Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.585

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 14 xuño 2001 pola que se fai a segunda convocatoria de axudas á paralización definitiva de buques pesqueiros para o exercicio de 2001.

A Orde do 28 de novembro de 2000 pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas á paralización definitiva de buques pesqueiros prevé que as convocatorias anuais, que poderán ser varias, se rexerán polas bases e condicións establecidas na dita orde.

Para tal obxecto, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Convocatoria de axudas.

Convócanse, por segunda vez neste exercicio, axudas á paralización definitiva de buques pesqueiros, que se rexerán polas bases e condicións e de acordo co procedemento establecido na Orde do 28 de novembro de 2000 (DOG do 20 de decembro); o prazo de presentación de solicitudes, de acordo co seu artigo 14, será o de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria.

Nesta convocatoria seguirá vixente a disposición transitoria da Orde do 28 de novembro de 2000.

Artigo 2º.-Crédito orzamentario.

As subvencións concédense con cargo a crédito incorporado ó exercicio vixente.

Con cargo á aplicación 12.03.614B.771.0 do orzamento do ano 2001 e cun importe máximo de 1.615.360.000 pesetas.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2001.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura