Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 12 de xullo de 2001 Páx. 9.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de permiso de investigación Pedra País 01, nos concellos de Mondariz e Fornelos de Montes (provincia de Pontevedra), por parte de Pedra País, S.L.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que Pedra País, S.L., con domicilio no Outeiro 5, Salvaterra de Miño, presentou nesta delegación provincial, o día 26 de xaneiro de 2001, instancia-solicitude de permiso de investigación Pedra País 01, de 27 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, sección C, que se sitúa nos termos municipais de Mondariz e Fornelos de Montes, da provincia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o nº 2.938 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

18º 25' 40''42º 16' 20''

28º 26' 20''42º 16' 20''

38º 26' 20''42º 16' 40''

48º 26' 40''42º 16' 40''

58º 26' 40''42º 17' 00''

68º 27' 20''42º 17' 00''

78º 27' 20''42º 17' 20''

88º 28' 00''42º 17' 20''

98º 28' 00''42º 18' 00''

108º 25' 20''42º 18' 00''

118º 25' 20''42º 17' 00''

128º 25' 40''42º 17' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación, no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 1 de xuño de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra