Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 13 de xullo de 2001 Páx. 9.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno acordou aproba-los trámites para a adxudicación do concurso aberto da obra de reposición de vías afectadas por temporais. Para efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares que se expón xunto con este edicto polo prazo de catro días para reclamacións e ordenou anuncia-lo correpondente concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1 (36500) Lalín (Pontevedra). Teléfono: 986 78 70 60. Fax: 986 78 20 42.

Obxecto: obra de reposición de vías afectadas por temporais. Importe orzamento: 40.500.000 pesetas.

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente.

Garantía provisional: 2% do orzamento.

Clasificación do contratista: grupo G, subgrupo G-4, categoría D.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello, en horas de oficina, de luns a venres, ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposiciones.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentarnase no resxistro xeral do concello, dentro do prazo de trece días naturais, contados a partir do día da última publicación deste anuncio no DOG, en horario das nove ás catorce e na forma establecida no prego de condicións. Se o último día do prazo fose festivo, este rematará o día hábil seguinte. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello, ás doce hras do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. Para estes efectos, considéranse os sábados como días inhábiles.

Lalín, 3 de xullo de 2001.

O alcalde

Rubricado