O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-lo seguinte contrato:
Asistencia técnica para a realización de servicios de asesoramento e apoio á Dirección Xeral de Transportes para o desenvolvemento de traballos de redacción e supervisión de informes, estudios e proxectos.
Adxudicatario: Iceacsa.
Orzamento de adxudicación: 20.641.482 pesetas.
Prazo de execución: 8 meses.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso
contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta do recurso de reposición.
O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2001.
P.D. (Orde 25-10-1983)
Juan Carlos Villarino Tejada
Director xeral de Transportes

