Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 22 de agosto de 2001 Páx. 11.212

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de xullo de 2001 pola que se autoriza a conservatorios de música de titularidade municipal a impartir, con carácter provisional ata o 1 de xuño de 2003, os graos elemental e/ou medio das ensinanzas de música establecidas pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Segundo o disposto no artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, é competencia da Comunidade Autónoma galega a regulamentación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, e de acordo co artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (Diario Oficial de Galicia do 23 de xullo), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ó que lle corresponden estas competencias.

Os conservatorios de música de titularidade municipal levan a cabo un importante labor no fomento, difusión e extensión das ensinanzas de música por todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, e teñen unha grande importancia para o desenvolvemento integral dos nenos e mozos, contribuíndo así ó enriquecemento da vida cultural dos concellos.

A implantación do novo sistema educativo, establecido pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, esíxelles ós concellos titulares destes conservatorios de música importantes adaptacións estructurais e os orzamentos necesarios para levalas a cabo, para así cumpri-los requisitos mínimos de instalacións destes centros.

Por outro lado, hai que ter en conta o compromiso escrito adquirido polos concellos afectados de levar a cabo as actuacións necesarias nos conservatorios de música dos que son titulares, para dar cumprimento efectivo ós requisitos mínimos de instalacións e ó currículo, coa finalidade de que se lle poida concede-la autorización definitiva antes do 1 de xuño de 2003.

Tendo en conta o anteriormente exposto e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-los conservatorios de música de titularidade municipal, que figuran no anexo a esta orde, para impartir, con carácter provisional ata o 1 de xuño de 2003, os graos elemental e/ou medio das ensinanzas de música establecidas pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Segundo.-Os concellos titulares destes conservatorios teñen a obriga de cumpri-lo compromiso adquirido de levar a cabo as actuacións necesarias nestes centros educativos para adaptalos ós requisitos mínimos que fixa o Real decreto 389/1992, do 15 de abril (Boletín Oficial del Estado do 28 de abril), e ó currículo que establece o Decreto 253/1993, do 29 de xullo (Diario Oficial de Galicia do 25 de outubro), para ter concedida autorización definitiva, de acordo co procedemento establecido para o efecto, antes do 1 de xuño de 2003.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

PROVINCIA: CORUÑA, A

Localidade: Carballo.

Titular: Concello de Carballo.

Centro: conservatorio profesional de música de Carballo.

Código do centro: 15026662.

Autorización provisional: grao medio.

Localidade: Culleredo.

Titular: Concello de Culleredo.

Centro: conservatorio profesional de música de Culleredo.

Código do centro: 15026728.

Autorización provisional: grao medio.

Localidade: Melide.

Titular: Concello de Melide.

Centro: conservatorio profesional de música de Melide.

Código do centro: 15027162.

Autorización provisional: grao medio.

Localidade: Pontes de García Rodríguez, As.

Titular: Concello das Pontes de García Rodríguez.

Centro: conservatorio profesional de música das Pontes de García Rodríguez.

Código do centro: 15026741.

Autorización provisional: grao medio.

Localidade: Ribeira.

Titular: Concello de Ribeira.

Centro: conservatorio profesional de música de Ribeira.

Código do centro: 15032200.

Autorización provisional: graos elemental e medio.

PROVINCIA: OURENSE

Localidade: Barco de Valdeorras, O.

Titular: Concello do Barco de Valdeorras.

Centro: conservatorio profesional de música do Barco de Valdeorras.

Código do centro: 32016510.

Autorización provisional: grao medio.

Localidade: Carballiño, O.

Titular: Concello do Carballiño.

Centro: conservatorio profesional de música do Carballiño.

Código do centro: 32016522.

Autorización provisional: grao medio.

Localidade: Ribadavia.

Titular: Concello de Ribadavia.

Centro: conservatorio profesional de música de Ribadavia.

Código do centro: 32016546.

Autorización provisional: grao medio.

Localidade: Xinzo de Limia.

Titular: Concello de Xinzo de Limia.

Centro: conservatorio profesional de música de Xinzo de Limia.

Código do centro: 32016534.

Autorización provisional: grao medio.

PROVINCIA: PONTEVEDRA

Localidade: Cangas.

Titular: Concello de Cangas.

Centro: conservatorio profesional de música de Cangas.

Código do centro: 36024276.

Autorización provisional: graos elemental e medio.

Localidade: Guarda, A.

Titular: Concello da Guarda.

Centro: conservatorio elemental de música da Guarda.

Código do centro: 36024288.

Autorización provisional: grao elemental.

Localidade: Ponteareas.

Titular: Concello de Ponteareas.

Centro: conservatorio profesional de música Reveriano Soutullo.

Código do centro: 36018367.

Autorización provisional: grao medio.

Localidade: Redondela.

Titular: Concello de Redondela.

Centro: conservatorio profesional de música de Redondela.

Código do centro: 36024291.

Autorización provisional: graos elemental e medio.

Localidade: Tui.

Titular: Concello de Tui.

Centro: conservatorio profesional de música de Tui.

Código do centro: 36024306.

Autorización provisional: grao medio.