Por medio desta cédula requírense os fiadores, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, para que, tendo devido firmes as resolucións sancionadoras recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no mesmo sen que o denunciado aboara o importe da sanción imposta, procedan ó seu pagamento.
Son requeridos para que no prazo de 15 días hábiles aboen o importe da dita sanción, co apercibimento de que de non facelo efectivo no dito prazo procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na lexislación vixente.
O ingreso da citada multa farase mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións nº 01825947140200002630, do Banco Bilbao-Vizcaya, Argentaria, S.A., de Santiago de Compostela, debendo indica-lo número de expediente.
Para que conste, lles sirva de notificación ós citados garantes, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,
expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 14 de xuño de 2001.
Carlos González Rodríguez
Subdirector xeral de Inspeccion de Transportes
ANEXO
-Último enderezo coñecido 
 infrinxido sancionador imposta recurso Último enderezo coñecido
 -Expediente-Matrícula-Denunciante -Denunciado
 -Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k -Precepto
 -Precepto
 -Sanción
 -Resolución
 -Fiador
 
00-96-MT
 G.C. de tráfico Campo de Cima, s/n
 5400 Chaves 
 23-6-1999; 20.12; C-531; 2 
 Vilar de Outeiro
 Chantada (Lugo)
OU-02958-O-1999
 Brita Grilos, LDA
 Realizar un transporte dun cargamento de área, estando autorizado cun PMA de 40.000 kg dando un PMA segundo ticket de báscula-movemento de 48.650 kg habendo un exceso de peso de 8.650 kg (21%).
 Artigo 200.3º do R.D. 1211/1990 Artigo 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990 100.000 ptas. Desestimado Luis Vega Capón
 

 
 
 
 