Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 13 de xullo de 2001 Páx. 9.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 24 de maio de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 30247).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171.

Denominación: ampliación de subestación eléctrica da Mourela.

Situación: As Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas: ampliación da subestación eléctrica da Mourela, cunha nova posición de liña de 132 kV, proveniente da plata de coxeración portvigo, constituída por:

-Pórtico de estructura metálica galvanizada.

-Un interruptor automático tripolar en SF6 para 2.500 A.

-Dous seccionadores xiratorios tripolares para barras de 2.000 A.

-Un seccionador xiratorio tripolar para 2.000 A, con coitelas de posta a terra.

-Tres transformadores de tensión e outros tres de intensidade.

-Tres pararraios autoválvulas para ata 10 kA. As Pontes de García Rodríguez.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 24 de maio de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña