Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.855

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 152/2001, do 29 de xuño, polo que se lle concede a Medalla de Ouro de Galicia a Gustavo Noboa Bejarano, presidente constitucional da República do Ecuador.

En atención ós méritos que concorren en Gustavo Noboa Bejarano, presidente constitucional da Repú

blica do Ecuador e ó abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 171991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Ouro de Galicia, modificado polo Decreto 166/1995, do 16 de xuño, é vontade do Goberno galego outorgarlle a súa máis alta distinción.

Polo tanto e logo de acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de xuño de dous mil un,

DISPOÑO:

Concederlle a Medalla de Ouro de Galicia a Gustavo Noboa Bejarano, presidente constitucional da República do Ecuador.

Santiago de Compostela, vintenove de xuño de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública