Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 12 de xullo de 2001 Páx. 9.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/112-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Revisión Móvil, S.A.

Domicilio social: avda. Diagonal, 579, 08017 Barcelona.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. para telefonía móbil en Baronzás.

Situación: Vilardevós.

Características técnicas: liña aérea a 20 kV de 35 m derivada desde o apoio nº 73 da L.M.T. porpiedade de Unión Fenosa, S.A. Vilardevós-Riós, e remate no C.T. proxectado aérea con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V en Baronzás. Rede de baixa tensión para a estación de telefonía móbil.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 14 de decembro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense