Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 13 de xullo de 2001 Páx. 9.547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se resolve o recurso potestativo de reposición interposto por Enrique Fernández Barbeito en representación da comunidade veciñal da parroquia de Setados do concello das Neves contra Resolución do 29 de novembro de 2000.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 30 de maio de 2001, adoptou, no punto terceiro da orde do día o seguinte acordo:

Neste punto da orde do día dáse conta do recurso potestativo de reposición interposto por Enrique Fernández Barbeito na súa cualidade de presidente e, amais, en nome e representación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Setados do concello das Neves, contra resolución do xurado de data do 29 de novembro de 2000 pola que se acorda a non clasificación co carácter indicado dos montes A Lagoa e Monte dos Cruceiros ou Fraga.

O xurado, unha vez examinados e debatidos os argumentos esgrimidos polo recorrente, acorda, por unanimidade dos seus membros, manter integramente a resolución impugnada nos seus propios termos, ó considerar que os fundamentos alegados non achegan ningún dato de carácter novo que implique a modificación daquela nin proba ningunha que determine a clasificación dos montes A Lagoa e Monte dos Cruceiros ou Fraga, e, en consecuencia, desestima-lo recurso potestativo de reposición formulado notificándoo ó recorrente coa indicación dos recursos procedentes.

O que se publica en cumprimento do disposto no artigo 28 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, significando que contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interponer recurso contencioso-administrativo

ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, podendo interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 31 de maio de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra