Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 16 de maio de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución de recurso de ordinario, expediente sancionador 15-C-63/1998, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica), a resolución do recurso ordinario do expediente nº 15-C-63/1998 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición onde teña vostede o seu domicilio ou teña sede o órgano autor do acto orixinario, á súa elección, de acordo co disposto no artigo 8.2º.b) 4 en relación co 14.1 segunda da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren oportuno.

Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta nº 3110001136 de Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388), Santiago de Compostela, no seguinte prazo:

A) As débedas notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

B) As débedas notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-C-63/1998.

Denunciado: Xareta Moda Joven, S.L.

Domicilio: r/ Camiño Vello, nº 13, 15830 (Negreira).

Sanción e motivos: 25.000 pesetas (vintecinco mil pesetas), por infracción no marcado de prezos nas rebaixas.

Data da resolución: 16-7-1998.

A Coruña, 16 de maio de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo