Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 10 de xullo de 2001 Páx. 9.272

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2001 pola que se actualiza a relación de entidades de poboación polas que discorre o Camiño Francés de Santiago para efectos de acollerse ós beneficios da Orde do 19 de abril de 2001 pola que se regula a concesión de axudas para a rehabilitación de inmobles situados en conxuntos históricos galegos.

A Orde do 19 de abril de 2001 regula a concesión de axudas para a rehabilitación de inmobles situados en conxuntos históricos galegos.

A súa disposición adicional faculta o director xeral do IGVS para dictar cantas disposicións sexan necesarias en desenvolvemento da referida orde.

En uso da referida autorización,

DISPOÑO:

Artigo único.

A relación de entidades de poboación polas que discorre o Camiño Francés de Santiago que figura no anexo III da Orde do 19 de abril de 2001 pola que se regula a concesión de axudas para a rehabilitación de inmobles situados en conxuntos históricos galegos queda actualizada segundo a relación de entidades que figura no anexo da presente disposición.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2001.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivienda e Solo

ANEXO

Entidades de poboación polas que discorre o Camiño Francés de Santiago.

Concello de Pedrafita do Cebreiro.

O Cebreiro.

Liñares.

Alto de San Roque.

Hospital da Condesa.

Padornelo.

Alto do Poio.

Fonfría do Camiño.

Concello de Triacastela.

O Biduedo.

A Balsa.

Fillobal.

Pasantes.

Ramil.

Triacastela.

Vilar.

Lamas.

Vilavella.

Concello de Samos.

San Xil.

Fontearcuda.

Zoó.

Furela.

A Brea.

Montán.

San Cristovo do Real.

Lusío.

Renche.

O Coído.

S. Martiño do Real.

Samos.

Foxos-Ferreira.

Teiguín.

Empalme de Castroncán.

Aián.

Frollais.

Concello de Sarria.

Pintín.

Calvor.

Aguiada.

San Mamede do Camiño.

San Pedro do Camiño.

O Carballal.

Vigo de Sarria.

San Miguel.

Barbadelo.

Rente.

Mercado da Serra.

Leimán.

A Pena.

Peruscallo.

Cortiñas.

Lavandeira.

O Casal.

A Brea.

Morgade.

Concello de Paradela.

Ferreiros.

Cruceiro.

Mirallos.

A Pena.

O Couto.

As Rozas.

Moimentos.

Cotarelo.

Marcadoiro.

Moutras.

A Parrocha.

Vilachá.

Concello de Portomarín.

San Pedro.

Portomarín.

Leiriña.

Cortapezas.

Cerámica.

Campo de Mamas.

Toxibó.

Gonzar.

Castromaior.

O Hospital.

Vendas de Narón.

Concello de Monterroso.

A Previsa.

Lameiros.

Ligonde.

Airexe.

Concello de Palas de Rei.

Portos.

Vilar de Donas.

Lestedo.

Os Valos.

A Mamurria.

A Brea.

Abenostre.

As Lamelas.

O Rosario.

Casas Revoltas.

Palas de Rei.

Aldea de Riba.

Gaiola de Riba.

San Xiao do Camiño.

A Pallota.

Outeiro da Ponte.

A Ponte Campaña.

Casanova.

Porto de Bois.

Campanilla.

Concello de Melide.

O Coto.

Vilanova.

O Leboreiro.

Desecabo.

Furelos.

Santa María de Melide.

O Carballal.

Ponte de Penas.

O Raído.

Parabispo.

Concello de Arzúa.

Boente de Arriba.

Boente Igrexa.

A Fonte Prata.

A Fraga Alta.

O Pumariño.

O Pedrido.

O Río.

Castañeda.

Ribadiso de Abaixo.

Ribadiso de Arriba.

Arzúa.

O Francés.

As Barrosas.

Raido.

Pregontoño.

Cortobe.

A Peroxa.

Taberna Vella.

A Calzada.

Concello do Pino.

A Calle (S. Mamede).

A Calle (S. Breixo).

Lengüelle.

Boavista.

Salceda.

Cabo.

Ras.

A Brea.

Castro.

Castro (Empalme).

Sta. Irene.

A Rúa.

Burgo.

Pedrouzo.

Santo Antón.

Amenal.

Cimadevila.

Concello de Santiago de Compostela.

A Lavacolla.

San Marcos.

San Paio.

Mourentán.

Vilamaior.

Ponte de S. Lázaro.

S. Lázaro.

Santiago de Compostela: Rúa das Fontiñas, Rúa de Valiño e rúa dos Concheiros.