Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

EDICTO.

Por resolución da Alcaldía, do 4 de xuño de 2001, aprobouse inicialmente o proxecto de apertura e urbanización da rúa do colexio Nuestra Señora de la Inmaculada en Marín, que se somete a información pública durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, período no que se poderán presentar alegacións e suxestións no Concello de Marín.

O expediente pode ser consultado nas oficinas da Secretaría do Concello de Marín, de luns a venres, das 8 ás 15 horas e o sábado das 9 ás 13 horas.

Marín, 5 de xuño de 2001.

Fco. Antonio Santiago Fernández

Alcalde-presidente