Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.561

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

ANUNCIO.

De conformidade con canto se establece no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, eno artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, por medio deste anuncio faise público que o Pleno do Concello, na súa sesión do 30 de maio de 2001, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento municipal, acordo que na súa parte dispositiva resulta do teor literal seguinte:

Non suscitándose o debate, o Pleno, por unanimidade dos membros presentes e en votación ordinaria, acorda:

Primeiro.

Aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento municipal co seguinte contido:

Modificación número 1.-Recualificación como zona verde de 20 m de solo urbano, actualmente afectados pola ordenanza de edificación cerrada intensiva.

Modificación número 5.-Varía a localización do solo non urbanizable de protección de patrimonio vinculado ó xacigo arqueolóxico das covas de Furco, co obxecto de garanti-la súa adecuada protección.

Modificación número 6.-Pretende vara-la localización do vertedoiro de lixo do concello.

Modificación número 9.-Modificación de varios artigos da normativa relativos á normativa xeral de usos e á regulación de usos, contida nalgunhas ordenanzas de solo urbano e solo de núcleo rural, agás no que respecta á nova regulación proposta no artigo 167 da normativa.

Segundo.

Que este acordo, na súa parte dispositiva, xunto co articulado das normas, se publique no BOP e en cumprimento de canto se establece no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, publicada, así mesmo, aquel no DOG de conformidade con canto restablece o artigo 48.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Terceiro.

Enviar á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a documentación a que fai referencia o artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia.

Entrada en vigor: a modificación aprobada entrará en vigor unha vez publicada no BOP de Lugo e de que transcorra o prazo a que se refire o artigo 48.3º da Lei do solo de Galicia.

Recursos: contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Becerreá, 15 de xuño de 2001.

Antonio Fernández Pombo

Alcalde