Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 13 de xullo de 2001 Páx. 9.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2001 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de proxecto e obra de construcción de 24 vivendas, garaxes e rochos en Rianxo, provincia da Coruña. (Expediente C-2000/010).

Para os efectos do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o tecto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolucións do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) adoptadas en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS, do 6 de abril de 1995, foi adxudicado polo procedemento de concurso aberto o contrato de referencia á empresa Agrupconsa, S.L. por un importe de douscentos vintesete millóns oitocentas

setenta e oito mil trescentas noventa e nove (227.878.399) pesetas (1.369.576,76 euros), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2001.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo