Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo verbal de faltas nº 9/2001, por furto, nos que recaeu sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:
«Santiago de Compostela, 11 de maio de 2001.
José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:
Vistos os autos de xuízo verbal de faltas nº 9/2001, seguidos neste xulgado sobre furto, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, o denunciante Alberto González Guillén e os denunciados, Jesús Pombo Botana e Laura Liñares Castiñeiras.
Decido que debo absolver e absolvo libremente a Jesús Pombo Botana e Laura Liñares Castiñeiras da falta de furto pola que foron denunciados, declarando de oficio as custas procesuais.
Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.
Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que conste e lle sirva de notificación á denunciada Laura Liñares Castiñeiras, actualmente en paradoiro descoñecido, expido, selo esta cédula en Santiago de Compostela o cinco de xuño de dous mil un.
A secretaria xudicial
Rubricado