No BOP da Coruña nº 106, do 10 de maio de 2001, publicáronse integramente as bases da convocatoria do concurso de méritos para a provisión dunha praza de TMAE de control de xestión, vacante no cadro de persoal do Concello de Oleiros, de Administración especial, subescala técnica, grupo B, e
no BOP da Coruña nº 112, do 18 de maio de 2001, publicouse corrección de erros da devandita convocatoria.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio da convocatoria no BOE, deixando constancia de que os sucesivos anuncios relativos a convocatoria se publicarán no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.
Oleiros, 30 de maio de 2001.
María José Varela Neira
Concelleira delegada de Persoal, Gobernación,
Consumo e Sanidade

