A Comisión de Goberno, en sesión do 18 de xuño de 2001 aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización da prolongación da rúa Faustino Santalices, promovido, mediante iniciativa particular, por Promociones Inmobiliarias Amco, Sociedad Limitada e composto do documento visado pola Delegación Provincial en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia con data do 7-3-2001 e anexo a memoria e novo plano nº 3, que reforman e anulan os correlativos daquel con visado colexial do 4-5-2001, documentación toda ela redactada polo arquitecto Ricardo Aguilar Argenti, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.
Durante o prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos nº 2 desta cidade), e formula-las alegacións e xustificacións que coide procedentes.
Pontevedra, 16 de xullo de 2001.
Adolfo Castro Pérez
Secretario accidental
P.D.
Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente

