Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 07 de agosto de 2001 Páx. 10.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

APROBACIÓN definitiva do proxecto de urbanización da rúa Ourense.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 11 de xullo de 2001, e en exercicio das atribucións que lle foron delegadas por esta alcaldía, aprobou definitivamente o proxecto básico e de execución de urbanización da rúa Ourense no núcleo urbano de Melide, redactado polo arquitecto José C. Arrojo Lois, sendo promotora a mercantil Construcciones Martínez Cordido, S.L., tralo correspondente trámite de información pública sen que se presentasen alegacións.

Contra o acto de aprobación definitiva, que esgota a vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante a Comisión de Goberno do Concello de Melide no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xudicial mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

No suposto en que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo mentres non se resolva expresa ou presuntamente o dito recurso. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente rexeitado. No suposto de rexeitamento presunto do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Non obstante, poderase interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Melide, 19 de xullo de 2001.

Miguel R. Pampín Rúa

Alcalde