A Comisión de Goberno acordou aproba-los trámites para a adxudicación do concurso aberto da obra: vías afectadas por danos de temporais e acceso a núcleos de poboación (FCL/2001). Para o efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares que se expón xunto con este edicto polo prazo de catro días para reclamacións, e ordenou anuncia-lo correspondente concurso público:
Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello nº 1. (36500) Lalín (Pontevedra). Teléfono: 986 78 70 60. Fax: 986 78 20 42.
Obxecto: obra: vías afectadas por danos de temporais e acceso a núcleos de poboación (FCL/2001). Importe orzamento: 29.237.719 pesetas (IVE incluído).
Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente.
Garantía provisional: 2% do orzamento.
Clasificación do contratista: grupo G, subgrupo 6, categoría D.
Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello, en horas de oficina, de luns a venres, ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.
Lugar e prazo de presentación de proposicións: este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia e no BOP. As proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello, dentro do prazo de trece días naturais, que comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a última publicación dos devanditos anuncios, das nove ás catorce horas e na forma establecida no prego de condicións. Se o último día do prazo fose festivo, este rematará o día hábil seguinte. As ofertas manteranse durante tres meses.
Apertura de proposicións: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello, ás doce horas do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. Para estes efectos, considéranse os sábados como días inhábiles.
Lalín, 23 de xullo de 2001.
O concelleiro delegado do rural
Rubricado

