Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 13 de xullo de 2001 Páx. 9.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2001 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da determinación do tipo de bens para a adxudicación da subministración e instalación de equipos informáticos destinados a concellos da provincia (programa de dotación de aulas informáticas 2001). (Expediente 01/5690 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: determinación do tipo de bens para a adxudicación da subministración e instalación de equipos informáticos destinados a concellos da provincia (programa de dotación de aulas informáticas 2001).

Lugar de entrega: concellos da provincia da Coruña.

Prazo de vixente do contrato: un ano.

Prazo de entrega dos bens específicos: lote 1: a) 10 aulas: un mes; b) 50 aulas: tres meses. Lote 2: dous meses.

Forma e procedemento de adxudciación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 199.000.000 de pesetas, 1.196,014,09 euros, IVE incluído ó 16%, desagregado en dous lotes.

Garantía provisional: no se esixe.

Garantía definitiva: ver cláusula 14:

14.a) Polo que se refire ó contrato de determinación de tipo, o órgano de contratación entende que non procede a esixencia de garantía definitiva.

14.b) Polo que se refire ás subministracións específicas, o 4% do prezo de adxudicación do contrato.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alferez Provisional, s/n 5º, 15003 A Coruña, teléfono 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas do día 25 de agosto de 2001.

Data de envío do anuncio ó DOCE: 5 de xullo de 2001.

A Coruña, 5 de xullo de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña