Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 28 de xuño de 2001 Páx. 8.711

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 11 de xuño de 2001 pola que se dispón o cesamento de vocal en representación da Xunta de Galicia no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e 26 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, disponse que a separación dos vocais do Consello de Administración será acordada polo órgano competente da Comunidade Autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades ós que aqueles representen, polo que, visto o escrito de dimisión de José Quintás Milán como representante da Xunta de Galicia no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, e en canto órgano competente,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, José Quintás Milán como vocal do Consello de Administración da Auto

ridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, en representación da Xunta de Galicia, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2001.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda