Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.596

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (84/2001).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 84/2001, seguidos por instancia de Ramón Rodobaldo Pijuán Averhoff contra Instalacións Galiza S.L. e Fogasa, sobre despedi

mento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia con data do 7-5-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda interposta por Ramón Rodoblado Pijuán Averhoff, contra a empresa Instalacións Galiza, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento, condenando a dita demandada a que, no prazo de cinco días, opte pola readmisión do actor no seu posto de traballo ou o indemnice na suma de 105.811 pesetas máis os salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a desta resolución, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da reponsabilidade subsidiaria que puidese corresponderlle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta resolución, e no propio termo; se o recorrente fose patrón deberá amosar xustificante do pagamento acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65; sen estes requisitos non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para lle sirva de notificación a Instalacións Galiza, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en Curros Enríquez, 29, 15002, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 7 de maio de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado