Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 12 de xullo de 2001 Páx. 9.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 3 de xullo de 2001, do recadador de zona de Vigo, polo que se relacionan procedementos de constrinximento, pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (Feijoo Fernández, José Luis e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, relaciónanse procedementos de constrinximento pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces e emprázanse os interesados, ou os seus representantes para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación de Vigo, r/ Areal, nº 62, local 3) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento de prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 3 de xullo de 2001.

Javier Sánchez García

Recadador de zona de Vigo

ANEXO

ClaveInteresadoNIFObxecto da débeda

99540071290Feijoo Fernández, José Luis34.587.520-MSanción expediente: 1997/407 Xustiza, Interior e Relacións Laborais

00540145562Otero Comesaña, Manuel35.978.231-KInt. expediente: 1997/1560, 93

00540149027Ruiz Blanco, Emilio35.927.046-BActa/Pat. expediente: 1997/14595, 91

00540149038Ruiz Blanco, Emilio35.927.046-BActa/Pat. expediente: 1997/14598, 91