Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2001 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso, con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración de vehículos para este instituto.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga).

Dependencia tramitadora: Secretaría do Ilgga.

Número de expediente: concurso 2/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de vehículos.

b) Nº de unidades: 3.

c) Lugar de entrega: nos servicios centrais do Ilgga, sitos na rúa dos Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela.

d) Prazo de entrega: 15 días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: por concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 7.998.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe

Definitiva: 319.920 ptas.

6. Obtención de información e documentación.

Entidade: Ilgga.

Domicilio: rúa dos Irmandiños, s/n.

Código postal e localidade: 15704, Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 62 60

Fax: 981 54 61 91

Data límite de obtención de documentos e información: o día en que remate o prazo para a presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas.

Data límite: o prazo de presentación finalizará ás 14 horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe na contratación.

Lugar de presentación: no rexistro do Ilgga, sito na rúa dos Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela (CP 15704). Tamén poden achegarse as proposicións por correo, de xeito previsto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Modelo de presentación: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo obrigatorio para mante-la oferta: 3 meses.

Variantes: non se admiten.

8. Apertura das ofertas.

Entidade: Ilgga. O acto público terá lugar na sala de xuntas do dito organismo.

Domicilio: rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela.

Data: o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, sempre que non sexa sábado ou festivo, caso no que será o seguinte día hábil.

Hora: ás 13 horas.

9. Documentación de interese para os solicitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse no rexistro do Ilgga (rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela).

10. Gastos do anuncio.

Os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2001.

Secundino Grobas Mosquera

Director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia