Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2001 pola que se somete a trámite de información pública a solicitude de autorización administrativa para a modificación das características da concesión dun aproveitamento de augas para a producción de enerxía eléctrica no río Furelos, así como do proxecto técnico e do documento de avaliación ambiental. (Expediente 5/244/7/4).

Claudio Fuciños Conde, en representación de Hidroeléctrica Lumymey, S.L. con domicilio na ronda da Coruña, 36; 15800 Melide; A Coruña; solicita, ante o organismo autónomo Augas de Galicia a autorización administrativa prevista nos artigos 62 da Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, e dos artigos 143 e seguintes concordantes co Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, para a modificación das características dun aproveitamento hidroeléctrico no río Furelos, no concello de Melide (A Coruña), outorgado a Antonio Mazaira Montero por orden ministerial do 26 de xuño de 1936, sendo actualmente titular Hidroeléctrica Lumymey, S.L. por resolución do presidente de Augas de Galicia, do 19 de abril de 2000.

Xunto coa solicitude achégase o proxecto que define as obras e instalacións, así como o documento de estudio de efectos ambientais correspondente, solicitando, así mesmo, a declaración de utilidade pública da modificación para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes necesarias de e sobre os dereitos que poidan resultar afectados.

Nos anexos que se inclúen ó final transcríbense os datos e circunstancias máis relevantes que definen a modificación da concesión: unha breve descrición das obras e instalacións proxectadas (anexo I); e a relación na que se recollen os propietarios, bens e dereitos afectados (anexo II).

No presente anuncio sométese ó trámite de información pública a solicitude de modificación do aproveitamento referido, a documentación técnica e ambiental e a relación de afectados, de conformidade

co artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, o artigo 2 do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, e o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e dereitos propostos polo peticionario sexan descoñecidos, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal, no seu momento, as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas poidan formular, por escrito en triplicado exemplar, cantas alegacións, observacións e reclamacións coiden pertinentes na defensa dos seus intereses.

Os escritos poderanse presentar no rexistro xeral de Augas de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles, dirixidos ó presidente de Augas de Galicia (Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9;San Caetano; 15781, Santiago de Compostela), expresando no escrito a clave do expediente sinalada no encabezamento, un domicilio para os efectos de notificación e a denominación do proxecto do salto hidroeléctrico ou documento ambiental ó que se refiran.

O presente anuncio será obxecto de inserción no Diario Oficial de Galicia, no BOP da Coruña, e de exposición no taboleiro de anuncios do concello de Melide.

O prazo entenderase aberto desde o día seguinte a producirse a última das publicacións ás que se refire o parágrafo anterior. Transcorrido o prazo de vinte (20) días hábiles desde que se faga esta publicación, non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.

Os que se consideren interesados terán para os efectos oportunos ó seu dispor, copia da petición e do exemplar do proxecto constructivo e relación de propiedades afectadas, para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina nas seguintes dependencias administrativas e concello:

* Augas de Galicia Demarcación Centro. Praza Camilo Díaz Valiño, s/n (Estación de Autobuses) Santiago de Compostela.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Rúa dos Feáns, 1-3; 15706, Santiago de Compostela.

* Concello de Melide. Praza do Convento, 7; 15800 Melide. A Coruña.

Do mesmo xeito, estará ó dispor dos interesados a documentación ambiental nos organismos e concello que a continuación se relacionan:

* Augas de Galicia. Demarcación Centro.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña. Praza Luís Seoane, s/n; 15008 A Coruña.

* Concello de Melide.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2001.

Agustín Hernández-Fernández de Rojas

Presidente del organismo autónomo Augas de Galicia

ANEXO I

DESCRICIÓN DAS OBRAS PROXECTADAS

Denominación: proxecto básico. Ampliación aproveitamento hidroeléctrico da minicentral de Portochao.

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal: 4,650 m/s.

Tramo ocupado: cotas 400,50-383,50 m.s.n.m.

Desnivel: 17 m.

Potencia total instalada: 608 kW.

Concello afectado: Melide (A Coruña).

Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

A modificación solicitada consiste na toma e derivación de augas do río Furelos á cota 400,50 por unha canle de formigón de 1.100 metros de lonxitude, con 2,70 de largo e 1,50 de alto, cun calado de 1,26 metros e cunha pendente do 0,65 por mil ata a cámara de carga, que é un depósito con formas abucinadas que alcanza desenvolvido unha lonxitude de 26 metros, 7 metros de largo e 4 metros de alto, vai provisto de reixa co seu correspondente limparreixas e válvula de desaugadoiro.

Desde este depósito a auga baixa por unha canalización de aceiro de 1.600 metros de diámetro que a conduce ata a central, onde é turbinada por dous grupos Francis de 2,325 m/s cada un axustados ós seus respectivos xeradores e devolta ó río Furelos á cota de 383,50 metros mediante unha canle de 4,50 metros de largo e 5 metros de lonxitude.

ANEXO II

RELACIÓN DE AFECTADOS

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública da modificación das características da concesión do aproveitamento de augas para a producción de enerxía eléctrica no río Furelos, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da expropiación forzosa os seguintes:

ParcelaPropietarioAfección

NomeEnderezo

1Irmáns Pampín FociñosFulicheiro s/n; Melide;

A Coruña

Canle

2Geogalaica, S.A.Lugar Furelos, s/n;

Melide; A Coruña

Canle

3Dolores Conde González Piñor, Melide, A CoruñaCanle

4Beatriz Casal VizcaínoPiñor, Melide, A CoruñaCanle

5Santiago Casal VizcaínoSan Roque, s/n; Melide,

A Coruña

Canle

6José Casal CasalSan Roque, s/n; Melide,

A Coruña

Canle

7José Casal CasalSan Roque, s/n;

Melide, A Coruña

Canle e cámara

de carga

8Manuel Casal VizcaínoFurelos, Melide A CoruñaCasa de máquinas