Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 13 de xullo de 2001 Páx. 9.538

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (246/2000).

Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira, certifico que nos autos que logo

se dirá, recaeu sentencia co seguinte encabezamento e decisión:

«Sentencia.-En Ribeira, catorce de febreiro de dous mil un. Vistos por min, Sonia Mª Cartamil Obelleiro, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira e o seu partido, estes autos de xuízo de faltas nº 246/2000 seguidos perante este xulgado, por presunta falta de lesións contra o axente da policía local da Pobra do Caramiñal Fidel Sampedro Martínez; sendo denunciante Santos Martínez Alonso; e intervindo no exercicio da acción pública o Ministerio Fiscal.

Decido que, en atención ó exposto, debo absolver e absolvo a Fidel Sampedro Martínez dos feitos que se lle viñan imputando, declarando, así mesmo, de oficio as custas do xuízo. Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña no termo de cinco días desde a súa notificación, conforme o artigo 976 e seguintes da Lei de axuizamento criminal, mediante escrito que se deberá presentar ante este xulgado, e no que redactado de acordo co disposto no artigo 795 da mesma lei se exporán as alegacións en que se basee a impugnación. Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Santos Martínez Alonso, expido e asino esta cédula.

Ribeira, 15 de xuño de 2001.

Rubricado