Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 5 de xuño de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da subministración de maquinaria agrícola para centros de capacitación agraria.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 117, do luns 18 de xuño de 2001, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 8.144 onde di: «8. Presentación das ofertas. a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do día 27 de xuño de 2001», debe dicir: «8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do día 3 de xullo de 2001», e na mesma páxina, onde di: «10. Apertura das ofertas. d) Data: 3 de xullo de 2001», debe dicir: «10. Apertura das ofertas. d) Data: 10 de xullo de 2001».