De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle o acordo do delegado provincial desta consellería en Pontevedra, polo que se ordena a incoación do expediente de restitución e reposición da legalidade á persoa que no anexo I se cita, na súa condición de promotora, polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción da Lei 22/1988, de costas (no sucesivo L.C.), e do seu regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da L.C., aprobado polo Real decreto 1471/1989, e modificado polos reais decretos 1112/1992 e 1771/1994 (en adiante R.C.); nomeándose ó persoal do Servicio de Conservación do Litoral desta delegación provincial como instructor a Alfonso Fernández Fernández e secretario a Francisco Javier Fernández Rosendo, (Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio
Ambiente, modificado polo Decreto 122/1999, do 23 de abril), e adóptanse as medidas provisionais especificadas.
Os nomeamentos do instructor e do secretario poderán ser impugnados polas causas establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.
De conformidade co establecido no artigo 42.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, cómpre informalo de que o prazo máximo establecido para a tramitación e resolución deste expediente é de 3 meses. Transcorrido o referido prazo sen recaer resolución no expediente producirase a caducidade sen que esta implique por si soa a prescrición das accións do particular ou da Administración, pero os procedementos caducados non interromperán o prazo de prescrición (artigos 44.2º e 92.3º da lei citada anteriormente).
Así mesmo, cómpre indicarlle que este prazo de tres meses quedará suspendido:
-Cando deba requirirse ó interesado enmenda de deficencias, achega de documentos e outros elementos de xuízo necesarios, polo tempo que medie entre as notificacións e o seu efectivo cumprimento polo interesado ou, no seu defecto, polo transcurso do prazo concedido.
-Cando deban solicitarse informes, desde a súa petición, que deberá notificárselle ó interesado, ata a súa recepción, non excedendo en ningún caso de tres meses.
-Cando deban realizarse probas técnicas ou análises contradictorias, polo tempo necesario para a incorporación dos resultados ó expediente.
En virtude do anterior acordo, o instructor do expediente formulou prego de cargos, do que se citan no anexo II, os preceptos infrinxidos e os aplicables, dispoñendo o expedientado dun prazo de dez (10) días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para formular alegacións e propoñer, se é o caso, a práctica daquelas probas que considere pertinentes para a determinación dos feitos, tal como dispón o artigo 194.8º do R.C.
Pontevedra, 25 de maio de 2001.
José Luis Díez Yáñez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO I
Expediente número: 5.8/1991.
Denunciado/a: M. Cruz Nogueira Soto.
Condición: promotora.
Último enderezo coñecido: r/ Rosalía de Castro, edif. Playamar, nº 28-5º F, Vilagarcía de Arousa.
Data do acordo: 4-4-2001.
Feitos: reparación de cuberta con aumento de volume.
Lugar: con retellado.
Concello de Vilagarcía de Arousa.
ANEXO II
Preceptos infrinxidos: artigos 25.2º e 26.1º da L.C. e artigos 46.1º e 48.1º do R.C. e DD.TT. cuarta 2 c) da L.C. e décimoterceira 1 c) do R.C.
Preceptos aplicables: artigos 90 c), 91.2º e), 92 e 95.1º da L.C. e artigos 174 c), 175.2º e), 176.1º e 179.1º do R.C.

