A Orde do 23 de marzo de 2001 (DOG do 5 de abril), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e de bolsas correspondentes ó programa de apoio a innovación do Plan galego de IDT, prevé no anexo III a concesión de bolsas para a incorporación de titulados superiores a centros tecnolóxicos de Galicia (nova adxudicación e prórrogas).
As solicitudes admitidas para participar na dita convocatoria foron estudiadas polas correspondentes comisións designadas pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento. De acordo coas propostas elaboradas polas ditas comisións,
RESOLVO:
Primeiro.-Concederlle bolsa de nova adxudicación para a incorporación ó CIS-Deseño e tecnoloxía a Mª del Carmen Mosquera Losada, con DNI nº 36.126.893-B.
No caso de que a bolseira renunciase á bolsa, procederase á substitución tendo en conta a lista de suplentes elaborada pola comisión.
Suplente: José Mª Otero Mármol, con DNI nº 33.327.690-T.
Segundo.-Concedérlle-la prórroga por un novo período dun ano (xullo 2001-xuño 2002) para seguir colaborando no centro no que viña realizando a súa actividade ó solicitante que obtivo bolsa de nova adxudicación por resolución da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento do 31-5-2000 (DOG do 14 de xuño).
Bolseiro: Severino Abad Pequeño.
DNI: 34.982.424-E.
Centro: C. de Innovac Serv. Tecnolóxica Madeira.
Concedérlle-la prórroga para o novo período de seis meses (xullo 2001 a decembro 2001) ós bolseiros que obtiveron a primeira prórroga por resolución da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento do 31-5-2000 (DOG do 14 de xuño).
-Bolseira: Carmen Cotelo Queijo.
DNI: 32.831.033-M.
Centro: C.de Supercomputación de Galicia.
-Bolseira: Pilar Losada González.
DNI: 36.082.546-P.
Centro: C. Tecnolóxico Armando Priegue.
Terceiro.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2001.
P.D. (Orde 23-3-2001; DOG do 5 de abril)
Miguel Ángel Ríos Fernández
Secretario xeral de Investigación e
Desenvolvemento