias, vaguidades, omisións.., etc, que se reflicten nos estudios de impacto ambiental presentados por Unión Fenosa.

53. Alegación ó conxunto do proxecto. Presentada por Juan Rey Calvo e 300 veciños máis.

Rexéitase o conxunto do proxecto con base nos notorios impactos ambientais que da súa posta en funcionamento derivarían.

54. Alegación ó conxunto do proxecto. Presentada por José Cao Casal e 200 veciños máis.

Rexéitase o conxunto do proxecto debido ós notorios impactos ambientais que da súa posta en funcionamento derivarían.

55. Alegación ó conxunto do proxecto. Presentada por Jesús Santiso Gallego e outros.

Rexéitase o conxunto do proxecto debido ós impactos ambientais que da súa posta en funcionamento derivarían.

56. Alegación ó conxunto do proxecto. Presentada por Rocío Otero Mero e outros.

Rexéitase o conxunto do proxecto debido ós impactos ambientais que da súa posta en funcionamento derivarían.

57. Alegación ó conxunto do proxecto. Presentada polo Grupo Erva.

Rexeitan o proxecto pola súa incompatibilidade coa conservación do patrimonio natural, o que está en contradicción co estipulado no Decreto 16/1987, do 14 de xaneiro, onde se indica que debe prevalece-lo criterio ambiental fronte ó económico na xestión dos recursos hídricos.

Indican, así mesmo, que a execución do proxecto só beneficiaría a Unión Fenosa.

Engaden que existen numerosas deficiencias no estudio de impacto ambiental, onde non consta a presencia na zona de especies de elevado interese biolóxico e en perigo como Margaritifera margaritifera, Falco peregrinus, Milvus milvus e outras como o moucho de orellas e o miñato abelleiro.

Tamén sinalan a existencia de deficiencias no nivel dos estudios de vexetación (non constan as Sobreiras do Arnego) e, entre outras cuestións, da propia valoración de impactos que indican que, curiosamente, resulta ser idéntica para o caso dos 13 estudios de impacto ambiental sometidos a información pública no marco do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico integral do río Ulla.

58. Alegación ó conxunto do proxecto. Presentada polo Concello de Lalín, recollendo unha moción dos grupos do PP, PSOE e BNG.

Rexeitan o conxunto do proxecto debido ós impactos que da súa posta en práctica derivarían sobre o medio natural, socioeconómico e cultural. Xustifican isto, igual que a totalidade das anteriores alegacións, nos erros, omisións, vaguidades..., etc. dos estudios de impacto ambiental sometidos a información pública.

59. Alegación ó conxunto do proxecto. Presentada pola Asociación Galega de Pesca Fluvial.

Rexeitan o proxecto polos graves impactos que xeraría sobre as especies piscícolas, ó afectar a 32 km de bacía do Ulla, que tería graves repercusións sobre as poboacións de salmón e troita.

Engaden, igual cá maioría dos anteriores alegantes, que os estudios de impacto ambiental non responden ó estipulado na normativa vixente ó respecto, pois son excesivamente xerais, vagos, están cheos de erros, omisións.., etc., o que se desenvolven a través dun escrito onde se analizan os citados EIA.

60. Alegación ó conxunto do proxecto. Presentada por Enerxía, S.L.

Rexeitan o procedemento seguido na tramitación do aproveitamento por vulnera-la normativa vixente e basearse nunha concesión caducada, polo que solicitan que:

Se someta a competencia de proxectos a concesión integral da bacía do río Ulla de acordo co establecido

nos artigos 150.1º e 151.3º do Regulamento de dominio público hidráulico.

Dado que existen excesivas solicitudes de aproveitamentos hidroeléctricos nas bacías de Galicia Costa, procédase a dar por caducada a concesión integral da bacía do Ulla por incumprimento dos prazos nela previstos, tal e como se recolle no artigo 64 da Lei de augas e no artigo 161 e seguintes do Regulamento de dominio público hidráulico.

61. Alegación ó conxunto do proxecto. Presentada pola Federación Ecoloxista Galega.

Rexeitan o proxecto pola súa incompatibilidade coa conservación do patrimonio natural, o que está en contradicción co estipulado no Decreto 16/1987, do 14 de xaneiro, onde se indica que debe prevalece-lo criterio ambiental fronte ó económico na xestión dos recursos hídricos.

Indican, así mesmo, que a execución do proxecto só beneficiaría a Unión Fenosa.

Engaden que existen numerosas deficiencias no estudio de impacto ambiental, onde non consta a presencia na zona de especies de elevado interese biolóxico e en perigo como Margaritifera margaritifera, Falco peregrinus, Milvus milvus e outras como o moucho de orellas e o miñato abelleiro.

Tamén sinalan a existencia de deficiencias ó nivel dos estudios de vexetación (non constan as Sobreiras do Arnego) e, entre outras cuestións, da propia valoración de impactos que indican que, curiosamente, resulta ser idéntica para o caso dos 13 estudios de impacto ambiental sometidos a información pública no marco do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico integral do río Ulla.

62. Alegación ó conxunto do proxecto. Presentada polo Grupo Parlamentario do PSOE.

Rexeitan o proxecto con base na vulneración da normativa legal no procedemento seguido, pois trátase dunha concesión caducada e vulnerouse o principio de competencia de proxectos establecido na normativa vixente en materia de augas.

Manifestan o seu desacordo coa declaración de utilidade pública dos aproveitamentos proxectados por Unión Fenosa, que, ademais, consideran contrario ó establecido no Plan Hidrolóxico das Bacías de Galicia Costa.

Ó respecto dos estudios de impacto ambiental e proxectos, inciden no xa relatado na práctica totalidade das alegacións, é dicir, que os estudios de impacto ambiental non responden ó estipulado na normativa vixente ó respecto, pois son excesivamente xerais, vagos, están cheos de erros, omisións.., etc., o que se desenvolve a través dun escrito onde se analizan os citados EIA.

63. Alegación ó conxunto do proxecto. Presentada por Magda Meléndrez Fassbender e outros.

Rexeitan o conxunto do proxecto debido ós impactos que da súa posta en práctica derivarían sobre o medio natural, socioeconómico e cultural. Xustifican isto, igual cá totalidade das anteriores alegacións, nos erros, omisións, vaguidades..., etc. dos estudios de impacto ambiental sometidos a información pública.

64. Alegación ó conxunto do proxecto. Presentada polo BNG da comarca de Compostela.

Rexeitan o proxecto polos seus notorios impactos ambientais sobre a pesca fluvial, fauna acuática, calidade das augas, medio terrestre, paisaxe, socioeconomía, clima e demais factores do medio, que, ademais, consideran que os estudios de impacto ambiental tratan de forma moi sucinta e sen proporen adecuadas medidas de control e corrección de impactos, ademais de omitiren impactos como os derivados das liñas de transporte da electricidade, influencia sobre o sistema erosión-sedimentación de leitos, etc.

Igualmente, alegan ó proxecto técnico e rexéitano no que respecta ós saltos situados augas abaixo de Portodemouros, onde sinalan que non se xustifica a capacidade reguladora dos saltos proxectados, ademais de indicar, igual que consta en alegacións anteriores, a existencia de información contradictoria ó respecto da altura das presas, pois na documentación sometida a información pública, se citan alturas para elas que van desde os 9,00 m ós 21,40 m, sen que resulte claro cal é a cifra real.

Por ultimo, rexeitan tamén a declaración de utilidade pública do proxecto, baseándose nas contradiccións existentes entre a dita declaración e as necesidades enerxéticas de Galicia, declaración de desenvolvemento sostible (Decisión 2179/98/CEE), escaso aforro de carbón, ademais de ir en contra o proxecto do estipulado na Lei 1/1995, de protección ambiental para Galicia.

Ademais das anteriores, constan un total de 20 alegacións de carácter particular, nas que diversos afectados por algún dos aproveitamentos proxectados se consideran prexudicados pois lles afectan a predios ou outros aproveitamentos ou usos do solo e, ademais, non constan na lista de propietarios de bens e servicios afectados, polo que solicitan a súa inclusión:

Ofrécese a seguir a lista de alegantes e os aproveitamentos que lles afectan:

1. Francisco Javier Boado Rial: salto nº 3.

2. María Jesús Boado Rial: salto nº 3.

3. María Esther Boado Rial: non consta.

4. José Ramón Boado Rial: salto nº 3.

5. Benigno Montero Méndez: salto nº 3.

6. Ramona García García e 2 veciñas máis: salto de Frádegas.

7. Francisco Roibas Penas e irmáns: indica que deben ser incluídos na lista de afectados, aínda que non indican cal dos saltos os afecta.

8. Herdeiros de Rodrigo Boado López e Benigno Boado Pena: salto nº 3.

9. Jose Manuel Ouro Vázquez: salto de Pambre.

10. Herdeiros de Julio García Fernández: indican ser titulares dunha concesión para o aproveitamento hidroeléctrico de auga do Ulla que data de 1919, na que se inclúe un azude e unha canle de derivación de 1.500 m de lonxitude. Engaden que son propietarios dos terreos en que se inscriben esas instalacións e que non constan na lista de afectados, polo que solicitan a súa inclusión nela. Non consta cal é o salto que os afecta.

11. García, Ouro e Vázquez, Scdad. Regular Colectiva: indican ser titulares dunha concesión para o aproveitamento hidroeléctrico de auga do Ulla que data de 1919, na que se inclúe un azude e unha canle de derivación de 1.500 m de lonxitude. Engaden que son propietarios dos terreos en que se inscriben esas instalacións e que non constan na lista de afectados, polo que solicitan a súa inclusión nela. Non consta cál é o salto que os afecta.

12. Claudio Penas Souto e irmáns: saltos do Seixo e Belmil.

13. María Elide Quintela e irmá: saltos do Seixo e Belmil.

14. José David Leiva Pereiro e María Josefa Balboa Curros: saltos do Seixo e Belmil.

15. Magdalena Cánovas Richard: saltos do Seixo e Belmil.

16. Andrés Guerreiro Sánchez: saltos do Seixo e Belmil.

17. Mercedes Guerreiro Sánchez: saltos do Seixo e Belmil.

18. José Leiva Rouco: saltos do Seixo e Belmil.

19. Elisardo Manuel Guerreiro Sánchez: saltos do Seixo e Belmil.

20. Amelia Guerreiro Sánchez: saltos do Seixo e Belmil.