Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 16 de agosto de 2001 Páx. 11.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, para a contratación do Plan de vías provinciais 2001, 2ª fase.

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación do Plan de vías provinciais 2001, 2ª fase, que figura a continuación, cos orzamentos, garantías e clasificacións que se relacionan.

2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación, das 9 ás 13 horas, dentro do prazo dos trece días naturais que comezará a contar desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

4. O texto íntegro do presente anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 6 de agosto de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Luis Jaime Rodríguez Fernández

Secretario accidental da Deputación Provincial da Coruña