1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.
2. Obxecto do contrato.
a)Descrición do obxecto: asistencia técnica para a realización do traballo denominado proxecto de construcción dunha rede de metro lixeiro na cidade de Vigo.
b) Prazo de execución: catorce (14) meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe máximo autorizado: 150.000.000 de pesetas (IVE incluído), equivalentes a 901.518,16 euros.
5. Garantías.
Provisional: 3.000.000 de pesetas, equivalentes a 18.030,363 euros.
6. Obtención de documentación e información.
Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación e o prego de prescricións técnicas, poderán recollerse:
a) Entidade: nas delegacións provinciais da CPTOPV.
Na Dirección Xeral de Transportes.
b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2ª planta).
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.
d) Teléfono: 981 44 45 94.
e) Telefax: 981 54 43 51.
f) Tamén se poderá recolle-lo prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas na páxina da Internet www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=437.
g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non é necesaria.
b) Outros requisitos:
A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira, precisamente referido ó traballo obxecto de licitación.
A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos: 1º) Copias autenticadas das titulacións do persoal do equipo redactor do estudio, especificado no punto 8 (consultor, equipo, medios e oficina), do prego de prescricións técnicas. 2º) Declaración xurada do empresario na que consten os principais servicios ou traballos realizados nos tres últimos anos, que inclúan importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminarase ás catorce horas do día 24 de agosto do 2001, data na que se terá cumprido o prazo de 52 días desde que se remitiu este anuncio, para a súa publicación no DOCE.
b) Documentación que integrará as ofertas: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
Domicilio: r/ San Caetano s/n.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15071.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Dirección Xeral de Transportes.
b) Domicilio: r/ praza de Europa 5-A (2ª planta).
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: día 4 de setembro de 2001.
e) Hora: as doce horas.
10. Outras informacións: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 3 de xullo de 2001.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2001.
P.D. (Orde 13-12-1993, DOG do 21 de decembro)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda