Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 12 de xullo de 2001 Páx. 9.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/65-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Retevisión Móvil, S.A.

Domicilio social: c/ Forja, 81, polígono de Argales, 47008 Valladolid.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. telefonía móvil.

Situación: O Cabezo (Riós).

Características técnicas: liña aérea a 20 kV de 33 m de lonxitude, en conductor LA-56 con orixe na L.M.T. a Navallo (U.E. Fenosa, S.A.) e remata no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V para antena móbil no Cabezo-Vendas da Barreira. Rede de B.T.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 15 de xuño de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense