Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 23 de agosto de 2001 Páx. 11.248

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil, pola que se dispón a publicación da revisión e actualización do Plan Especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais na Comunidade Autónoma de Galicia.

Conforme o Decreto 56/2000, do 3 de marzo, no seu capítulo III Normas xerais sobre a planificación e coordinación de actividades, sección primeira: Da planificación de protección civil na Comunidade Autónoma galega, no seu artigo 77 Publicación, indica que a aprobación dos plans polo Consello da Xunta de Galicia, así como a homologación dos plans que debe efectua-la Comisión Galega de Protección Civil, serán publicados no Diario Oficial de Galicia.

O Plan Especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais na Comunidade Autónoma de Galicia foi elaborado, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia e homologado pola Comisión Nacional de Protección Civil por primeira vez no ano 1996. Durante este tempo de vixencia desde a súa aprobación precisou dunha revisión e actualización.

A revisión e actualización do Plan Especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais na Comunidade Autónoma de Galicia foi informado favorablemente pola Comisión Galega de Protección Civil con data do 25 de abril de 2001, e aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 25 de maio de 2001.

Para dar cumprimento ó establecido no Decreto 56/2000, publícase como anexo o texto revisado e actualizado do Plan Especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais na Comunidade Autónoma de Galicia, que foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2001.

José Benito Suárez Costa

Director xeral de Interior e Protección Civil

ANEXO

Plan Especial de Protección Civil ante

Emerxencias por Incendios Forestais na

Comunidade Autónoma de Galicia

Capítulo 0

Introducción

O Plan Especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais foi aprobado por Orde do 7 de agosto de 1996 (Diario Oficial de Galicia

número 170, do 30 de agosto) sendo homologado pola Comisión Nacional de Protección Civil o 18-11-1996.

Dado que os plans de protección civil son documentos vivos, abertos e dinámicos, é necesaria a súa revisión e actualización.

Polo tanto, ó considerar necesaria a súa revisión como consecuencia da experiencia adquirida na aplicación deste plan especial, así como pola actualización lexislativa, procédese á súa revisión.

No ano 1997 a estructura organizativa da Xunta de Galicia sufriu determinados cambios, algún dos cales afectou os organos intervenientes no Plan Especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais, así a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural dependente anteriormente da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, que é quen xestiona, coordina e dirixe o plan no seu nivel cero, pasou a integrase na Consellería de Medio Ambiente creada a finais do ano 1997.

Por outra parte o órgano con competencias en materia de protección civil da Xunta de Galicia que ata finais de 1997 era a Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente pasou, a partir desta data a integrarse na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais como Dirección Xeral de Interior e Protección Civil.

Así mesmo, a estructura organizativa do Infoga (Plan de Incendios Forestais de Galicia, nivel 0) sufriu modificacións importantes ó estructurarse o territorio en distritos no lugar de comarcas.

Capítulo I

Fundamentos

I.1. Obxecto.

Os incendios forestais constitúen un grave problema, non só polos danos causados de forma inmediata ás persoas e bens, especialmente ós forestais, senón tamén polas consecuencias que derivan dunha situación de deforestación que comporta unha grave deterioración do ambiente.

As circunstancias que concorren nos incendios forestais, como factores capaces de orixinar situacións de grave risco, catástrofe ou calamidade pública a que se refire a Lei 2/1985, do 21 de xaneiro, sobre protección civil, fan necesario o emprego coordinado dos recursos e medios pertencentes ás distintas administracións públicas e a outras entidades públicas e privadas.

Ademais, isto recollese no artigo 6, capítulo II da norma básica de Protección Civil (Decreto 407/1992; BOE nº 105 do 1 de maio) onde se define este risco como materia que hai que planificar nun plan especial.

O obxecto deste plan especial é que as actuacións fronte ós incendios forestais non sexan froito da

improvisación, senón que as ditas actuacións estean perfectamente planificadas e coordinadas.

Preténdese con este plan especial poder dar unha resposta rápida, eficaz e coordinada ante calquera emerxencia que se presente por incendios forestais, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, evitando a perda de masas forestais da comunidade, diminuíndo a superficie queimada polo lume, e reducindo o tamaño dos grandes lumes e o número de incendios, así como a protección de persoas, bens e o ambiente.

Ademais deste obxectivo xeral, perséguense como obxectivos específicos os seguintes:

* Planifica-lo dispositivo necesario de intervencións en situacións de emerxencia por incendios forestais e establece-la mellor coordinación entre tódolos servicios públicos e privados chamados a intervir.

* Establece-la adecuada coordinación para a súa integración en plans de ámbito superior, se é o caso.

* Establece-los mecanismos de coordinación cos plans de ámbito local (municipais ou comarcais tal e como se establecen no Platerga), co obxecto de consegui-la súa integración operativa.

* Establece-lo esquema de interfases para o paso dun nivel a outro de emerxencia e a súa perfecta integrabilidade.

* Permiti-la súa integración no Platerga.

O Platerga, Plan Territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, é o Plan Marco no que deben integrarse tódolos plans da Comunidade Autónoma, incluídos os especiais, fronte a riscos específicos, de acordo coas directrices da norma básica.

O Platerga foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o día 12 de xullo de 1994, homologado pola Comisión Nacional de Protección Civil o día 30 de setembro de 1994, e publicouse no Diario Oficial de Galicia por Resolución do 11 de outubro de 1994 (DOG do 9 de decembro). Recentemente foi publicado novamente revisado, polo Decreto 56/2000, do 3 de marzo.

I.2. Ámbito de aplicación.

O ámbito de aplicación do presente plan esténdese a todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (tal como se indica no Platerga), polo tanto quedarán integrados nel os plans de actuación municipal, de ámbito local de emerxencias por incendios forestais, así como os plans de autoprotección para o risco de incendios forestais de entidades públicas ou privadas que poidan existir, e que foran aprobadas polo órgano competente.

I.3. Funcións básicas.

O Plan Especial de Protección Civil de Emerxencia por Incendios Forestais da Comunidade Autónoma de Galicia desenvolve as seguintes funcións:

* Constituí-la estructura organizativa e os procedementos para a intervención en emerxencias por

incendios forestais no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

* Dispoñe-los mecanismos e procedementos de coordinación co Plan Estatal de Protección Civil ante o Risco de Incendios Forestais.

* Organiza-los sistemas de articulación coas administracións locais de seu ámbito territorial.

* Zonifica-lo territorio en función do risco e as previsibles consecuencias tanto para bens forestais como para persoas e bens de natureza non forestal. Delimitar áreas segundo posibles requirimentos de intervención e despregamento de medios e recursos, así como localiza-los equipamentos que se van utilizar en operacións de emerxencia.

* Establece-las épocas de perigo, relacionadas co risco de incendios forestais, en función das previsións xerais e dos diferentes parámetros locais que definen o risco.

* Previr sistemas organizativos para o encadramento do persoal voluntario.

* Especifica-los procedementos de información ó público.

* Cataloga-los medios e recursos específicos á disposición das actuacións previstas.

I.4. Antecedentes.

Os incendios forestais son un elemento presente desde sempre nos montes españois, pero a partir da década dos oitenta é cando se agrava e medra dun xeito alarmante, tanto o número de incendios coma a súa magnitude.

Estas circunstancias presentan a necesidade de incrementa-las medidas de planificación específica para este tipo de risco.

O Plan Básico de Loita contra Incendios Forestais e normas complementarias, elaborado por orde do Ministerio do Interior do 17 de xuño de 1982, denominouse INFO-82, e constituíu a norma para a elaboración de plans correspondentes a incendios forestais.

A Comunidade Autónoma de Galicia, exercendo as competencias que lle foron transferidas nesta materia, realizou os plans correspondentes ó seu ámbito territorial, seguindo as directrices da lexislación vixente.

A norma básica de Protección Civil aprobada polo R.D. 407/1992, do 24 de abril, establece no seu artigo 6 que os riscos forestais serán obxecto de plans especiais, para o que o Ministerio do Interior elaborará a correspondente directriz básica.

O Consello de Ministros na súa reunión do 18 de marzo de 1993 por proposta do Ministerio do Interior e logo do informe da Comisión Nacional de Protección Civil, acorda a aprobación da directriz básica, que se publica por Orden do 2 de abril de

1993, na que se establecen os requisitos mínimos que deben cumpri-los plans de comunidades autónomas ante o risco de incendios forestais.

I.5. Marco legal.

Para a elaboración do Plan de Protección Civil de Emerxencia por incendios Forestais tivéronse en conta as seguintes disposicións legais:

I.5.1. Unión Europea.

* Resolución do Consello do 25 de xuño de 1987 relativa ó establecemento dunha cooperación en materia de protección civil.

* Resolución do Consello do 13 de febreiro de 1989 relativa ós novos progresos de cooperación en materia de protección civil.

* Resolución do Consello do 23 de novembro de 1990 relativa á cooperación en materia de protección civil.

* Resolución do Consello de 23 de novembro de 1990 sobre a mellora da axuda recíproca entre os Estados membros en caso de catástrofes naturais ou de orixe humana.

* Resolución do Consello do 8 de xullo de 1991, sobre a mellora da asistencia recíproca entre Estados membros nos casos de catástrofes de orixe tecnolóxico.

* Regulamento do 23 de xullo de 1992 da Unión Europea.

* Regulamento (CEE) nº 307/1997. Diario Oficial das Comunidades Europeas do 17 de febreiro.

I.5.2. Administración xeral do Estado:

* Constitución española de 1978. Art. 45.

* Lei 81/1968, do 5 de decembro, de incendios forestais.

* Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de incendios forestais.

* Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, sobre o Estatuto de autonomía de Galicia.

* Lei 2/1985, sobre protección civil.

* Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

* Real decreto 875/1988, do 29 de xullo, polo que se establecen as compensacións de gastos derivados da extinción de incendios forestais (BOE nº 186, do 4 de agosto).

* Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación de espacios naturais.

* Real decreto 407/1992, do 24 de abril, polo que se aproba a norma básica de Protección Civil.

* Orde do 2 de abril de 1993 polo que se publica o acordo do Consello de Ministros que aproba a directriz básica de planificación de Protección Civil de emerxencia de incendios forestais.

* Acordo do Consello de Ministros de 31-7-1995, polo que se aproba o Plan Estatal de Protección Civil para Emerxencias por Incendios Forestais.

I.5.3. Comunidade Autónoma:

* Estatuto de autonomía de Galicia. (Real decreto 1534/1984, do 20 de xuño).

* Decreto 347/1997, do 9 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Xunta de Galicia.

* Decreto 351/1997, do 10 de decembro, pola que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

* Resolución do 11 de outubro de 1994, pola que se publica o Plan Territorial da Comunidade Autónoma de Galicia (Platerga), aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 12 de xullo de 1994.

* Resolución do 7 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para prevención de incendios forestais.

* Decreto 482/1997, do 30 de decembro, pola que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

* Decreto 160/1999, do 29 de xuño, polo que se modifica o Decreto 351/1997, do 10 de decembro, polo que se modifica a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

* Decreto 56/2000, do 3 de marzo, polo que se regula a planificación, das medidas de coordinación e as actuacións dos voluntarios, agrupacións de voluntarios de Protección Civil e entidades colaboradoras en materia de protección civil.

I.6. Glosario de termos.

Alarma: detección e aviso dun perigo.

Alerta: aumento de atención ou vixilancia.

Base de helicópteros: instalación permanente ou semipermanente que serve de heliporto dotada con servicios mínimos de apoio ó helicóptero e persoal.

Cartografía oficial: a realizada con suxeición ás prescricións da Lei 7/1986, de ordenación de cartografía, polas administracións públicas, baixo a súa dirección e control.

Cecop-Galicia: Central de Coordinación para Operativos da Comunidade Autónoma de Galicia. Emprazase na Central de Emerxencias 112 SOS Galicia.

Cecop: Centro de Coordinación Operativo. Está composto polo Comité de Dirección, Comité Asesor e os medios técnicos do Cetra, o Sacop e o Cin.

Cecopi: Centro de Coordinación Operativo Integrado.

Centro de Coordinación e Control: posto de mando central, provincial ou comarcal desde o cal se dirixe e coordinan as accións da defensa contra incendios.

Cetra: Centro de Transmisións.

Cin: Centro de Información.

Comisión Galega de Protección Civil: creada polo Decreto 56/2000, do 3 de marzo.

Comité Galego de Defensa dos Montes Contra Incendios Forestais: órgano de coordinación superior da defensa contra incendios forestais.

Cuadrilla de extinción: conxunto de 1 capataz e 5 ou 6 peóns que actúan directamente contra o lume con ferramentas manuais ou tendidos de mangueiras, ou indirectamente mediante traballos na liña de defensa. Trasládanse en vehículos todoterreo.

Cuadrilla de helicópteros: conxunto de 1 capataz e 5 a 10 peóns que actúa contra o lume con ferramentas manuais ou tendidos de mangueiras. Trasládanse en helicóptero.

Director de extinción: persoa que avalía o incendio, dirixe a extinción e vela pola seguridade e o cumprimento das normas establecidas.

Emerxencia: situación de risco real ou potencial que ocasiona unha resposta.

Incendio controlado: é aquel que se conseguiu illar e dete-lo seu avance e propagación.

Incendio extinguido: situación na que xa non existen materiais en ignición en ou dentro do perímetro do incendio nin é posible a súa reproducción.

Índice de risco: valores indicativos do risco do incendio forestal nunha zona.

Mobilización: conxunto de operacións para a activación de medios, recursos e servicios dos diferentes grupos de acción.

Nivel: fase de actuación, definida pola gravidade dunha emerxencia.

Núcleo de reserva: conxunto de helicóptero, vehículos todo terreo e cuadrillas que non necesariamente teñen que estar todos situados no mesmo punto.

Operativo: conxunto de normas de actuación ante unha emerxencia.

Patrulla móbil: conxunto de 2 ou máis persoas que sobre un vehículo todoterreo percorren o terreo para a detección de lumes e se é o caso inician a extinción.

Platerga: Plan Territorial de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

Posto de Mando Avanzado (PMA): posto de dirección técnica das accións de control e seguimento da emerxencia.

Posto fixo de vixilancia: torre de observación activada cun vixía.

Rede de observación e detección: a formada polos postos fixos de vixilancia e patrullas móbiles.

Rede de transmisións: composto pola rede de radio e a rede de ordenadores e fax, que permite o enlace entre os centros de coordinación, bases, postos fixos e móbiles de vixilancia, cuadrillas e vehículos motobomba e en xeral de canto elemento intervén na defensa contra incendios como avións e helicópteros.

Risco de incendios: probabilidade de que se produza un incendio nunha zona e nun intervalo de tempo determinado.

Sacop: sala de control de operativos.

SDCIF: Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia.

112 SOS-Galicia: Central de Emerxencias da Xunta de Galicia.

Upa: unidade da Policía Nacional adscrita a Comunidade Autónoma de Galicia.

Terreo forestal: aquel no que vexetan especies arbóreas, arbustivas, de matogueira ou herbáceas, sexa espontaneamente ou procedan de sementeira ou plantación, sempre que non sexan características do cultivo agrícola ou foran obxecto deste.

Vehículo motobomba: conxunto dun vehículo e unha bomba de auga. Actúa mediante auga ou auga con retardante a presión.

Vulnerabilidade: grao de perdas ou danos que poden sufrir, ante un incendio forestal, a poboación, os bens e o ambiente.

Capítulo II

Elementos básicos para a planificación

de protección civil de emerxencias por

incendios forestais

II.1. Información territorial.

A situación de Galicia, no extremo noroeste da península ibérica, rodeada de mar nas tres cuartas partes do seu contorno e limitada no resto por sistemas montañosos con elevacións en xeral superiores ós 1.200 m fan que en Galicia a gama de formas do seu relevo sexa moi ampla.

A descontinuidade da paisaxe topográfica galega, que manifesta o seu rico pasado xeolóxico, a diversidade de climas e estacións, a variabilidade litolóxica e edáfica ou a heteroxeneidade de usos e costumes, dificultan enormemente a análise global dos factores físicos determinantes do ecosistema forestal galego.

Polo tanto, resulta obrigado buscar unidades de análise con certo grao de homoxeneidade, que permitan aproximarse á realidade e, unha vez examinadas, percibir unha visión de conxunto.

En función de parámetros xeográficos, establecéronse sete comarcas xeoforestais para todo o territorio galego. Cinco delas, Costa Norte, Costa Atlántica, Meseta Central, Montaña Nororiental e interior sur, pertencen á rexión Eurosiberiana e as dúas restantes, vales interiores e Montaña Suroriental, á rexión corolóxica Mediterránea.

-Comarca xeoforestal: Costa Norte.

Ocupa esta comarca xeoforestal unha franxa costeira ó norte das provincias da Coruña e Lugo dun largo aproximado de 35 km e 90 km de longo, cunha superficie de 353.500 ha.

As precipitacións varían nesta zona desde pouco máis de 1.000 mm na proximidade do mar ata os 2.000 mm nos altos da Faladoira e do Xistral coa típica distribución para Galicia do forte descenso en xullo e agosto.

Un carácter climático que diferencia a zona costeira do norte da zona atlántica é a maior presencia de néboas e chuviscas na estación estival, por causa dos ventos do norte que nos manda o anticiclón atlántico.

Ventos mariños frescos que aquí chegan con suficiente humidade para orixinaren estas néboas, ó ascenderen polos vales e abas atenuando a seca do verán. Así vemos que a radiación solar en onda curta é, 280 cal./cm/día na Costa Cantábrica e pasa a 340 no sur da Costa Atlántica (Vigo), diferencia excesiva para ser explicada só pola latitude.

En canto ó réxime térmico, hai que sinalar que estamos na comarca galega onde a amplitude térmica, diferencia entre a temperatura media do mes máis cálido e a do mes máis frío, é menor, amplitude que está comprendida entre 8,5º C e 9,5º C en case toda a área.

As temperaturas medias anuais están comprendidas entre 14º C e 9º C. As maiores xeadas rexistradas corresponden á estación das Pontes, con -10º C de cota non moi alta (369 m), a súa localización en cubeta pechada intensifica a xeada de radiación.

Fóra de situacións coma esta, non se dan na comarca fríos invernais extremados, como demostra o feito de que o eucalipto globulus pode superar en posición de aba os 600 m sen que aparezan síntomas de danos por xeadas, ben que esas altitudes o frío de verán e o vento dos frecuentes temporais non lle permiten exhibi-la súa recoñecida capacidade de crecemento.

Estes factores, frío de verán e vento, frean a producción non só do eucalipto senón de calquera outro tipo de árbore.

En canto á vexetación, a presencia da serie sucesional galaico-asturiana acidófila do carballo pedunculado con loureiro por debaixo de 400 metros e blechno na montaña por riba daquela cota, serviu para delimitar en grandes liñas esta comarca xeoforestal, que queda dentro do sector corolóxico galaico-asturiano, provincia cántabro-atlántica da rexión eurosiberiana.

Dous son os compoñentes principais, por non dicir exclusivos, dos poucos bosques autóctonos existentes: un, o Betula celtibérica o bidueiro, ó que a súa abundante e fácil rexeneración a distancia e o seu carácter pioneiro lle permite apoderarse inmediatamente despois dos incendios dos montes de maleza que non sexan demasiado asollados, ou das terras

frescas de cultivo abandonadas; outro, o carballo pedunculado.

Nos montes rasos caracterízase esta comarca pola gran extensión que ocupan, en terreos degradados por antigas deforestacións, os queirogais de Erica mackaiana e o toxo gateño ou toxo femia, Ulex gallii (Uliceto-Ericetum mackaianae).

Outra matogueira típica, pero non exclusiva da comarca, é o uzal formado pola E. arborea en ladeiras frías, menos degradadas por ser de deforestación máis recente. Entre os piornais merece citarse, por ser exclusivo da zona, o formado polo Cytisus ingramii (puxeda), mata pequena aborrecida polos agricultores por non dar leña e polo seu carácter invasor, en contraste co C. striatus, único que cultivaban polo maior tamaño, e o máis espontáneo e estendido C. scoparius.

-Comarca xeoforestal: Costa Atlántica.

Ocupa a zona litoral e central da provincia da Coruña, desde a divisoria da bacía do río Eume cara ó sur, deixando fóra a parte alta desta provincia, de cotas superiores os 500 m, sitas nas serras occidentais que a separan da provincia de Lugo. Seguindo cara ó sur comprende a maior parte da provincia de Pontevedra, da que só quedan fóra as partes de cota superiores ós 600 m das serras occidentais. Penetra tamén na provincia de Ourense pola bacía do río Limia, nas proximidades da fronteira con Portugal. Cunha extensión de 1.102.200 ha é a comarca xeoforestal máis extensa de Galicia.

A parte correspondente á provincia da Coruña, que vén representar aproximadamente a metade da extensión desta comarca xeoforestal, é a de orografía máis suave, aínda que existen illados algúns macizos que superan os 600 m como os de Montemaior, Ruña, O Pindo e O Barbanza.

Sen obstáculos importantes presenta un relevo que en xeral vai subindo desde o mar cara ó interior, atravesando por numerosos ríos que facilitan a penetración no inverno dos ventos mariños temperados, o clima segue sendo, en toda a comarca, oceánico cunha amplitude térmica das medias mensuais de 9º C na proximidade do mar e 11º C no interior.

En cambio, o paso da anterior comarca cantábrica a esta atlántica reforza o carácter mediterráneo da distribución da choiva, carácter que se intensifica segundo avanzamos cara ó sur, como o testifican os cambios na vexetación, como a substitución do freixo europeo (Fr. excelsior) polo freixo mediterráneo (Fr. angustifolia), a aparición cada vez máis frecuente de bosquetes de sobreira en ladeiras soleadas, a retirada do bidueiro, que se refuxia en lugares húmidos do interior, e a aparición, aínda que só sexa como curiosidade botánica, do Q. subfructicosa, carballo rastreiro do sudoeste da península Ibérica e do norte de Marrocos, presente na zona de Carnota, especialmente afectada polos ventos foehn do nordés.

A pesar da seca do verán, a cantidade de choiva anual é moi importante. Se exceptuamos unha estreita franxa ó longo da costa na que non chega a 1.500 mm, no resto é superior a esta cifra, superando os 2.000 mm ó elevárense as cotas.

As temperaturas medias anuais oscilan entre os 12º C das partes altas e os 15º C da costa sur. A media da mínima mensual (non diaria) de xaneiro é superior a 0º C nun tercio das estacións meteorolóxicas distribuídas pola comarca, baixando pouco dese valor noutras. Valores de -4º C só se alcanzan por radiación nocturna en vales ou solos pouco ventilados do interior.

O carácter chuvioso, unido ó réxime suave de temperaturas, dá lugar a un crecemento continuo durante todo ou case todo o ano dunha vexetación rastreira exuberante.

Das formacións en matogueiras merece destaca-la variedade e abundancia de urdiñeiras, que seguiron as antigas deforestacións e degradación subseguinte.

-Comarca xeoforestal: Meseta Central.

Comprende unha superficie de 614.100 ha e inclúe como elemento principal a meseta de Lugo, de aí o seu nome. Tamén comprende por un extremo as serras occidentais situadas, como na meseta, dentro do sector bioxeográfico galaico-portugués da provincia cántabro-atlántica, e por outro lado a bacía alta do río Eo pertencente ó sector galaico-asturiano da mesma provincia corolóxica.

A meseta, derivada de aplanamentos terciarios unidos a fenómenos de subsistencia nos seus tramos máis planos (Terra Chá), ofrece altitudes comprendidas na súa maior parte entre 400 e 600 m. O seu clima xa non ten o marcado carácter oceánico das dúas comarcas anteriores, debido non só ó seu maior afastamento do mar senón principalmente ós obstáculos e ós ventos mariños que representan a Dorsal Galega por occidente e as serras setentrionais polo norte.

A amplitude térmica das medias mensuais ó longo do ano varía entre 11º C e 13º C, no que na nosa latitude corresponden índices de continentalidade entre 7,3 e 12,3, cifras que quedan a ambos lados do valor 10 que se considera fronteira de separación entre os climas oceánicos e os de transición. As temperaturas medias oscilan entre 11º C e 12º C e o período vexetativo, para un límite de 7,5º C, varía entre 8 e 9 meses.

As mínimas do mes máis frío, especialmente interesantes no mundo forestal, mensuais, non diarias, baixan xa a -5º C ou -6º C, con mínimas absolutas rexistradas en estació meteorolóxica de -12,5º C, orixinando limitacións para algunhas especies forestais.

A pluviosidade na meseta denota a influencia do relevo descrito, que a fai descender a valores entre 1.000 e 1.200 mm. Como é norma en Galicia, prodúcese unha forte caída no mes de xullo e, menos,

no de agosto, que orixina déficits hídricos baixos, de 40 a 100 mm para solos con capacidade de retención de 100 mm.

Fóra da meseta, nas serras nororientais da bacía alta do río Eo e nas occidentais da Dorsal Galega, cambian as circunstancias non só por razón de altitude e relevo, senón tamén polo clima que en moitos aspectos se fai transicional ó das dúas comarcas lindeiras xa descritas, Costa Norte e Costa Atlántica.

En particular, o cambio maniféstase pola suba das precipitacións a valores de orde de 1.500 mm, cifra fortemente superada na cara occidental das serras meridionais daquela dorsal, tanto pola súa maior altitude como polo efecto de alambique que exercen sobre os ventos do sudoeste temperados e saturados de humidade, polo que poden rexistrarse valores superiores ós 3.000 mm.

Os bosques, exclusivamente caducifolios ata tempos recentes, constituídos por carballos, bidueiros e en menor medida castaños, están moi fraccionados e diseminados por toda a área, tratados como bravádego ou en monte baixo.

O monte raso é o que gaña máis en extensión no terreo máis accidentado e alto nestas zonas periféricas. A asociación predominante nelas, debido a súa maior unidade, é de toxal-uzal.

Nestes últimos 50 anos moitas destas matogueiras foron obxecto de repoboación con coníferas piñeiro bravo (P. pinaster) e piñeiro de Monterrei (P. radiata).

-Comarca xeoforestal: Montaña Nororiental.

Cunha extensión de 166.400 ha está situada case na súa totalidade na provincia de Lugo dentro do sector Laciano-Ancarense da provincia eurosiberiana Orocantábrica.

Cun relevo que vai desde 400 ata 1.800 m, o clima presenta variacións da mesma orde, con temperaturas medias anuais desde 13º a menos de 5º C. Non se dispón de estacións meteorolóxicas nas partes baixas, pero pódese supoñer que as precipitacións baixan bastante dos 1.000 mm a xulgar pola vexetación presente.

Os climodiagramas de Folgueiras de Aigas a 910 m, Pedrafita a 1.150 m e Os Ancares a 1.230 m, dan unha idea do clima na maior parte da comarca. A xulgar por elas vese que as precipitacións oscilan entre 1.000 e 2.000 mm e no período vexetativo entre 5 e 8 meses.

Con catro ou cinco meses de período vexetativo e tan baixa productividade potencial da vexetación, está escasamente desenvolvida nestas últimas altitudes. Unha especie tan resistente ó frío como é o piñeiro silvestre, utilizado hai máis de 30 anos, quedou anano e deformado polo vento e a neve a uns 1.300 m (monte Chao da Serra en Pedrafita). Sen embargo, as temperaturas extremas rexistradas nas estacións máis altas dispoñibles na zona non son todo o baixas que cabería esperar, pois a mínima

rexistrada nas catro estacións meteorolóxicas existentes foi -13,5º C, aínda que os períodos de toma de datos foron pequenos.

Estamos na comarca xeoforestal galega con máis variedade de bosques.

Son poucos os bosques destas formacións que exhiben un desenvolvemento pleno, con estabilidade climática.

Nas carballeiras e fragas entra como compoñente máis xeneralizado o Q. pyrenaica, cunha participación que se reforza nas ladeiras máis secas ou localizacións ventosas ata altitudes de 1.200 m, pouco máis ou menos.

Cando vai subindo e aumentando o frío, aumenta a presencia do Q. petrea que alcanza a máxima expresión na zona dos faiais cos que alterna ocupando as ladeiras asolladas de solos aireados. Cando o clima se fai máis húmido é o carballo pedunculado o que ofrece a alternativa ó cerquiño nas súas formas montadas con Vaccinium ou Blechnum.

As matogueiras ocupan nesta comarca importantes extensións que superan o 50% da área.

Comarca xeoforestal: Interior Sur.

Cunha extensión de 150.500 ha, situada por enteiro na provincia de Ourense, é al última comarca xeoforestal que se considera incursa na rexión eurosiberiana, provincia Cántabro-Atlántica, sector Galaico-Portugués. Comprende mesetas e depresións altas situadas ó sur do Miño-Sil e as zonas montañosas que as limitan: polo oeste as serras do Leboreiro e do Xurés e polo leste os samontes das serras de San Mamede e do Invernadeiro.

Presenta moitas analoxías coa comarca terceira, Meseta Central, aínda que a súa situación máis ó sur reforza o matiz mediterráneo do clima e da vexetación.

Componse dunha meseta central de altitudes entre 600 e 700 metros e algo menos na bacía superior do Arnoia sobre Maceda. Nas serras as cotas poden chegar ós 1.400 m nos montes do Invernadeiro.

Na parte occidental o clima nota máis a influencia dos ventos mariños que soben polos vales do Miño e do Limia, aumentando o carácter continental térmico e mediterráneo umbrío a medida que se avanza cara ó leste.

Na maior parte da comarca as temperaturas medias anuais están comprendidas entre 8º e 12º C con amplitudes térmicas entre 12º e 14º que determinan para esta latitude un índice de continentalidade entre 10 e 15, zona de transición entre os climas oceánicos e os continentais. As precipitacións varían entre os 800 mm das depresións e os 1.800 dos puntos máis chuviosos.

A serie de vexetación predominante segue sendo como na Meseta Central a serie montuna Galaico-Portuguesa acidófila do carballo pedunculado, que nos serviu para delimita-la comarca.

Dentro das plantacións artificiais son as de piñeiro de Monterrei (P. radiata) as que manifestan desenvolverse mellor nesta comarca montañosa, menos apta para o piñeiro bravo (P. pinaster) a pesar da súa presencia máis antiga. Por riba dos 800 metros vense algúns bos exemplos de piñeiros de piñeiro silvestre, destacando a boa rexeneración espontánea que se observa na zona alta sobre Bande, en monte queimado.

-Comarca xeoforestal: Vales Interiores.

Con esta comarca abandónase a rexión corolóxica Eurosiberiana para entrar na Mediterránea, provincia Carpetano-Ibérica-Leonense, sector Ourensano-Sanabrio. Ten unha extensión de 321.000 ha distribuídas en dous perímetros. No primeiro e máis extenso afecta o val do Miño desde o encoro de Castrelo de Miño ata superar Portomarín e todo o val do Sil. No segundo perímetro inclúese o val do Támega.

Razóns de clima son as que diferencian claramente esta comarca das restantes galegas, e entre elas a escasa pluviosidade é o factor máis segregador.

Sen embargo, hai un factor importante que opera en dirección ómbrica contraria característico de boa parte desta comarca. Trátase das néboas do río matinais, nos días de sol aínda que sexan de verán, néboas que non acostuman dispersarse ata ben entrada a mañá (hora 11 ou 12). Isto provoca unha diminución sensible das horas do sol e conseguintemente da radiación solar que baixa a 290 cal./cm/día cando para a mesma latitude na costa pontevedresa esta magnitude supera os 330. Esta circunstancia pode explica-la presencia ás veces nalgúns tramos dos fondos e cando ademais o solo axuda, de especies bastante mesófilas como o pradairo e o freixo europeo.

As temperaturas medias anuais frecuentemente están comprendidas entre 13º e 15º, si ben que poden baixar a 9º nos bordos altos das ladeiras próximos ós 1.000 m. A amplitude anual da media mensual está comprendida entre 14º e 17º C, cifras elevadas para Galicia, que representan para o índice de continentalidade valores de 15 e 23 de climas de transición e continentais.

O período vexetativo para un limiar de 7,5º está entre 10 e 11 meses, ben que subir e chegarse máis ó bordo superior pode baixar a 7 meses (A Pobra de Trives).

Na zona oriental o castiñeiro conserva aínda grande importancia nos mellores sitios da área natural dos rebolares por baixo de 900 ou 1.000 m.

O sobreiral caracteriza unha serie de vexetación supramesomediterránea desde a confluencia Miño-Sil ata o límite con León, subindo polas ladeiras ata altitudes que poden chegar ata 700 m. Tamén o aciñeiral caracteriza o extremo oriental do val do Sil, aínda que esporadicamente aparece xa desde a citada confluencia.

As matogueiras desta comarca caracterízanse pola case total ausencia das toxeiras. Entre as xesteiras e piornais e a zona oriental mesomediterránea ten especial presencia o Cytisus multiflorus.

Como elemento principal do bosque introducido para a producción de madeira figura o piñeiro bravo (P. pinaster) sobre todo na parte occidental. A súa frugalidade e resistencia á seca de verán permitíronlle ir colonizando tamén as ladeiras remontando o curso dos ríos. O eucalipto só tivo unha penetración moi limitada ata o momento.

-Comarca xeoforestal: Montaña Sudoriental.

Identifícase con este nome a zona montañosa do sudoeste e sur da provincia de Ourense. Nela os carácteres climáticos e floristas de natureza mediterránea adquiren tamén suficiente entidade para situala na rexión corolóxica mediterránea, provincia Carpetano-Ibérico-Leonesa, sector Ourensano-Sanabriense. A súa extensión é de 243.400 ha.

É a comarca xeoforestal de relevo máis movido de Galicia, con só un 6% da superficie con pendentes moderadas (inferiores a 20%). As altitudes van desde 700 m ó sur da Limia ata pasa-los os 2.000 m en Pena Trevinca.

Descomponse en dous recintos que son os restos dunha antiga penechaira destruída pola erosión da que só quedan vestixios nos cumes alombados. Comprende como relevos máis importantes o Macizo de Manzaneda (parte superior e nororiental) separado do resto pola fosa tectónica de Viana do Bolo, Serras do País dos Ríos, Serra do Cañizo, Serra Cava e Serra do Eixo, somentes do macizo da Segundeira. No outro perímetro situado entre os vales do Támega e do Limia destaca a Serra de Larouco que se eleva ata preto de 1.400 m.

Desde o punto de vista climático o Macizo de Manzaneda presenta diferencias con respecto ó resto dos sistemas montañosos da comarca na pluviometría. Esta é moi superior nas partes oeste, sur e leste, nas que oscila entre 1.500 e 2.000 mm, correspondendo, en xeral, os maiores valores a maiores alturas.

As temperaturas medias anuais varían entre uns 11º para cotas de 800 m e uns 6º para 1.500 m, aínda que aparecen variacións bastante fortes para alturas semellantes dunhas estacións a outras. A amplitude térmica anual das medias oscila entre 13º dentro do perímetro occidental (Serra de Larouco) e de 14º a 17º na oriental ó que corresponden índices de continentalidade de 13 (clima de transición) no primeiro e entre 15 e 23 no segundo (climas de transición e continental incipiente). A pesar da maior continentalidade desta comarca, os valores das mínimas non son esaxeradamente baixos.

O castiñeiro segue hoxe en día sendo a árbore máis importante no perímetro oriental por baixo de 900 ou 1.000 metros en soutos.

Outras árbores que aparecen espontaneamente con bastante frecuencia nesta parte oriental son o olmo

campestre e a cerdeira silvestre. Tamén nalgunhas zonas do solo profundo, sobre rochas básicas se ven exemplares de Fraxinus excelsior e Acer pseudoplatanus e nalgún río da zona de Pena Trevinca o Populus tremula.

Estreitamente unidos ós ríos poden verse formacións riparias predominantemente de ameneiros e salgueiros, acompañados ás veces por bidueiros e freixo mediterráneo. Non podemos deixar de cita-lo bosquete de teixo do río Casaio nos sonantes ó norte da Serra do Eixo. A xulgar pola toponimia deberon de ser moi frecuentes bosquetes semellantes noutros tempos.

Nas extensas matogueiras que ocupan os montes desarborizados desta comarca é o monte baixo de Pterosparto-Ericetum aragonensis o que domina e caracteriza toda a zona. Nas xesteiras é o Cytisus multiflorus o que pon o seu carácter mediterráneo no ambiente.

-Climatoloxía.

Considerando os parámetros climáticos, en Galicia pódense encontrar diferentes tipoloxías de clima, podendo clasificarse en:

* Oceánico hiperhúmido.

* Oceánico húmido.

* Oceánico-húmido con forte tendencia á aridez estival.

* Oceánico continental.

* Oceánico mediterráneo.

a) Oceánico hiperhúmido.

Comprende a Galicia centro-occidental, entre o mar e as serras occidentais (Bergantiños, Xallas, Fisterra, A Maía, Ordes, Santiago de Compostela, A Estrada e A Barbanza).

As temperaturas medias son de 12 graos e a oscilación térmica sobre 12 graos. As precipitacións roldan os 1.500 mm e as horas de sol arredor das 1.800.

b) Oceánico-húmido.

Este dominio comprende as costas setentrional e noroccidental; é dicir, as terras comprendidas entre as serras setentrionais e a costa (terras do Eo, Foz, Viveiro), e as comprendidas entre a costa e as serras occidentais máis ó norte (Faladoira, Forgoselo, Serra da Loba, Cova da Serpe, etc.), englobando terras das comarcas de Ferrol, As Mariñas de Betanzos, A Coruña e algúns sectores de Bergantiños e Fisterra.

Pódese falar dunhas condicións específicas baseadas na suavidade da temperatura media, que oscila entre 13º e 14º, unha pequena oscilación térmica que non chega a 10º entre o mes máis frío: xaneiro, que rolda os 9º e o máis quente (agosto) que anda polos 18º.

As precipitacións son relativamente abundantes (entre 900-1.000 mm anuais) e repártense ó longo do ano, cun máximo outono-invernal, e un mínimo no verán, sumando en conxunto uns 150 días de

choiva. Os días anubrados aproxímanse ós 180 e as horas de sol as 2.000.

c) Oceánico-húmido con forte tendencia á aridez estival.

Ó sur do anterior dominio, englobando as comarcas das Rías Baixas e tramo inferior do Miño, encóntrase un dominio caracterizado por temperaturas máis altas, precipitacións máis estacionais e torrenciais, e unha oscilación térmica relativamente maior.

As temperaturas medias roldan os 15 graos e as precipitacións, concentradas especialmente en outono-inverno, achéganse ós 1.500 mm anuais e son relativamente abundantes no verán; nos días de choiva, non obstante, son menores que no caso anterior, e as xeadas máis frecuentes a medida que nos acercamos ás serras occidentais meridionais (Serra do Suído, Candán, montes do Testeiro, Serra do Faro de Avión), que ó frearen as perturbacións sudatlánticas fan aumenta-las precipitacións naquelas áreas (Terra de Montes, Mondariz, etc.). As horas de sol son unhas 2000.

d) Oceánico continental.

Engloba as áreas interiores de Galicia (Terra Chá, Chantada, Terra de Lemos, A Arnoia, A Limia, Monterrei, se ben a medida que se avanza cara ó sur, a continentalización vaille deixando paso á mediterraneización).

As temperaturas medias son de 12º a 14º con oscilación térmica de 13º a 15º, invernos fríos con abundancia de xeadas e un verán quente.

As precipitacións son próximas ós 900 mm e o número de horas de sol pode alcanzar valores entre 2.100 y 2.200.

e) Oceánico mediterráneo.

En ocasións, como no caso do Val do Ulla, introdúcense condicións climáticas doutras áreas. É o caso da mediterraneización que se observa nas Rías Baixas e que penetra polo Ulla ata as terras do Deza, creando un claro contraste co seu contorno continentalizado.

Así mesmo, nas terras sudorientais, nos vales do Miño medio e do Sil, encontrámo-las terras máis áridas de todo Galicia. A morfoloxía, xunto coa súa situación, orixinan unha forte mediterraneización. As temperaturas son altas, cunha media anual superior ós 14º froito dunha oscilación térmica preto dos 15º, cuns meses invernais moi fríos, no verán, quentes.

As precipitacións son as máis baixas do país e sitúanse entre 700-800 mm anuais, cunha concentración forte no outono-inverno e unha gran escaseza de choivas durante o verán. O número de días de choiva está preto de 110, e o número de horas de sol ascende a 2.500.

As inversións térmicas tamén aquí son frecuentes, co conseguinte aumento das xeadas e das néboas;

estas tamén sufriron un aumento considerable co encaramentado do Miño nos últimos anos.

Consecuencia de todo isto é a forte aridez a partir do mes de abril; o déficit de precipitacións acumulado exceda os 450 mm no mes de setembro.

Pode dicirse que Galicia, en vista do seu réxime de temperaturas e precipitacións, é un país de bosques, cunha ampla superficie de espacios naturais que hai que protexer.

As zonas de interese ecolóxico son as que se indican no anexo I.

II.2. Análise do risco. Vulnerabilidade. Zonificación do territorio.

Os elementos básicos nos que se basea a planificación son:

* Análise do risco.

* Vulnerabilidade.

* Zonificación do territorio.

II.2.1. Análise do risco.

O risco de incendios forestais defínese como a probabilidade de que se produza un incendio nunha zona.

Para efectuar unha análise de risco, que pode chegar a orixinar un incendio forestal, faise unha estimación do risco local de cada zona xeográfica, considerando as súas previsións meteorolóxicas.

Considéranse como zonas as provincias, comarcas e municipios.

A análise do risco realízase considerando tres índices:

II.2.1.1. Índices de frecuencia.

II.2.1.2. Índices de causalidade.

II.2.1.3. Perigosidade derivada do combustible forestal.

II.2.1.1. Índice de frecuencia.

Realízase calculando a media do número de incendios nunha zona determinada, para un período de tempo determinado.

1

I.f =R ni

a

f=Índice de frecuencia.

ni=nº de incendios.

a=nº de anos.

Este índice valórase segundo a escala seguinte:

If: valor.

1-2: baixo.

3-4: moderado.

5-6: alto.

7-10: grave.

II.2.1.2. Índice de causalidade.

É o índice que indica a causa máis frecuente que orixina incendios forestais en cada zona. Calcúlase asignando a cada causa un coeficiente de perigosidade (do 1 ó 10) e considerando a relación entre o número total de incendios, nun período de tempo determinado, e o número de incendios por cada causa no mesmo período de tempo.

O coeficiente de perigosidade considera a correlación de incendios que ten cada causa, considerando as condicións do monte iguais para todos.

O coeficiente de perigosidade valórase:

CpTipo causa

10Intencionado

5Neglixencia

4Descoñecido

1Raio

O índice de causalidade valórase:

ICValor

0-2Baixo

3-4Moderado

5-6Alto

7-10Grave.

II.2.1.3. Índice de perigosidade derivada do combustible vexetal.

Na perigosidade dos combustibles vexetais inflúen a especie predominante, o seu estado e acumulación.

Representa a importancia que a vexetación ten no cálculo de risco.

Determínase considerando o tipo de combustible que cobre cada superficie así como a probabilidade de ignición, combustión e propagación de cada un deles.

Segundo o U.S. Forest-Service, a perigosidade de cada combustible é:

CombustiblePerigosidade

Pasteiros10

Matogueiras10

Arborado5

Resto1

A perigosidade derivada do combustible forestal calcúlase relacionando a perigosidade de cada combustible coa superficie total en proporción coa superficie ocupada por cada un deles.

Valórase de acordo con:

PcValor

1-2Baixo

3-4Moderado

5-6Alto

7-10Extremo

Relacionando os tres índices, para cada zona calcúlase o risco local, o cal se valora de acordo con:

Grao de riscoÍndice de risco local

Baixo' 25

Moderado25 - 100

Alto100 -300

Grave) 300

Como o índice de risco local é proporcional ós tres compoñentes, se algún é baixo, o índice tamén o é.

II.2.2. Vulnerabilidade.

En función dos elementos vulnerables expostos para o efecto dos incendios forestais, faise unha análise cuantitativa das consecuencias dos incendios. Os elementos vulnerables considerados son persoas e bens tanto de natureza forestal como calquera outra.

Os valores xenéricos que hai que protexer son:

* Valores de protección para o risco das vidas.

* Valores de protección de instalacións e de zonas habitadas.

* Valores económicos.

* Valores de protección contra a erosión do solo.

* Valores de singularidade ecolóxica.

* Valores paisaxísticos.

* Valores do patrimonio histórico-artístico.

Para calcula-la vulnerabilidade, dáse un valor a cada un destes elementos vulnerables, sendo o prioritario o risco para a vida, zonas habitadas, valor ecolóxico e patrimoniais.

II.2.3. Zonificación do territorio.

Considerando os parámetros de índice de risco local e os valores que hai que protexer (vulnerabilidade), en especial a vida e a seguridade das persoas así como da cuantificación das previsibles consecuencias, e tendo en conta as condicións meteorolóxicas, dentro das zonas xeograficamente delimitadas, establécese unha zonificación, co fin de determina-la distribución territorial dos recursos dispoñibles, que permiten establece-las prioridades de defensa, en función do nivel de risco. Esta zonificación é variable en función da operatividade e necesidade do servicio tanto no espacio coma no tempo.

A zonificación actual indícase no anexo II.

II.3. Épocas de perigo.

Na Comunidade Autónoma de Galicia ó longo do ano considéranse tres tipos de épocas de perigo, tendo en conta distintos parámetros de evolución do risco e a vulnerabilidade:

-Época de perigo alto:

Na que o despregamento dos medios de detección e extinción deberá ser máximo, en función da avaliación do risco e a vulnerabilidade. Require a aplicación de medidas restrictivas e prohibitivas no uso do lume en terreos agrícolas e forestais. (Comprende os meses de xullo, agosto e setembro).

-Época de perigo medio:

Na que os medios de detección e extinción permanecerán en alerta, cun despregamento reducido. Aplicaranse medidas limitativas para o uso do lume

en terreos forestais ou agrícolas. Coincide cos meses de marzo, abril, maio, xuño e outubro.

-Época de perigo baixo:

Nos que non é preciso adoptar precaucións especiais e o despregamento de medios será o adecuado ó grao de risco previsto nas diferentes zonas. Coincide cos meses de xaneiro, febreiro, novembro e decembro.

En calquera destas épocas de perigo deberase considera-la posibilidade de situacións especiais, derivadas das condicións meteorolóxicas ou doutras circunstancias agravantes do risco, que obriguen á intensificación da vixilancia preventiva e á máxima utilización dos medios previstos.

En colaboración co Centro Meteorolóxico Territorial da Coruña (CMT-A Coruña) así como co Grupo de Predicción Meteorolóxica da Consellería de Medio Ambiente, elaboraranse os mapas de risco meteorolóxico a tempo real, que permitan establece-las condicións para unha graduación da alerta. Poderanse así mesmo con estes mapas, modifica-las datas das épocas de perigo cando se prevexan circunstancias meteorolóxicas que inflúan sobre o material combustible.

II.4. Clasificación dos incendios forestais segundo o seu nivel de gravidade potencial.

En función das condicións onde se desenvolve o incendio ou os incendios simultáneos, a extensión das masas forestais ameazadas, as condicións do medio físico e infraestructuras (devasas, rede viaria, reservas e puntos de auga, etcétera), as condicións meteorolóxicas reinantes (vento, temperatura, humidade relativa), as características da masa forestal, tendo en conta experiencias anteriores, así como considerando as situacións de perigo de persoas non relacionadas co incendio e de instalacións e infraestructuras fundamentais, realízase a seguinte previsión da gravidade potencial:

Nivel 0:

Referido a aqueles incendios que poden ser basicamente controlados cos medios de extinción previstos e que, aínda na situación máis desfavorable, non supoñen perigo para as persoas non relacionadas cos labores de extinción, nin para bens distintos ós da natureza forestal.

Nivel 1:

Referido a aqueles incendios que, podendo ser controlados cos medios previstos no plan especial, se prevé pola súa posible evolución, a necesidade da posta en práctica de medidas para a protección das persoas non relacionadas cos labores de extinción e dos bens distintos ós da natureza forestal que poidan verse ameazados polo lume.

Nivel 2:

Referidos a aqueles incendios nos que para a súa extinción se prevé a necesidade de que, por solicitude do director do plan, sexan incorporados

medios non asignados ó plan especial, ou poidan comportar situacións de emerxencia que deriven cara ó interese nacional.

Para a declaración do nivel 2, considéranse dúas situacións:

* 2.R-0. (Relacionado co nivel 0). Cando nun nivel 0, sexan necesarios medios non previstos no plan, pero que só estean en perigo bens forestais, e entón pasaríase directamente ó nivel 2.

* 2.R-1. (Relacionado co nivel 1). Cando, estando en nivel 1, sexan precisos medios non previstos no plan especial.

Nivel 3:

Referido a aqueles incendios nos que se considere que está en xogo o interese nacional, así sexan declarados polo Ministerio de Interior.

O plan especial apóiase nestes niveis de gravidade, utilizándoos como situacións de emerxencia para ordena-lo desenvolvemento do mesmo e encadra-la operatividade, fixando para cada un deles:

* Estructura activada e funcións que se van desenvolver.

* Operatividade.

* Medios e recursos que se utilizarán.

A clasificación inicial acerca da gravidade potencial dun incendio ou incendios simultáneos poderá variar de acordo coa evolución experimentada para estes.

II.5. Actuacións básicas.

No plan especial contémplanse unhas actuacións básicas en función do nivel de gravidade. Estas actuacións son as seguintes:

* Detección, aviso e extinción.

* Seguridade cidadá.

* Apoio sanitario.

* Evacuación e albergue.

* Información á poboación.

* Apoio loxístico.

6. Delimitación e compartimentación das zonas de intervención.

A delimitación da zona de intervención é conveniente nos lugares considerados de maior perigo, engadindo os núcleos habitados próximos que se poidan ver afectados.

A zona de intervención dividirase en zonas ou áreas circulares, máis ou menos paralelas entre si, de amplitude variable e adaptadas ás circunstancias e configuración do terreo.

Estas zonas son:

* Zona de extinción. Coincidente coa do incendio forestal.

* Zona de socorro. A máis inmediata á extinción, que a prolonga a retagarda.

* Zona base. A retagarda da anterior.

Segundo o aconsellen as circunstancias, as zonas de socorro e base poderán superpoñerse.

Os datos meteorolóxicos e o asesoramento do persoal técnico axudará a determina-la extensión destas zonas.

A zona de extinción é a de actuación directa e inmediata do grupo de extinción, con misións de extinción de incendios.

Na zona de socorro despréganse os medios e instálase o persoal que ten ó seu cargo o apoio inmediato ás operacións de extinción.

A zona base é o lugar do despregamento de medios pesados, desde a que se efectúa o apoio loxístico ós medios de intervención directa e onde teñen lugar as concentracións de persoas e materiais que se efec

túan de acordo co movemento de ámbolos sentidos, respecto á zona de extinción (evacuados, reforzos, etcétera).

Capítulo III

Contido do plan

III.1. Estructura e organización do plan.

A organización e estructura do plan realízase, de acordo co establecido no Platerga (Plan Territorial de Protección Civil de Galicia) xa que é o Plan Marco da Comunidade Autónoma de Galicia, así como o disposto na Directriz Básica de Protección Civil ante risco de incendios forestais.

A estructura xeral de planificación réxese polos seguintes principios: complementariedade das funcións asignadas a cada nivel de planificación; coordinación e asistencia entre as organizacións dos diferentes niveis; integrabilidade dos distintos niveis e coherencia organizativa na planificación territorial.

O esquema de estructura é polo tanto o seguinte:

A dirección do plan será diferente segundo o nivel de emerxencia determinado na base do plan. (Ver capítulo IV).

Na Comunidade Autónoma de Galicia, o nivel 0, a operatividade é competencia da Consellería de Medio Ambiente, a través da Dirección Xeral de

Montes e Medio Ambiente Natural (mediante el SDCIF Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais).

A citada dirección xeral elabora e planifica os manuais operativos e de intervención, que se materializa no Infoga (Plan de Incendios Forestais da

Comunidade Autónoma de Galicia); este revísase e actualízase cada ano, actualizándoo e, se é o caso, modificándoo a Consellería de Medio Ambiente.

Cando haxa en xogo bens que non sexan de orixe forestal ou perigo para persoas non implicadas na extinción e se prevexa o paso a un nivel superior ó nivel 0, é a dirección xeral con competencias en materia de protección civil da Xunta de Galicia en colaboración coa Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, quen dirixe e coordina o plan nun comité de dirección, aínda que á fronte da extinción sempre se manteñen os técnicos dependentes da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

III.2. Dirección do plan.

A dirección do plan no nivel 0 correspóndelle a un representante da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, que é o órgano competente da xestión da emerxencia.

A dirección nos niveis 1 e 2.R-1 correspóndelle a un comité de dirección, formado por:

Un representante do órgano con competencias en materia de protección civil da Xunta de Galicia, que exercerá a dirección e coordinación.

Un representante da Consellería de Medio Ambiente.

O/os alcalde/s de/os concello/s afectado/s.

No nivel 2R-1, se as circunstancias o aconsellan, por petición da Administración autonómica de Galicia, pode incorporarse un representante da Administración xeral do Estado en Galicia.

No nivel 2.R-0, a dirección corresponde a un comité de dirección formado por:

Un representante da Consellería de Medio Ambiente, que exercerá a dirección e coordinación.

O/os alcalde/s do/s concello/s afectado/s.

Por petición do representante da Administración autonómica, se as circunstancias o aconsellan, pode incorporarse un representante da Administración xeral do Estado en Galicia.

No nivel 3, o comité de dirección está formado por:

* Un representante da Comunidade Autónoma de Galicia.

* Un representante do Ministerio de Interior.

III.2.1. Funcións básicas da dirección do plan.

Son funcións da dirección do plan:

* Activa-lo plan.

* Declara-las situacións e niveis de emerxencia establecidos no plan.

* Decidir en cada momento as actuacións máis convenientes para combate-los incendios producidos e para a aplicación de medidas de protección á poboación e ó ambiente, así como ós bens e persoas que interveñen na emerxencia.

* Precisar e coordina-la información á poboación, así como a información xeral sobre a situación.

* Establecer un Cecop (Centro de Coordinación Operativo) e, se é o caso, un Cecopi.

* Determina-la desmobilización de medios e recursos.

* Garanti-los enlaces cos outros niveis do plan e, se é o caso; a información coa Delegación do Goberno en Galicia.

* Asegura-lo mantemento do plan na Comunidade Autónoma de Galicia ante o risco de incendios forestais.

* Declara-lo fin da emerxencia.

III.2.2. Comité Asesor.

Para asistir á dirección do plan nos niveis 1 e 2 constituirase, se a dirección o estima oportuno, o comité asesor que dependerá directamente dela.

Este estará formado por:

* Os xefes dos grupos operativos.

* Un representante por cada un dos concellos afectados.

* Un representante do Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia.

* Un representante do órgano con competencias en materia de protección civil da Xunta de Galicia.

* Un ou varios representantes do Comité Autonómico de Protección Civil ou do/s Comité/s Provincial/Provinciais de Protección Civil.

* Un ou varios representantes da Comisión Galega do Risco de Incendios.

* Un representante da unidade de Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia. En diante Upa.

Tamén, a requirimento do comité de dirección, poderán formar parte do comité asesor ata tres representantes da Administración xeral do Estado, preferentemente dos Servicios de Protección Civil, Forzas Armadas e Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

Así mesmo, poderán integrarse no comité asesor aquelas persoas expertas que considere oportuno a dirección do plan.

A dirección do plan poderá convoca-la totalidade dos membros do Comité Asesor, ou aqueles que estime oportunos.

III.2.3. Director de extinción.

Debe posuír amplo coñecemento da loita contra incendios, medios, técnicas de extinción e procedemento operativo.

As súas funcións son:

* Dirixi-la extinción e velar pola seguridade, cumprindo e facendo cumpri-las normas establecidas.

* Facerse cargo e coordinar tódolos medios de extinción que acoden ó lume.

* Control das horas de incorporación e retirada dos medios de extinción, reflectíndoo nun parte.

* Solicitar da Xefatura do Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais ou do centro de coordinación correspondente, os reforzos que estime necesarios.

* Comunicarlle á Xefatura do Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais ou ó centro de coordinación se hai perigo de que o lume poida levar consigo un cambio de nivel do plan.

III.2.4. Cecop-Cecopi.

O Centro de Coordinación Operativo é o órgano onde se recibe toda a información do suceso e onde se determinan, dirixen e coordinan as accións que se van executar.

É o órgano de traballo do director do plan, tanto para a coordinación a distintos niveis como para a actuación e xestión de recursos e medios.

O Cecop (nos niveis superiores ó cero), situarase no Cecop-Galicia (112 SOS Galicia) ou se, se é o caso, no Centro de Coordinación Provincial do Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais, segundo o nivel de emerxencia.

No caso de formarse un Cecopi, situarase no Cecop-Galicia (112 SOS Galicia) garantindo este a comunicación permanente cos membros do Comité de Dirección.

O Cecop conta con capacidade para manexar un sistema integrado de: informática, telefonía, radioeléctrica e magnética, e dispón dos recursos humanos para o seu correcto funcionamento.

O Cecop é, así mesmo, o centro receptor de alarmas e de todas aquelas informacións nas que o director do plan se apoia para a súa toma de decisións.

O Cecop está formado por:

Cecop

Sala de control de operativos (Sacop)Centro de Información (Cin)

Centro de Transmisións (Cetra)Posto de Mando Avanzado (Pma)

Se houbese que mobilizar medios non previstos no plan, isto farase a través do Cecop, conforme as normas establecidas no plan estatal.

III.2.5. Posto de Mando Avanzado.

O Posto de Mando Avanzado é o órgano de traballo in situ dos directores técnico e de coordinación da emerxencia nos niveis 1 e 2. É o que coordina e dirixe a extinción, así como as accións dos diferentes grupos de acción que interveñen no incendio.

O Posto de Mando Avanzado, disporá dun sistema de comunicacións permanente co Cecop e cos responsables dos grupos de acción intervenientes.

Segundo o nivel de gravidade declarado, poderá estar constituído por:

* Representante/s de/os concello/s afectado/s.

* Representante do SDCIF da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

* Representante do órgano con competencias en materia de protección civil da Xunta de Galicia.

* Responsables doutros servicios actuantes, incluídos os corpos e forzas de seguridade do Estado.

* Representantes dos grupos de acción.

As súas misións son:

* Análise de conxunto e continuado do sinistro.

* Dirección e control das accións de extinción no incendio.

* Coordinación das actuacións dos diferentes grupos de acción.

As súas funcións clasifícanse en:

* Executiva: encargándose de transforma-las directrices emanadas da dirección en accións concretas que desenvolverán os grupos de acción.

* Coordinadora: nas funcións de desenvolvemento autónomo por parte dos grupos de acción, encargándose de evitar duplicidades.

* Directiva: como máximo representante da dirección no lugar do incendio é o responsable das persoas implicadas na extinción.

III.2.6. Gabinete de información.

O Centro de Información (Cin) é o lugar onde se recibe e desde onde se difunde toda a información relacionada co incendio.

Depende directamente do director do plan especial.

As súas funcións son:

* Centralizar, elaborar e transmiti-las informacións recibidas da dirección do plan especial ás poboacións ou núcleos de poboación afectados.

* Centralizar, coordinar e prepara-la información xeral sobre a emerxencia e facilitala ós medios de comunicación social.

* Manter, centralizar e facilitar toda a información relativa a posibles afectados, facilitando contactos familiares e a localización do persoal.

* Efectua-las notificacións ás autoridades determinadas pola dirección do plan especial.

* Informar sobre a emerxencia ás persoas ou organismos que o soliciten.

Os mecanismos para facilita-la información basearanse nos medios de comunicación social, promovendo protocolos e convenios que garantan ante a emerxencia unha boa difusión das mensaxes dirixidas á poboación de forma permanente.

Os avisos reunirán estas características:

* Exactitude.

* Claridade.

* Concisión.

Os seus membros determinaraos en cada caso o director do plan especial ou comité de dirección constituído en cada un dos niveis de gravidade potencial.

III.3. Grupos de acción.

Para a execución da acción prevista no Plan de Protección Civil de Emerxencias por Incendios Forestais nos niveis 1 e 2.R-1, constitúense os seguintes grupos de acción:

* Grupo de primeira intervención.

* Grupo de seguridade.

* Grupo sanitario.

* Grupo de apoio loxístico.

* Grupo de transmisión.

-Grupo de primeira intervención.

Constitúeo o conxunto de medios materiais e humanos que teñen como actuación principal as operacións de extinción. As distintas unidades actúan baixo o seu mando natural e todas baixo a dirección do responsable do grupo.

Son funcións deste grupo:

* Avaliar, reducir e extingui-lo incendio forestal.

* Rescate e salvamento de persoas ameazadas polo incendio forestal.

* Así mesmo, as funcións relativas á detección e aviso son:

* Descubrir novos focos ou indicios de posibles incendios forestais.

* Localizar xeograficamente os ditos focos.

* Comunicar rápida e eficazmente a información obtida ó Cecop, achegando datos sobre a natureza do incendio, estado atmosférico e posible evolución da situación.

-Grupo de seguridade.

Intégrano os membros de Policía Local, Upa e/ou forzas da seguridade do Estado (Garda Civil fundamentalmente), e as súas funcións son:

* Seguridade cidadá.

* Control de accesos e regulación do tráfico.

* Control do desprazamento dos medios de extinción ás zonas indicadas polo director da extinción.

* Cooperar nos avisos á poboación que poida verse ameazada polo incendio.

-Grupo sanitario.

Cando a situación o requira ou aconselle, constituirase o grupo sanitario, coas funcións seguintes:

* Atención de accidentados e feridos.

* Coordinación de posibles traslados a centros sanitarios.

-Grupo de apoio loxístico.

* Ten como función a provisión de tódolos equipamentos e subministracións necesarios para as actividades de extinción e aquelas outras que sexan consecuencia da evolución do incendio.

* Son accións de apoio loxístico o abastecemento e transporte, e en xeral, todo o relacionado coa área loxística.

-Grupo de transmisión.

* Ten como función a provisión de medios de comunicación entre tódolos grupos operativos e de dirección do plan, garantindo en cada momento unha idónea transmisión de datos e unha perfecta comunicación.

III.4. Organismos e entidades participantes.

Os organismos e entidades que teñen intervención neste plan pertencen a:

* Administración xeral do Estado.

* Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

* Administración local.

* Entidades públicas e privadas.

A súa participación no plan especial depende dos niveis de emerxencia declarados e en cada un deles descríbese a súa participación.

III.5. Operatividade.

A operatividade defínese como o conxunto de procedementos, previamente planificados, que permiten a posta en marcha do plan especial para acada-los seus obxectivos.

A planificación dos procedementos inclúe:

* Situacións de alerta. Detección do incendio e proceso de alarma.

* Avaliación do incendio. (Niveis de actuación).

* Ataque e extinción. (Procedemento operativo).

* Seguridade.

* Sanitario.

* Apoio loxístico.

* Medidas de protección da poboación.

Cada unha destas accións pódese concretar en:

-Detección do incendio e proceso de alarma.

A detección de incendios forestais debe caracterizarse en primeiro lugar pola prontitude e a pre

cisión na identificación da zona afectada e, en segundo lugar, pola urxente transmisión da alarma.

Na Comunidade Autónoma galega, estas accións realízanse a través dos medios e recursos da Consellería de Medio Ambiente, por medio dunha rede de vixilancia e outros medios e recursos físicos dispoñibles, que se establecen no nivel 0.

-Avaliación do incendio.

A avaliación do incendio será permanente e realizarase co seguimento das actuacións dos medios de que se dispón, as medidas que se foron aplicando e os prognósticos meteorolóxicos que afectan o seu desenvolvemento. Consecuencia desta avaliación, será a determinación de incorporar novos medios que se empregarán ou accións que se executarán para o control do incendio.

-Ataque e extinción.

Comprende as accións executadas no combate dun incendio para conte-lo seu avance, controlalo e extinguilo.

Ante a existencia dun incendio, o pronto ataque ou primeira intervención será efectuada polo grupo de extinción máis próximo ó lugar do sinistro no nivel 0, ou de primeira intervención nos niveis 1 e 2.R-1.

Unha vez extinguido o incendio, sempre que sexa necesario, estableceranse reténs de prevención, para evita-la reignición, de acordo coa gravidade do risco. Nestes reténs poderá incorporarse persoal voluntario e, en especial, voluntarios de Protección Civil.

-Seguridade.

Son accións de seguridade propiamente ditas:

* Seguridade cidadá.

* Control de accesos.

* Conducción dos medios de extinción á zona de intervención.

* Cooperar cos seus medios nos avisos á poboación que poida verse afectada.

-Sanitario.

As actuacións que corresponden ó dispositivo médico sanitario establecido no plan para:

* Atención de accidentados e feridos.

* Coordinación de posibles traslados a centros sanitarios.

-Apoio loxístico.

Provisión de tódolos equipamentos e subministracións necesarios para as actividades de extinción e aquelas outras que sexan consecuencia do desenvolvemento do incendio.

* Abastecemento.

* Transporte.

* Recrutamento de voluntarios.

E, en xeral, todo o relacionado coa área loxística.

Medidas de protección á poboación.

* Evacuación e albergue.

* Información á poboación.

A información á poboación é de dous tipos:

Aquela información tendente a avisa-la poboación para que adopte, se fose necesario, medidas de protección, co obxecto de adecua-la súa conducta ó previsto no plan.

Para a execución destes avisos utilízanse campás, sirenas, megafonía fixa e móbil e os medios de comunicación social, fundamentalmente, a radio e a televisión.

Este tipo de información é o que se considera como medida de protección.

Información do suceso ó público en xeral que realiza o Gabinete de Información a través dos medios de comunicación social.

-Sistemas de coordinación.

No desenvolvemento da operatividade establécese, para cada unha das situacións que establece o plan especial, a quén corresponde e cómo se realiza a coordinación, tanto para a aplicación en tempo e lugar oportuno dos distintos medios empregados, como para a actuación das distintas organizacións nos distintos niveis de planificación.

III.6. Integración no plan da Comunidade Autónoma dos plans de ámbito municipal/comarcal.

Os concellos ou mancomunidades de concellos conforme se recolle no Platerga e na directriz básica de planificación de Protección Civil de emerxencia por incendios forestais elaborarán un plan de actuación de ámbito municipal/comarcal (PAM) de emerxencia por incendios forestais.

En Galicia, en función dos riscos forestais os concellos desta comunidade, se é o caso, bisbarras ou mancomunidades, deben realizar un plan de actuación de ámbito municipal (PAM) polo risco de incendios forestais.

Tódolos concellos de Galicia, ó seren de alto risco de incendios forestais, deberán elabora-lo seu plan de actuación municipal (PAM).

Estes plans (PAM) deberán ser susceptibles de integración no plan especial da Comunidade Autonómica de Protección Civil de emerxencia por incendios forestais.

Para a súa integración debe dispor dunha estructura organizativa e operativa similar ó plan especial, así como un contido mínimo.

Para a integración deberá seguirse a seguinte interfacse:

Cando nun incendio forestal de ámbito municipal, se prevexa pola súa evolución que poida tomar proporcións que excedan este ámbito territorial, o director do plan, deberá pólo en coñecemento das autoridades autonómicas; isto farase a través do 112

SOS-Galicia, quen o transmitirá segundo o procedemento operativo establecido ás autoridades correspondentes e ó director do plan especial a nivel autonómico.

Se no Comité Asesor do Plan de Actuación Municipal (PAM) de emerxencia por incendios forestais se atopase integrado un representante da Comunidade Autónoma, sería a través deste como se faría a comunicación ó nivel autonómico.

Cando un plan de actuación de ámbito local se integre no autonómico, o seu director pasará a integrarse no comité de dirección e tódolos medios que estivesen actuando a este nivel se integrarían nos correspondentes grupos de acción a nivel autonómico.

O contido mínimo que deben dispo-los plans de actuación municipal/comarcal indícase posteriormente no punto III. 9.

III.7. Aprobación e homologación do plan especial.

Unha vez elaborado o Plan Especial de Emerxencia de Protección Civil por Incendios Forestais, este remitirase á Comisión Galega de Protección Civil, para o seu informe, conforme a normativa vixente.

Cando a Comisión Galega de Protección Civil emita informe favorable, o órgano competente da Administración autonómica de Galicia, se é o caso, procederá á súa aprobación. Posteriormente remitirase á Comisión Nacional de Protección Civil para que se leve a cabo a súa homologación. Unha vez homologado, o plan será publicado no Diario Oficial de Galicia.

As posteriores modificacións e adaptacións do presente plan especial levaranse a cabo seguindo as etapas indicadas anteriormente, a excepción da homologación da Comisión Nacional de Protección Civil, que se levará a cabo se así o decidise a Comisión Galega de Protección Civil ou o órgano competente da Administración autonómica de Galicia.

III.8. Medios e recursos.

Os medios e recursos empregados no plan especial son tódolos pertencentes ós organismos intervenientes e os recollidos no Platerga tanto propios como asignados ó Plan Territorial de Protección Civil de Galicia (Platerga).

Segundo o nivel de gravidade consideraranse adscritos a este plan especial medios e recursos pertencentes a outras administracións públicas e privadas, mobilizándose segundo o previsto no Platerga, así como os que a Administración xeral do Estado puidera adscribir ó abeiro da Resolución do 4 de xullo de 1994 do Ministerio de Xustiza e Interior.

A adscrición de determinados medios do plan especial levarase a cabo mediante a sinatura de protocolos e convenios de colaboración e/ou cooperación, se é o caso.

A catalogación de medios e recursos realizarase conforme o indicado no artigo 78 do Decreto 56/2000, do 3 de marzo.

9. Contido mínimo dos plans de actuación de ámbito municipal/comarcal (PAM).

Os plans de actuación de ámbito municipal/comarcal de emerxencia por incendios forestais deberán ter un contido mínimo no que se establecerán a organización e o procedemento de actuación dos medios e recursos de titularidade local e os que puideran ser asignados a ese plan procedentes doutras entidades públicas ou privadas.

Nos plans de actuación de ámbito municipal/comarcal integraranse os plans de autoprotección de empresas, núcleos de poboación illados, urbanizacións, cámpings, etc., que estivesen situados no ámbito territorial do plan. Estes plans incluiranse como anexos do plan de ámbito local (PAM). As directrices para a súa elaboración inclúense como anexo a este plan (anexo VI).

O contido mínimo destes plans (PAM) será de:

* Descrición do ámbito territorial e definición do obxecto, obxectivos e fin do plan.

* Descrición territorial poñendo de manifesto a delimitación xeográfica, distribución da masa forestal e núcleos de poboación, urbanizacións, lugares de acampamento e industrias existentes na zona.

* Sinalización de accidentes xeográficos con relación e información expresa das zonas de interese natural ou protexidas, ecosistemas máis significativos e descrición de calquera zona de protección ecolóxica que destacar.

* Descrición e localización de infraestructuras de apoio para labores de extinción como vías de comunicación, pistas, camiños forestais e devasas, abastecementos de augas, zonas de aterraxe de helicópteros, así como aquelas infraestructuras que se utilizarán en operacións de emerxencia.

* Zonificación do territorio en función do risco e as consecuencias previsibles dos incendios forestais.

* Delimitar áreas de intervención e despregamento de medios e recursos.

* Preve-la estructura organizativa e os procedementos para a intervención en emerxencias por incendios forestais, dentro do territorio do concello, con asignación das funcións que desenvolverán polo persoal comprendido na citada estructura organizativa.

* Preve-los procedementos operativos, en relación coa alarma, actuacións previas á constitución do mando do posto avanzado e actuacións posteriores.

* Preve-la organización de grupos locais de pronto auxilio (GLPA) para a loita contra incendios forestais, nos que poderá quedar encadrado o persoal voluntario e fomentar e promove-la autoprotección.

* Especifica-los procedementos de información da poboación.

* Catalogación dos medios e recursos específicos para a activación da operatividade prevista.

Os plans municipais/comarcais (PAM) conforme a normativa vixente, serán aprobados polos órganos competentes das corporacións locais e homologados pola Comisión Galega de Protección Civil.

Capítulo IV

Aplicación do plan especial en función das situacións contempladas (niveis de gravidade).

IV.0. Niveis de gravidade.

Os niveis de gravidade que se determinaron nas bases do plan constitúen as situacións de emerxencia nas que se encontra a operatividade deste e polos que se determina a estructura que hai que activar, as accións que se executarán e os medios empregados en cada unha delas.

A situación de nivel 0 contémplase cando un incendio forestal soamente afecta bens forestais ou persoas implicadas na extinción.

Na Comunidade Autónoma galega a operatividade neste nivel é responsabilidade da Consellería de Medio Ambiente, sendo a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural a que desenvolven o plan de actuacións neste nivel, tanto na fase preventiva, como na operativa.

Considérase nivel 1, cando, ademais, de bens forestais e persoais implicadas na extinción, hai risco para persoas e bens de natureza non forestal.

De acordo con esta definición da directriz para o que se considera un lume de nivel 1, pode darse o caso de que aínda que na provincia haxa varios focos de lume, soamente un deles pode supoñer un risco para persoas ou bens de natureza non forestal (é dicir de nivel 1 ou superior; o resto será de nivel 0).

Polo tanto, considérase que pode darse o caso de que de forma simultánea na mesma provincia se produzan focos de nivel 0, 1 e incluso de nivel 2 ó ser necesario utilizar medios non asignados ó plan especial.

É por iso que se considera dentro da operatividade deste plan especial este suposto dos diferentes niveis de forma simultánea.

A operatividade do nivel 0, é asumida pola Consellería de Medio Ambiente; considérase agora a interface que permitiría o paso deste nivel de emerxencia ó seguinte e, polo tanto, a declaración de nivel 1.

Interface:

Cando un foco de lume de nivel 0 ten posibilidade, pola súa evolución, de pasar a constituír risco para persoas ou bens de natureza non forestal, o director de extinción a nivel 0 alertará, a través do Centro de Coordinación Provincial da Consellería de Medio Ambiente ou, se é o caso, a través do Cecop-Galicia (112 SOS Galicia), ó comité de dirección previsto para os niveis superiores.

Para iso comunicáraselle a alarma ó xefe provincial do Servicio de Defensa Contra Incendios, e ó xefe de Servicio Provincial de Protección Civil, os cales

o transmitirán os compoñentes do comité de dirección, que, pola súa vez, decidirán, se fose necesario, a declaración de nivel 1 ou superior.

Simultaneamente á comunicación da situación de alerta ó comité de dirección, comunicarase esta ó/ós concello/s afectado/s, por se se derivara ó nivel 1.

En calquera caso, terase en conta que o alcalde, como xefe local de Protección Civil, estará formando parte do comité de dirección.

IV.1. Nivel de gravidade 0.

IV.1.1. Estructura activada e funcións no nivel de gravidade 0.

Cando os servicios de vixilancia, ou outros medios (particulares, entidades, asociacións, institucións públicas ou privadas, etc.) dan aviso de que existe un foco de lume forestal e/ou cando os servicios de defensa contra incendios forestais (SDCIF) dan saída cara a un sinistro ós medios de extinción, declárase a situación de gravidade nivel 0 e actívase o plan, neste nivel (Infoga).

IV.1.2. Dirección do plan en nivel de gravidade 0.

A dirección neste nivel asúmea un representante da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

Segundo o nivel de gravidade do incendio e a xuízo do director do Plan Infoga, podería crearse un comité de dirección do que formarían parte os alcaldes dos concellos afectados.

Cecop (Centro de Coordinación Operativo).

Se o director do Plan Infoga o estima conveniente, pode ser activado no nivel de distrito ou no nivel provincial, en función da gravidade do incendio.

A través do Cecop, solicitaranse os medios e recursos que estime necesarios, a dirección do plan.

A nivel autonómico no nivel de gravidade 0 créase un Centro de Coordinación autonómico.

-Grupo de extinción.

Estará formado polos medios de extinción enviados ó punto, e, se é o caso, polos medios aéreos situados na Comunidade Autónoma ou solicitados á Administración xeral do Estado.

Tamén formarán este grupo os medios de extinción propios do municipio, grupos locais de pronto auxilio, servicio municipal de protección civil, e outros servicios que participen directamente na extinción.

A xefatura da extinción, segundo o nivel de gravidade do incendio, teraa o xefe de zona ou o xefe de distrito.

-Posto de Mando Avanzado.

Estará situado na zona onde se produce o incendio ou próximo a este. Formarán parte del os responsables dos grupos operativos, coordinados polo director da extinción.

-Grupo de seguridade.

Este grupo estará formado pola Policía Local, Upa Garda Civil e, se é o caso caso, a Policía Nacional. O xefe do grupo integrarase no Posto de Mando Avanzado.

-Grupo sanitario.

Se fose necesario constituír este grupo, que a maioría das veces non o será neste nivel, por estar só en perigo bens de natureza forestal, integraranse nel os sanitarios locais, coordinados a través dos servicios de Urxencias Sanitarias 061.

-Grupo de apoio loxístico.

Constitúese a nivel Cecop que é onde se van mobilizar-los medios e apoios necesarios para a extinción e que serán requiridos polo PMA.

IV.1.3. Operatividade na situación 0.

As actuacións relativas á operatividade son:

* Detención do incendio e proceso de alarma.

* Avaliación do incendio.

* Ataque e extinción.

* Seguridade.

* Sanitario.

* Apoio loxístico.

* Medidas de protección.

* Sistemas de coordinación.

IV.1.4. Actuacións básicas no nivel de gravidade 0.

Son desenvolvidas pola Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, e executadas pola Subdirección Xeral de Defensa contra Incendios Forestais a través do SDCIF e a Administración local. Contempla as actuacións básicas seguintes:

a) Detección, aviso e extinción. A detección e aviso efectuaraa fundamentalmente a Rede de Vixilancia e Rede de Transmisións. A extinción polos medios propios das SDCIF, os dos concellos e os facilitados pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, en diante DXCN. Polos concellos participarán cuadrillas municipais de extinción de incendios, vehículos motobombas e Grupos de Pronto Auxilio (GLPA) procedentes das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, coordinados polo SDCIF e de acordo coas normas e procedementos dictados pola Subdirección Xeral de Defensa contra Incendios Forestais.

b) Apoio loxístico. Ós medios de extinción indicados anteriormente.

c) Apoio sanitario. Ó persoal implicado na detección e extinción.

No nivel de gravidade 0 non proceden as actuacións sobre evacuación e albergue e información da poboación xa que non hai perigo para as persoas non implicadas na extinción, nin os bens de natureza non forestal.

IV.1.5. A coordinación no nivel de gravidade 0.

A coordinación no SDCIF.

* Entre provincias:

-Polo Centro de Coordinación Central.

* Entre distritos:

-Polo Centro de Coordinación Provincial.

-Durante os lumes, polo Centro de Coordinación Provincial e, en todo caso, polo xefe provincial.

* Nos núcleos de reserva ou bases:

-Polo Centro de Coordinación Provincial.

* No distrito:

-Polo Centro de Coordinación de Distrito.

* Na zona do incendio:

-Polo director de extinción.

A coordinación na Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

Durante as épocas de perigo medio e baixo, como norma xeral, a coordinación levarase a cabo a través do xefe provincial de Incendios, segundo as directrices da Dirección Xeral de Montes e MAN.

Na época de perigo alto e durante a extinción, a coordinación levaraa a cabo o Centro de Coordinación Central.

Coa debida antelación ó comezo da época de perigo alto, e mediante a correspondente circular, a Dirección Xeral de Montes e MAN poderá adscribir en caso necesario ós distritos persoal e medios dos servicios provinciais de Medio Ambiente Natural para completa-la dotación na dita etapa. Os medios humanos e materiais agregados dependerán para tódolos efectos do SDCIF, durante todo o tempo de adscrición.

Coordinación xeral.

A coordinación na loita contra incendios forestais no nivel 0 corresponde ó Comité Galego de Defensa dos Montes Contra Incendios Forestais presidido por:

* Presidente da Xunta de Galicia.

* Delegado do Goberno en Galicia.

Vicepresidente:

* Conselleiro de Medio Ambiente.

Coordinación coa Administración Xeral do Estado.

Para incendios do nivel 2R-0.

Considérase este nivel de gravidade cando un incendio forestal no que o nivel de gravidade é cero, é dicir, que soamente están en perigo bens de orixe forestal, necesítanse empregar medios non contemplados no plan especial para nivel 0.

Neste caso o director do plan especial neste nivel solicitará a organismos correspondentes e polas can

les previstas para o efecto (protocolos, convenios, etc.) os medios que se necesiten para a extinción e control do incendio.

A coordinación con Protección Civil.

A coordinación con Protección Civil, no nivel de gravidade 0, levarase a cabo tal como se indica a continuación.

Cando non exista perigo para persoas alleas á extinción ou bens de natureza non forestal, realizarase a coordinación con Protección Civil, para a petición de apoio de voluntarios de Protección Civil non integrados nos Grupos Locais de Pronto Auxilio (GLPA).

A petición faraa a xefatura ou centro de coordinación provincial do SDCIF, segundo época do perigo, ó xefe de Servicio Provincial de Protección Civil, a través da Central de Emerxencias 112 SOS-Galicia.

As solicitudes de intervención dos grupos de pronto auxilio efectuarase a través dos concellos, polos xefes de distrito forestal.

A coordinación coa DXCN.

* Subdirección Xeral de Defensa contra Incendios Forestais/ Unidade Territorial en Galicia da DXCN.

* Centro de Coordinación Central/ Centro de control da DXCN na Lavacolla (Santiago de Compostela).

A coordinación cos concellos, mancomunidades e comunidades de montes veciñais.

A xefatura de distrito forestal cos alcaldes ou concelleiros delegados de incendios forestais, e o presidente da mancomunidade ou persoa delegada.

A coordinación co Servicio de Salvamento e Vixilancia da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

A través da central de emerxencias, 112 SOS-Galicia.

A coordinación coa Upa e Garga Civil.

Levarase a cabo de acordo coas directrices que determine o Comité de Coordinación Policial Antiincendios na loita contra incendios forestais e cos protocolos establecidos entre a Consellería de Medio Ambiente e os mandos da Policía e Garda Civil no Plan de Investigación.

IV.1.6. A estructura organizativa do SDCIF.

A estructura organizativa segundo as distintas épocas de perigo constitúese dentro da organización en dúas estructuras, ambas sobre base territorial.

Durante a época de perigo medio e baixo.

Estructura xerárquica en Dirección Xeral de Montes e MAN, Subdirección Xeral de Defensa Contra Incendios Forestais, Xefatura do Servicio de Incendios, xefaturas provinciais e xefaturas de distrito forestal.

Durante a época de perigo alto.

Dirección:

* Dirección Xeral de Montes e MAN.

* Subdirección Xeral do SDCIF.

* Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais.

* Xefaturas provinciais do Sdcif.

Unidades organizativas.

* Subdirección Xeral de Defensa contra Incendios Forestais:

* Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais.

* Centro de Coordinación Central.

Xefatura Provincial do SDCIF da Coruña:

* Centro de Coordinación Provincial.

* Centros de Coordinación de distrito.

* Núcleos de reserva provinciais.

Xefatura Provincial do Sdcif de Lugo:

* Centro de Coordinación Provincial.

* Centros de Coordinación de Distrito.

* Núcleos de reserva provinciais.

Xefatura Provincial do SDCIF de Ourense:

* Centro de Coordinación Provincial.

* Centros de Coordinación de Distrito.

* Núcleos de reserva provinciais.

Xefatura Provincial do SDCIF de Pontevedra:

* Centro de Coordinación Provincial.

* Centros de Coordinación de Distrito.

* Núcleos de reserva provinciais.

IV.1.7. O organigrama.

A continuación indícanse os organigramas que reflicten as unidades organizativas, a súa coordinación e os distintos niveis xerárquicos.

Estructura orgánica.

O Decreto 482/1997, do 30 de decembro, establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, tomando como base os decretos 347/1997, do 9 de decembro, e 351/1997, do 10 de decembro, que establecen a estructura orgánica da Xunta de Galicia e os distintos departamentos desta.

IV.1.8. Designación de misións.

A designación de misións a cada participante no plan recóllense no anexo V.

IV.1.9. Procedemento operativo.

A descrición do procedemento operativo recóllese no anexo VII.

IV.2. Nivel de gravidade 1.

A dirección do plan a nivel 1 estará constituída por un comité formado por:

* Delegado provincial da consellería con competencias en materia de protección civil.

* Delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente.

* O/s alcalde/s de/dos concello/s afectado/s.

A declaración do nivel 1, farase do seguinte xeito:

Cando pola evolución do incendio e considerando os diversos factores que poden influír nel, se prevexa que o incendio poida derivar en emerxencia de nivel 1, no que están en risco bens de natureza non forestal, tal como se contempla no presente plan e na directriz básica, o xefe de extinción a nivel cero, comunicará esta situación ó xefe provincial do SDCIF e ó xefe de Servicio Provincial de Protección Civil, procedéndose seguidamente a alerta-los alcalde/s dos concellos previsiblemente afectados.

Así mesmo, alertaranse o delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente e ó delegado provincial da consellería con competencias en materia de protección civil.

Se a evolución do incendio segue sendo desfavorable a petición do alcalde ou alcaldes ou dos delegados provinciais constituirase o comité de dirección, o cal unha vez constituído declarará o nivel 1.

No caso dun só foco o comité constituirase no concello afectado, no suposto de que en máis dun foco de lume se dera o nivel 1, os delegados provinciais da consellería con competencias en materia de protección civil e medio ambiente, instalaranse no Centro de Coordinación Provincial de Defensa Contra Incendios, mantendo un contacto directo e continuado co/s alcalde/s do/s concello/s afectado/s.

O xefe de extinción do nivel 0 manterá as súas funcións no nivel 1 e terá informado a tempo real o Comité de Dirección.

O nivel de gravidade 1 finaliza cando o comité de dirección declara o final da emerxencia, e o seu paso a nivel 0 ou cando é necesario declarar un nivel superior.

IV.2.1. Estructura e funcións no nivel 1.

A dirección asúmea o Comité de Dirección; se este o considera oportuno, constitúese o comité asesor, que se indica no punto III.2.2

IV.2.2. Centro de coordinación operativo (Cecop).

O Cecop, é o Centro de Coordinación Operativo e as súas funcións son as recollidas no Platerga.

O Cecop está situado no Cecop Galicia (112 SOS Galicia) ou, se é o caso, no Cecop Provincial de Protección Civil ou no Centro de Coordinación Provincial de Defensa Contra Incendios correspondente, segundo o indique a dirección do plan.

A súa función é o diagnóstico sobre as accións de control que hai que poñer en marcha para combate-lo incendio, así como a xestión dos medios e recursos que teñan que ser mobilizados.

IV.2.3. Posto de Mando Avanzado (PMA).

O posto de mando avanzado, formarao o director técnico da extinción, (que é o xefe provincial de SDIF) e polo director técnico de coordinación (que é o xefe de Servicio Provincial de Protección Civil), ou persoas en quen deleguen e estará apoiado fundamentalmente polo xefe da extinción.

As funcións do posto de mando avanzado son:

* Comunicarlle ó Comité de Dirección do plan a evolución do incendio.

* Solicitar ó Cecop os medios que lle sexan requiridos polos distintos grupos operativos.

* Determina-los obxectivos e prioridades encamiñadas a consegui-la extinción, comunicándollelos tanto ó Comité de Dirección, como ós xefes dos grupos intervenientes.

* Determinar qué grupos operativos deben constituírse e actuar.

* Determina-lo número e distribución de reténs, unha vez extinguido o incendio.

* O Posto de Mando Avanzado, situarase no lugar máis próximo ó incendio, que dispoña dos medios técnicos de comunicación necesarios. De ser posible, sempre se situará nunha dependencia da Xunta de Galicia.

IV.2.4. Grupo de primeira intervención.

Este grupo continuará coas misións que tiña no nivel 0, pero incorporando os medios materiais e humanos correspondentes ó nivel 1.

Actuarán de acordo coas instruccións que reciban do xefe do grupo.

As súas funcións son:

* Intervención para sufocar, controlar ou conte-lo incendio.

* Proceder á axuda a persoas afectadas polo incendio.

* Proceder á protección dos bens non forestais afectados polo incendio.

* Requirir ó Posto de Mando Avanzado os medios materiais que lle sexan necesarios.

* Comunica-la evolución do incendio para facilita-la súa avaliación.

* Propoñer obxectivos e prioridades para a extinción do incendio.

* Propoñer retornar ó nivel 0, segundo a evolución da extinción.

* Solicita-la actuación doutros grupos operativos.

IV.2.5. Grupo de seguridade.

Este grupo executará as accións correspondentes a este nivel de gravidade.

O mando do grupo aumentará os seus efectivos no caso de ser necesario para cumpri-las funcións que se detallan a continuación:

* Seguridade cidadá.

* Control de accesos.

* Conducción dos medios de extinción ás zonas que lles indique o Posto de Mando Avanzado.

A este grupo incorporaranse ademais da Policía Local, a Upa e os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, con especial atención á Garda Civil, segundo o previsto no Platerga.

IV.2.6. Grupo sanitario.

Constitúese o grupo sanitario baixo a coordinación do Servicio de Urxencias Médicas 061, cun responsable que será o xefe do grupo sanitario.

O xefe do grupo solicitará a incorporación que proceda, de medios humanos e materiais, para o tratamento e traslado de feridos, traumatizados e queimados.

Este grupo realizará as funciones seguintes:

* Primeira atención a feridos e accidentados.

* Triaxe destes.

* Traslado a centros sanitarios.

IV.2.7. Grupo de transmisións.

A misión deste grupo é dispo-los medios e equipos necesarios para contar cunha comunicación continua e ininterrompida a tempo real, entre o Comité de Dirección, o Posto de Mando Avanzado e os diferentes grupos operativos de acción, con obxecto de dispor a tódolos niveis, dunha información exacta da emerxencia, así como da súa evolución.

As súas funcións son:

* Asegura-las comunicacións.

* Transmitir toda a información recibida.

* Establecer sistemas alternativos de transmisión, onde sexan necesarios.

O xefe do grupo será o responsable de comunicacións de Protección Civil da Xunta de Galicia que contará coa colaboración dos responsables de comunicacións das unidades e servicios intervenientes e coa dirección xeral da Xunta con competencias nestas materias.

IV.2.8. Grupo de apoio loxístico.

Continuará coas accións loxísticas executadas a nivel 0, pero adaptándoas a este nivel e considerando que as necesidades estarán incrementadas pola incorporación de novos efectivos, así como pola posibilidade de ter que efectuar unha evacuación.

As súas funcións son:

* Proporcionar ós outros grupos de acción todo o apoio loxístico necesario subministrándolles aqueles medios ou equipos necesarios para poder levar a cabo o seu cometido.

* Resolve-los problemas de abastecemento de auga, alimentos e albergue dos grupos de acción intervenientes.

* Establecer procedementos de evacuación.

* Organizar, se é o caso, os puntos de reunión de evacuados para o seu posterior traslado.

* Habilitar, se é o caso, locais susceptibles de alberga-la poboación afectada.

O xefe do grupo será un técnico da Xunta de Galicia ou un responsable municipal dos concellos afectados, nomeado polo director do plan.

Como apoio deste grupo contarase, se é o caso, con persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de Protección Civil e os concellos implicados.

IV.3. Nivel de gravidade 2.

IV.3.0. Nivel de gravidade 2.R-0.

Considérase este nivel de gravidade cando nun incendio forestal que ten un nivel de gravidade 0, é dicir que só están en perigo bens de orixe forestal, se necesita empregar medios non contemplados no plan para o nivel 0.

Neste caso, o director do Plan Infoga neste nivel solicitará ós organismos correspondentes e polas canles que se prevexan para o efecto, (convenios, acordos, protocolos, etc.) os medios que se precisen para a extinción e control do incendio.

A dirección neste nivel será a que se contempla no punto III.2, así como toda a estructura organizativa e operativa.

IV.3.1. Nivel de gravidade 2.R-1.

Dáse esta circunstancia cando para o cumprimento do obxectivo do plan especial non son suficientes os medios previstos nel, necesitándose incluso o apoio doutras administracións para a achega de medios e recursos de intervención en emerxencias por incendios forestais.

A dirección neste nivel correspóndelle a un comité de dirección e a declaración deste nivel efectúaa o Comité de Dirección.

IV.3.1.1. Interface.

Cando o Comité de Dirección a nivel 1 considera, de acordo coa información subministrada polo Posto de Mando Avanzado que o incendio evoluciona desfavorablemente e que pode requiri-la asignación de medios non previstos no Plan Especial, para facer fronte á extinción, transmite a través do Cecop-Galicia (112 SOS Galicia) a alerta, ó Comité de Dirección do nivel 2.R-1.

Se se confirma esta evolución desfavorable constitúese o Comité de Dirección a nivel 2.R-1 e este comité declara a emerxencia ó citado nivel.

IV.3.1.2. Comité de Dirección.

Este comité está constituído por:

* Director xeral da Xunta de Galicia con competencias en materia de protección civil.

* Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

* Alcalde/s do/s concello/s afectado/s.

Se así o requirira a Comunidade Autónoma, poderá incorporarse un representante da Administración xeral do Estado, como prevé o Plan Estatal de Protección Civil de Emerxencias por Incendios Forestais.

Ten como funcións:

* Declara-lo nivel de emerxencia a nivel 2.R-1.

* Declara-lo fin da emerxencia ou o seu paso a nivel inferior.

* Convocar, se é o caso, o Comité Asesor.

* Alerta-lo representante da Administración xeral do Estado por se é necesario declara-lo nivel 3.

O Comité Asesor estará constituído polos representantes indicados no punto III.2.2.

Poderán integrarse no Comité Asesor os responsables da mobilización dos novos medios asignados ó plan neste nivel e aquelas outras persoas que considere o Comité de Dirección, con especial atención ós membros do Comité Autonómico de Protección Civil e da Comisión Galega de Incendios.

IV.3.1.3. O Cecop.

O Cecop está situado no Cecop-Galicia (112 SOS Galicia).

As súas funcións son:

* A xestión e aplicación dos medios que reforzan a acción dos despregados na situación nivel 1.

* Diagnóstico sobre as accións de control que hai que pór en marcha para combate-lo incendio e determina-las medidas de protección á poboación.

* Solicitar outros medios necesarios para a extinción.

IV.3.1.4. Posto de Mando Avanzado.

A súa composición e funcións serán similares ó contemplado no nivel 1, poidéndose integrar nel responsables dos novos medios asignados ó plan neste nivel.

IV.3.1.5. Grupos operativos.

Será os mesmos que para o nivel 1, considerando unicamente os novos medios asignados e tamén que estes se mobilizarán sempre a través dos seus mandos naturais.

As funcións serán as citadas para o nivel 1, pero estendéndose ó nivel de gravidade 2.R-1.

IV.4. Nivel de gravidade 3.

O nivel de gravidade potencial tres poderá declara-lo o Ministerio do Interior, de acordo co establecido na norma básica de Protección Civil e na directriz básica de planificación de Protección Civil de emerxencias por incendios forestais.

Nesta situación, a dirección do plan será exercida, a través do Cecopi por un comité de dirección formado por un representante do Ministerio do Interior e polo representante da Xunta de Galicia.

O representante do Ministerio do Interior dirixirá as actuacións do conxunto de administracións públicas, correspondéndolle ó representante da Xunta de Galicia o exercicio das funcións de dirección asignadas neste plan autonómico.

A interface para declarar este nivel é a seguinte:

O representante da Administración xeral do Estado no Comité de Dirección en situación de gravidade 2R-1, por proposta do dito comité e, logo de consultas co delegado do Goberno e o órgano competente da Comunidade Autónoma, se é o caso, dirixirase a través da Dirección Xeral de Protección Civil ó ministro do Interior para que considere a necesidade de declara-la situación de nivel de gravidade tres.

Capítulo V

Implantación e mantemento do plan

A implantación do plan especial comprende o conxunto de accións que deben levarse a cabo para asegura-la súa correcta aplicación.

Con anterioridade ás datas previstas como época de perigo medio e alto, é preciso realiza-las seguintes actuacións:

Designa-los compoñentes do Comité Asesor, Cecop-Cecopi, Gabinete de Información e os sistemas de localización.

Comproba-la dispoñibilidade de tódolos medios que figuran no plan.

Asegurar que as misións previas que se asignan ós organismos e entidades participantes foron cumpridas.

Por outra parte, é necesario asegura-lo coñecemento do plan especial por parte de tódolos intervenientes, na medida necesaria para realizar correctamente os seus cometidos.

En consecuencia, procederase á difusión total ou parcial do plan, de xeito que sexa adecuada ás accións que corresponden a cada interveniente ou grupo de intervenientes.

Esta difusión debe complementarse coas sesións informativas que se determinen.

Así mesmo, realizaranse simulacros cos seguintes obxectivos:

Comproba-la eficacia do modelo implantado.

Comproba-lo adestramento do persoal e a dispoñibilidade de medios.

No caso de non realizarse polo menos un simulacro total, realizaranse simulacros parciais.

Para a comprobación de aspectos parciais do Plan Especial, realizaranse exercicios dependendo do número de persoas e servicios que poidan involucrarse e dos seus obxectivos específicos.

Poden ser de:

Comunicacións.

Localización de mandos e persoal operativo.

Mobilización de medios.

Comprobación de datos.

Coordinación con organismos e entidades participantes.

Outros.

Unha vez conseguida a implantación do plan especial, e ó longo do tempo, procederase ó mantemento da súa eficacia por medio de:

* Simulacros.

* Exercicios.

* Comprobacións.

* Revisións:

-Revisións periódicas.

-Revisións extraordinarias.

O plan especial revisarse anualmente para introducir nel as variacións correspondentes ás informacións básicas do plan especial e ós medios e persoal actuante.

Terán carácter de revisión extraordinaria aquelas que deben efectuarse como consecuencia de experiencias adquiridas, cambios na normativa técnica ou na organización que afecta algún dos aspectos fundamentais do plan especial.

ANEXO I

Zonas de interese ecolóxico

-Provincia da Coruña.

* Lago de Sobrado (Sobrado dos Monxes).

* O Cabalar (As Pontes de García Rodríguez).

* Marismas de Betanzos (Betanzos).

* Val inferior e superior do Eume (Cabanas, A Capela, Pontedeume e Monfero) (zona de alto interese).

* Baldaio (Carballo) (zona de alto interese).

*Enseada de Insua (Ponteceso).

* Illas Sisargas (Malpica).

* Marismas de Betanzos (Paderne e Bergondo).

* A Curotiña (A Pobra do Caramiñal) (zona de alto interese).

* Corrubedo (Ribeira) (parque natural).

* Desembocadura do Ulla (Dodro e Rianxo) (zona de alto interese).

* Estaca de Bares (Mañón).

* Esteiro de Sor (Mañón).

* Lago e areal de Valdoviño (Valdoviño) (zona de alto interese).

* Rías de Ortigueira e Ladrido (Ortigueira) (zona de alto interese).

* Serra da Capelada (Cedeira e Ortigueira).

* Cabo Vilán (Camariñas) (zona de alto interese).

* Enseada de Insua (Cabana de Bergantiños).

* Fervenza do Xallas (Mazaricos-Dumbría).

* Lago e dunas de Traba (Laxe).

* Marismas de Caldebarcos e praias de Carnota (Carnota).

* Monte Lagoa de Louro (Muros).

* Monte do Pindo (Carnota).

-Provincia de Lugo.

* Os Ancares (Cervantes) (zona de recuperación do oso pardo).

* Monte Aguieira (Becerreá).

* A Pitinidoira (Cervantes) (único atopado de Galicia).

* Bosque do Carballido (A Fonsagrada) (zona de alto interese).

* Bosque da Marronda (Baleira) (zona de alto interese).

* Charca de Pumar (Castro de Rei).

* Lago de Cospeito e Espiñeira (Cospeito) (zona de alto interese).

* Covas do Rei Centolo (Mondoñedo).

* Ría de Ribadeo (Ribadeo e Trabada) (zona de alto interese).

* Canón do Sil (Sober e Parada do Sil).

* O Courel (Folgoso do Courel e Quiroga) (zona de alto interese).

* Montefurado (Quiroga).

* Esteiro do Sor (O Vicedo).

* Illa Coelleira (O Vicedo).

* Illa de Sarón (Xove).

* Serra do Xistral e O Cadramón (Muras, Ourol, O Valadouro e Alfoz) (zona de alto interese).

-Provincia de Ourense:

* Serra do Xurés (Baixa Limia) (Entrimo, Lobios e Muíños) (parque natural).

* Encoro das Conchas (Lobeira, Muíños e Bande).

* Encoro de San Martiño (A Rúa e Petín).

* Foio Castaño (Carballeda).

* Montes de Pena Trevinca e Teixidal de Casaio (Carballeda e A Veiga) (zona de alto interese).

* A Raña de Arnado (O Barco).

* Pazos de Arenteiro (Boborás).

* Pena Corneira (Leiro e Carballeda de Avia).

* Canón do Sil (Parada do Sil).

* As Gargantas do Río Bibei (Manzaneda).

* Serra de Queixa, montes do Invernadeiro (Manzaneda, A Pobra de Trives e Montederramo) (zona de alto interese).

* Canón do Sil (Nogueira de Ramuín).

* Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín).

* Serra de Queixa, montes do Invernadeiro (Castrelo do Val) (zona de alto interese).

* Veigas do Limia e Ponteliñares (Xinzo e Trasmiras).

-Provincia de Pontevedra.

* Fervenza do río Toxa (Silleda e Vila de Cruces).

* Lagoa Sagra de Olives (Forcarei).

* Picho de Curantes (A Estrada).

* Serras de Candán e Zobra (Forcarei, Lalín e Silleda).

* Sobreirais do Arnego (A Golada, Lalín e Vila de Cruces).

* Gándaras de Budiño (O Porriño) (zona de alto interese).

* Serra do Suído (O Covelo).

* Penedos de San Cibrao de Salceda (Ponteareas, O Porriño e Salceda de Caselas).

* Carballeiras do Verdugo (A Lama).

* Encoro de Eiras (Fornelos de Montes e Ponte Caldelas).

* Enseada de San Simón (Redondela e Soutomaior).

* Serra do Suído (A Lama e Fornelos de Montes).

* Desembocadura do Miño (A Guarda e O Rosal) (zona de alto interese).

* Desembocadura do Miño (Gondomar e Baiona).

* Gándaras de Budiño (Tui) (parque natural) piñeirais.

* Carballal de Coiro (Bueu, Cangas e Moaña).

* Complexo Umia-O Grove (Vilagarcía, Cambados, Ribadumia, Meaño, Sanxenxo e O Grove).

* Cotorredondo (Marín e Vilaboa).

* Desembocadura do Ulla (Catoira e Valga).

* Enseada de San Simón (Vilaboa e Pontevedra).

* Illas Cíes (Cangas) (parque natural).

* Illas de Cortegada, Malveiras e Briñas (Vilagarcía).

* Illas de Ons e Onza (Bueu) (zona de alto interese).

* Montes do Morrazo (Marín, Moaña e Vilaboa).

* Salóns do río Lérez (Pontevedra).

Espacios naturais protexidos de Galicia

Parques naturais

Provincia da Coruña:

* Dunas de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán (Ribeira).

* Fragas do Eume (Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes).

Provincia de Ourense:

* Baixa Limia-Serra do Xurés (Entrimo, Lobios e Muíños).

* O Invernadeiro (Manzaneda, Montederramo, Vilariño de Conso e A Pobra de Trives).

Provincia de Pontevedra:

* Illas Cíes (Cangas).

* Monte Aloia (Tui).

Sitios de interese nacional

Provincia da Coruña:

* Cabo Vilán (Camariñas).

* Cumio da Curotiña (A Pobra do Caramiñal).

* Estaca de Bares (Mañón).

Espacios naturais en réxime de protección xeral

Provincia da Coruña:

-Distrito da Coruña.

* Lagoa e areal de Valdoviño (Valdoviño).

* Ría de Ortigueira e Ladrido (Ortigueira).

-Distrito de Bergantiños-Mariñas Coruñesas.

* Encoro de Abegondo-Cecebre (Betanzos, Abegondo, Cambre e Carral).

Provincia de Lugo:

-Distrito da Fonsagrada-Os Ancares.

* Reserva nacional de caza dos Ancares (Cervantes).

-Distrito da Mariña-Lucense.

* Ría do Eo (Ribadeo).

-Distrito de Lugo-Sarria.

* Lagoa do Rei (Rábade).

Provincia de Pontevedra:

-Distrito de Caldas-O Salnés.

* Complexo intermareal de Umia-O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e Lagoa Bodeeira (Cambados, A Illa de Arousa, Meaño, O Grove e Sanxenxo).

Espacios naturais provisionalmente en réxime de protección especial

Provincia da Coruña e Pontevedra:

-Distritos de Barbanza, Vigo-Baixo Miño e Cal-

das-O Salnés.

* Illas Atlánticas (Ribeira; Vigo e Bueu).

Nota: aprobado o Plan de Ordenación de Recursos Naturais está prevista a declaración das Illas Atlánticas como parque nacional.

Monumentos naturais

Provincia da Coruña:

-Distrito de Bergantiños-Mariñas Coruñesas.

* Costa de Dexo (Oleiros).

Provincia de Lugo

-Distrito da Mariña Lucense.

* Souto da Retorta (Viveiro).

Provincia de Ourense:

-Distrito de Valdeorras-Trives.

* Souto de Rozavales (Manzaneda).

Provincia de Pontevedra:

-Distrito de Deza-Tabeirós.

* Fraga de Catasós (Lalín).

Outros lugares de importancia comunitaria

Provincia da Coruña:

-Serra da Capelada.

-Lagoa de Doniños.

-Costa de Dexo.

-Marismas de Baldaio.

-Illas Sisargas.

-Punta Roncudo.

-Lagoa de Traba.

-Fisterra.

-Carnota-Monte Pindo.

-Monte e lagoa de Louro.

-Serra de Careón.

Provincia de Lugo:

-Serra do Xistral.

-A Marronda.

-Cruzul-A Gueira.

-Faial de Pintinidoira.

-Altos de Pedrafita.

-Serra do Courel.

-Serra do Oribio.

Provincia de Ourense:

-Macizo Central.

-Bidueiral de Montederramo.

-Sistil Branco.

-Veiga de Ponteliñares.

-Pena Trevinca.

-Serras de Rubiá.

-Gargantas do río Bibei.

-Canón do Sil.

Provincia de Pontevedra:

-Sistema fluvial Ulla-Deza.

-Sobreirais do Arnego.

-Serra do Candán.

-Complexo Ons-O Grove.

-Río Lérez.

-Costa da Vela.

-Gándaras de Budiño.

-Baixo Miño.

-Carballeiras do río Verdugo.

ANEXO II

Zonificación do territorio. Relación

de concellos con risco forestal

-Provincia da Coruña:

1. Distrito de Ferrol.

* Comarca forestal de Eume, concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes.

* Comarca forestal de Ferrol, concellos de Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño.

* Comarca forestal de Ortegal, concellos de Cerdido, Mañón, Ortigueira e Cariño.

2. Distrito de Bergantiños-Mariñas Coruñesas.

* Comarca forestal de Bergantiños, concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, Laxe, Laracha, Malpica de Bergantiños e Ponteceso.

* Comarca forestal de Betanzos, concellos de Curtis, Vilasantar, Aranga, Betanzos, Cesuras, Coirós, Oza dos Ríos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior.

* Comarca forestal da Coruña, concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

3. Distrito de Santiago de Compostela-Meseta Interior.

* Comarca forestal de Arzúa-Terra de Melide, concellos de Arzúa, Melide, O Pino, Santiso, Touro, Boimorto, Sobrado e Toques.

* Comarca forestal de Ordes-Santiago de Compostela, concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo, Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.

4. Distrito da Barbanza.

* Comarca forestal da Barbanza-O Sar, concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira, Dodro, Padrón e Rois.

* Comarca forestal da Barcala-Noia, concellos da Baña, Negreira, Outes, Lousame, Noia e Porto do Son.

5. Distrito de Fisterra.

* Comarca forestal de Fisterra, concellos de Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía.

* Comarca forestal de Xallas-Muros, concellos de Carnota, Muros, Mazaricos e Santa Comba.

* Comarca forestal de Terra de Soneira, concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas.

-Provincia de Lugo:

1. Distrito da Mariña Lucense.

* Comarca forestal da Mariña Central, concellos de Alfoz, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro e Burela.

* Comarca forestal da Mariña Occidental, concellos de Cervo, Xove, Ourol, O Vicedo e Viveiro.

* Comarca forestal da Mariña Oriental, concellos de Barreiros, A Pontenova, Ribadeo e Traba.

2. Distrito da Fonsagrada-Os Ancares.

* Comarca forestal dos Ancares, concellos de Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e Baralla.

* Comarca forestal da Fonsagrada, concellos de Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz.

3. Distrito de Terra de Lemos.

* Comarca forestal de Chantada, concellos de Carballedo, Chantada e Taboada.

* Comarca forestal de Quiroga, concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.

* Comarca forestal de Terra de Lemos, concellos de Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

4. Distrito de Lugo-Sarria.

* Comarca forestal de Lugo, concellos de Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Outeiro de Rei, Portomarín e Rábade.

* Comarca forestal de Sarria, concellos do Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria e Triacastela.

* Comarca forestal da Ulloa, concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.

5. Distrito da Terra Chá.

* Comarca forestal de Meira, concellos de Meira, Pol, Ribeira de Piquín e Riotorto.

* Comarca forestal da Terra Chá, concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Xermade, Guitiriz, Muras, A Pastoriza e Vilalba.

-Provincia de Ourense:

1. Distrito do Ribeiro- Arenteiro.

* Comarca forestal do Carballiño, concellos de Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea.

* Comarca forestal do Ribeiro, concellos de Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia.

2. Distrito de Miño-A Arnoia.

* Comarca forestal de Allariz-Maceda, concellos de Allariz, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo, Maceda e Paderne de Allariz.

* Comarca forestal de Ourense, concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

* Comarca forestal de Terra de Celanova, concellos da Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

3. Distrito de Valdeorras-Trives.

* Comarca forestal de Terra de Caldelas-Terra de Trives, concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.

* Comarca forestal de Terra de Valdeorras, concellos do Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.

4. Distrito de Verín-Viana.

* Comarca forestal de Verín, concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

* Comarca forestal de Viana, concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

5. Distrito da Limia.

* Comarca forestal da Limia, Concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Xinzo de Limia, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio e Vilar de Santos.

* Comarca forestal da Baixa Limia, concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.

-Provincia de Pontevedra:

1. Distrito de Deza-Tabeirós.

* Comarca forestal de Deza, concellos de Dozón, Agolada, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

* Comarca forestal de Tabeirós- Terra de Montes, concellos de Cerdedo, A Estrada e Forcarei.

2. Distrito do Condado-A Paradanta.

* Comarca forestal do Condado, concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.

* Comarca forestal da Paradanta, concellos de Arbo, A Cañiza, Covelo e Crecente.

3. Distrito de Baixo Miño.

* Comarca forestal do Baixo Miño, concellos da Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.

* Comarca forestal de Vigo, concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.

4. Distrito de Caldas-O Salnés.

* Comarca forestal de Caldas-O Salnés, concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Pontecesures, Portas, Valga, A Illa de Arousa, Cambados, O Grove, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

* Comarca forestal de Pontevedra-O Morrazo, concellos de Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Barro, Campo Lameiro, Cotobade, A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

ANEXO III

Medidas preventivas para o nivel O

Como medidas preventivas, podemos cita-las seguintes:

* Queimas controladas. Son aquelas que se realizan para o control de combustible vexetal levadas a cabo con criterios de idoneidade técnica. Non deben realizarse sen a preceptiva autorización da Consellería de Medio Ambiente a través do SDCIF.

* Rede de observatorios meteorolóxicos, distribuídos polos distintos distritos forestais e que permitan determinar un índice de risco diario.

* Establecemento dunha rede de vixilancia, baseada en torres de vixilancia con persoal provisto de medios de detección específicos que permitan da-la alerta inmediata, o que se traduce nunha pronta intervención.

* Puntos de auga, distribuídos por toda a Comunidade Autónoma, especialmente naquelas zonas con maior índice de risco forestal ou con menor reserva de mananciais.

* Devasas, naqueles lugares en que sexa preciso preservar algunha zona específica.

* Aquelas outras que se contemplen no Plan Infoga de cada ano.

ANEXO IV

Catálogo de medios e recursos

O catálogo de medios e recursos é o correspondente ó Platerga, así como o daqueles medios contemplados no Infoga. Para a súa catalogación seguiranse as pautas indicadas no Platerga.

Os medios humanos, materiais, aéreos, etc. para o nivel 0 e se é o caso para o 2R0, son os especificados no Infoga.

ANEXO V

Misións dos organismos e entidades participantes

Descríbense as misións dos diferentes organismos participantes na loita contra os incendios forestais.

Estes organismos son:

Comunidade Autónoma de Galicia.

Concellos implicados.

Administración xeral do Estado.

Comunidade Autónoma de Galicia.

Dentro da Comunidade Autónoma de Galicia participan no Plan:

* A Consellería de Medio Ambiente.

* A consellería con competencias en materia de protección civil.

A Consellería de Medio Ambiente participa no plan, coa responsabilidade do nivel 0 e 2.R-0. Intégrase no plan, tendo as competencias na elaboración, a redacción, a implantación e o mantemento da operatividade do plan no nivel 0, sendo a súa responsabilidade o operativo neste nivel. Así mesmo, incorpora tódolos seus medios e recursos.

O seu ámbito de actuación é toda a Comunidade Autónoma de Galicia, sempre referíndose a incendios forestais no nivel 0 e 2.R-0, e participando coa consellería con competencias en materia de protección civil, nos niveis 1 e 2.R-1.

A consellería con competencias en materia de protección civil ten a responsabilidade, segundo a lexislación vixente [norma básica de Protección Civil, Platerga, directriz básica de planificación de Protección Civil de emerxencia por incendios forestais (Orde do 2 de abril de 1993)], de elabora-lo Plan Especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais.

A consellería con competencias en materia de protección civil cumprirá as seguintes funcións:

* Elaboración do Plan Especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais, nos Niveis 1 e 2.R-1.

* Integración no Comité de Dirección nos niveis 1, 2 e 3.

* Establece-los mecanismos de coordinación nos distintos niveis.

* Mobilización de medios e recursos o plan nos Niveis 1, 2 e 3.

* Realizar tódalas outras misións que ten encomendadas segundo o disposto no Platerga (Plan Director).

Concellos implicados.

As actuacións que corresponden ós concellos afectados, para a súa integración no plan son:

* Unha organización local de apoio na loita contra incendios forestais, coa asignación das funcións que desenvolverán os distintos compoñentes dela, incluído o persoal voluntario, para funcións de apoio loxístico.

* Os procedementos operativos da organización en relación coa alarma sobre incendios, as actuacións previas á constitución do Posto de Mando Avanzado e as posteriores a estas.

Correspóndelle o alcalde a dirección das accións a nivel local, tendo moi en conta que estas accións están integradas no Infoga e, polo tanto, debe actuar en consonancia coas instruccións e orientacións que reciba da dirección do plan nos diferentes niveis.

En función dos propios medios do concello, e para poder actuar desde os primeiros momentos nos traballos de extinción, deberá ter organizado grupo/s de pronto auxilio no que se encadrará o persoal voluntario, para apoio loxístico.

Administración xeral do Estado.

Cando o Ministerio de Interior declare a situación-nivel de gravidade 3, a dirección do plan será asumida polo delegado do Goberno ou outra persoa en quen delegue, que constituirá o Comité de Dirección co representante da Xunta de Galicia.

A dirección das operacións efectuarase desde o Cecopi que estará emprazado no Cecop-Galicia (112 SOS Galicia), permanecendo como alternativos os Cecop provinciais que dispoñen dos enlaces necesarios para a coordinación entre ambos.

O Comité Asesor constituído no nivel de gravidade 2 pasará a selo do Comité de Dirección no nivel de gravidade 3 coas incorporacións que estime conveniente a dirección do plan, en función das características da emerxencia.

O Comité de Dirección do plan a nivel 1 e 2 solicitará ó delegado do Goberno en Galicia nas situacións de emerxencias, nas que se prevé que poidan ser necesarios outros medios non previstos no plan, fundamentalmente as forzas de seguridade do Estado, ou concorran as circunstancias contempladas na norma básica de Protección Civil para declarala de interese nacional.

Subdirección Xeral de Defensa contra Incendios Forestais.

Terá como misión a programación, execución, avaliación y seguimento das medidas e accións contra incendios forestais; a elaboración de estudios e análise de causalidade e a coordinación de medios na loita contra os incendios, dotación de infraestructuras e medios de defensa (punto 2.2., art. 5ºs do Decreto 482/1997, do 30 de decembro).

Xefatura do Servicio de Defensa contra Incendios Forestais.

Encargarase do análise e estudio de causalidade.

Xefaturas provinciais do SDCIF.

Elaboración dos plans e programación de medios contra os incendios forestais, así como a organización e coordinación deles; organización dos sistemas de vixilancia e detección de incendios; execución de plans e programas de loita contra incendios, dotación de infraestructuras e medios de defensa (punto 2.2.1, art. 5º do Decreto 482/1997, do 30 de decembro). A tal fin coordinará e dirixirá, se é o caso, os distritos forestais da súa provincia.

Xefatura de Distrito.

En materia de extinción de lumes dentro do distrito.

Dirixi-las accións no distrito para consegui-los obxectivos marcados pola Xefatura Provincial do SDCIF.

Impulsar e fomenta-la colaboración das entidades locais do distrito.

Manter contactos con asociacións gandeiras, cámaras agrarias, sociedades de caza, etc. que puideran existir na súa demarcación.

Dirixirá os plans de educación ambiental e de concienciación da poboación rural sobre o uso neglixente do lume, e os efectos sobre o medio natural; prestará atención á poboación escolar.

Propoñe-los plans de prevención do seu distrito, que deberá cinguirse ó plan provincial.

O xefe do distrito, nas épocas de perigo de incendios, será o xefe de garda do distrito.

Técnico de Distrito.

Misións.

En materia de incendios forestais dentro do distrito forestal.

* Auxiliar en tódolos cometidos o xefe do distrito forestal.

* Leva a cabo as tarefas encomendadas polo xefe de distrito forestal.

* Levar a cabo estudios de comportamento de combustibles na súa demarcación forestal.

* Calcula-lo índice de risco diario.

* Levar a cabo os traballos relacionados coas subvencións.

* Levar a cabo plans de educación ambiental e de concienciación da poboación rural sobre o uso neglixente do lume.

* Será auxiliado nos traballos de campo polo axente territorial.

* Dirixi-las accións na súa demarcación forestal para alcanza-los obxectivos do SDCIF.

* Impulsar e fomenta-la colaboración das entidades locais, na súa demarcación.

* Manter contacto coas asociacións gandeiras, cámaras agrarias, sociedades de caza, etc., que existan na súa demarcación.

* Planificar e inspecciona-lo control das queimas.

* Todas aquelas outras que lle veñan asignadas polo Infoga, xefe provincial ou xefe de distrito forestal.

* O técnico de distrito, nas épocas de perigo de incendios, actuará como técnico de garda de servicio, dirixindo as accións de extinción no distrito, e informará o xefe de garda das novidades que se produzan.

* Executará as directrices do xefe de distrito forestal nos seguintes plans:

Plan de Prevención do Distrito:

Plan de puntos de auga: naturais: relación dos existentes con localización, caudal segundo as tempadas, accesos...; artificiais: relación dos existentes e o seu estado, estudio dos necesarios, proposta de construcción de novos puntos con custos e prioridade.

Plan de acceso ós montes; (o Plan de Transitabilidade): relación de camiños, carreiros, etc. e o seu estado; plan de limpeza de camiños; realización dunha táboa de tempos desde os puntos de localización dos medios e as zonas de maior interese forestal e/ou incidencia dos lumes. Táboa de tempos entre estas zonas e os puntos de auga.

Plan de queimas controladas; contactar cos concellos, comunidade de montes e asociacións agrícolas, gandeiras, forestais e de caza; confección de programas de queimas controladas; dirixi-las queimas controladas.

Plan de detección do distrito: caracterización dos postos fixos existentes; estudio de zonas vistas e ocultas; plan complementario de postos fixos e patrullas móbiles, se é necesario.

Plan de extinción do distrito; optimización da eficacia dos medios dispoñibles por épocas de perigo, de acordo co procedemento no Infoga; confecciona-lo lista de medios e persoal de SDCIF, con expresión da situación, dispoñibilidade e quendas, en tempo oportuno para o seu tratamento informático; confeccionar, así mesmo, a relación de cuadrillas e motobombas municipal, con idéntica expresión e finalidade que o parágrafo anterior.

Dirixi-los programas de formación continuada para directores de extinción; xefes de cuadrilla; equipo de vehículos motobomba; patrullas móbiles: vixilantes fixos; emisoristas; especialidades elementais (mochilas e bombas de extinción, retardantes, motoserra, rozadora...); suxeitarse no posible ó procedemento operativo para a extinción.

Plan de investigación dos riscos de distrito forestal: clasificación, localización e comportamento dos combustibles do distrito forestal; confección dun

mapa de combustibles; estudios de casualidade; acadar dos axentes de zona e os axentes as fichas dos concellos, reflectindo persoalmente o grao de colaboración das autoridades locais e dos cidadáns; estudio da situación o problemática socioeconómica.

Axente territorial.

Misións.

En materia de incendios forestais dentro do distrito forestal.

* Será o principal colaborador do técnico de distrito en asuntos de seguridade e prevención de riscos laborables.

* Será o encargado do parque automobilístico da demarcación forestal, vixiando que se pasen as revisións periódicas e controlando o material dos vehículos motobomba.

* Será o encargado do almacén de material e vestiario.

* Distribución ás cuadrillas do material lixeiro de extinción e os equipo de persoal, recolléndoos ó finaliza-la época de perigo alto.

* Realizará unha selección previa do persoal aspirante a conductor de vehículos motobomba.

* Auxiliará o técnico nos traballos de campo.

* Manterá actualizada unha relación dos medios (unidades de extinción), reflectindo nela as intervencións realizadas por cada un deles.

* Participará como auxiliar de profesor nos cursos que organice o distrito de Incendios para directores de extinción; observadores de posto fixo; patrullas de vixilancia; emisoristas e operador de ordenador.

* Inspeccionará a instrucción que impartan os axentes de zona e axentes.

* Participará no control dos traballos preventivos.

* Propostas de cuadrantes de gardas de axentes e horario de medios.

Axente de zona.

Misións en materia de incendios forestais dentro do distrito.

* Auxilia-lo técnico de distrito en cantos cometidos lle encomende.

* Será o principal colaborador do axente territorial en asuntos de seguridade e prevención de riscos laborais.

* Entrevistarse cos alcaldes pedáneos das parroquias da súa xurisdicción.

* Confecciona-la ficha de municipios.

* Facilita-los trámites para o control de queimas.

* Instruí-los capataces de cuadrilla nas técnicas de extinción e prevención.

* Dirixi-los traballos preventivos.

* Instruí-los obreiros nas especialidades elementais (mochilas, bombas de extinción, retardantes, motoserra e rozadora).

* Dirixi-lo adestramento do binomio cuadrilla-vehículo motobomba.

* Constituírse en director de extinción nos lumes que se produzan na súa zona, sempre que sexa posible, e naqueles en que se lle ordene expresamente.

Axente.

Misións, en materia de incendios forestais as mesmas que as do axente zonal naquela parte do territorio que lle fora asignado.

Resto do persoal.

Para o resto do persoal das xefaturas ou os distritos terase en conta, ademais, o que se especifica para cada posto de traballo no Regulamento da escala dos axentes forestais aprobado polo Decreto 293/1997, do 1 de outubro (DOG nº 203, do 21 de outubro), e no punto C) da Resolución do 29 de decembro de 1999 (DOG nº 28, do 10 de febreiro de 2000), ó que para cada un establece nos distintos puntos en materia de incendios forestais, dentro do distrito forestal,

Conductor mecánico.

Misións en materia de incendios forestais dentro do distrito forestal.

* En cada caso conducirá o vehículo que lle asigne o xefe de distrito forestal.

* Terá coñecemento básico de loita contra incendios forestais e xeral dos medios que se empregan nela.

Peón de incendios.

Misións en materia de incendios forestais dentro do distrito forestal.

* Coñecemento básico da loita contra incendios forestais.

* Coñecemento xeral dos medios que usa a cuadrilla.

* Coñecemento e práctica en 1 ou 2 especialidades elementais (mochilas de extinción, extintor de explosión, retardantes, motoserra, rozadora, etc.).

* En todo caso obedece as ordes do xefe de cuadrilla.

Xefe de cuadrilla.

Misións en materia de incendios forestais dentro do distrito forestal:

* Depende do Centro de Coordinación do Distrito Forestal ou do xefe de distrito forestal segundo a época de perigo e do director de extinción no lume.

* Manter unha lista do persoal e medios ó seu cargo.

* Imparti-la instrucción básica ó persoal da súa cuadrilla para a extinción.

* Dirixi-lo tendido da mangueira.

* Manexa-lo portófono.

* Observar e facer cumpri-las normas de seguridade e prevención de riscos laborais.

* Vixia-lo mantemento do vehículo e asegura-lo seu estado de operatividade (carburante, auga, se é o caso anticonxelante, presión pneumáticos, etc.) obrigando o conductor a realiza-la revisión diaria.

* Estibar adecuadamente o material de extinción no vehículo, efectuando un reconto ó finalizar cada extinción e solicitando á Xefatura de Distrito a reposición do deteriorado ou extraviado unha vez finalizada a xornada.

* Constituírse en director de extinción cando actúe illadamente a cuadrilla ou o binomio cuadrilla-vehículo motobomba.

* Nos casos nos que a cuadrilla sexa helitransportada, responsabilizarase de que o embarque, estiba do material e o desembarco se efectúe de acordo coas normas establecidas.

* Preocuparse do estado físico e anímico dos homes ó seu cargo.

* Debe saber le-lo plano e localiza-lo punto de actuación.

* Facilitar mensualmente á xefatura ou o Centro de Coordinación de Distrito Forestal relación das intervencións levadas a cabo.

* Realización de labores silvícolas e ambientais

* Todas aquelas outras relacionadas coa prevención, detección e extinción de incendios forestais.

Conductor de motobomba e tractor.

Misións en materia de incendios forestais dentro do distrito forestal.

* Terá coñecemento básico da loita contra incendios forestais, xeral dos medios que se empregan nela e completo do vehículo motobomba e tractor.

* Práctica no manexo do vehículo motobomba, no manexo do tractor, rozadora e folla.

* Coñecemento e práctica do tendido de mangueira.

* Será responsable da operatividade do vehículo motobomba e tractor.

* Coñecerá o manexo da emisora vehicular (mobilófono).

* Coñece-los sinais manuais para vehículos motobomba.

* Coñecer e cumpri-las normas de seguridade e prevención de riscos laborais e en especial as referentes ó vehículo motobomba e ó uso do tractor.

* Coñecemento de lectura de plano e localización de puntos nel.

* Facilitarlle mensualmente ó Centro de Coordinación de Distrito forestal relación das intervencións levadas a cabo.

* Poder participar na construcción da liña de defensa segundo as directrices do director de extinción.

Auxiliar do conductor de motobomba.

Misións en materia de incendios forestais dentro do distrito forestal.

* Terá coñecemento básico da loita contra incendios forestais e xeral dos medios que se utilizan.

* Auxilia-lo conductor en tódolos seus cometidos.

* Coñecer e cumpri-las normas de seguridade e prevención de riscos laborais.

Xefe de patrulla móbil.

Misións.

* Coñecemento básico da loita contra incendios forestais.

* Coñecemento básico dos medios de loita contra incendios forestais.

* Observa-las normas de seguridade.

* Vixia-la zona de acción encomendada.

* Comunicarlle á Xefatura o Centro de Coordinación de Distrito Forestal os lumes que se detecten, valorando a súa importancia.

* Inicia-la extinción ata a chegada de máis medios.

* En época de queimas autorizadas, inspecciona-las queimas.

* Durante a época de perigo alto, ó detectar queimas non autorizadas, tomar nota do nome, lugar, hora e efectua-la correspondente denuncia.

* Manexa-lo mobilófono, saber le-lo plano e localiza-lo o punto do lume polas súas coordenadas.

* Realiza-la revisión diaria do vehículo, ben por si ou polo conductor.

Auxiliar do vehículo de patrulla móbil.

Misións.

* As do peón, indicada anteriormente.

* Pode se-lo conductor do vehículo.

* Auxiliar en tódolos seus cometidos o xefe de patrulla.

* Manter en estado operativo o vehículo.

* No caso do Pick-up saber manexa-la motobomba.

Director de extinción.

Misións:

* Dirixi-la extinción e velar pola seguridade, cumprindo e facendo cumpri-las normas establecidas.

* Facerse cargo de tódolos medios que acudan ó lume.

* Tomar nota das horas de incorporación e retirada dos medios reflectíndoos no parte.

* Solicita-la Xefatura ou o Centro de Coordinación de Distrito forestal os reforzos que estime necesarios.

* Solicita-la intervención de medios aéreos.

* Finalizado o lume, da-lo parte correspondente, sen omiti-los medios municipais.

* Poñer en coñecemento do comandante do posto da Garda Civil a información obtida sobre causalidade, tendo presente que nos casos de denuncia se fará regulamentariamente.

Vixilante fixo.

Misións en materia de incendios forestais dentro do distrito forestal.

* Rexistra-lo campo para localización de posibles focos de lume.

* Situalo no plano.

* Transmitilo á Xefatura ou Centro de Coordinación de Distrito forestal (segundo época de perigo).

* Coñecemento da emisora e o seu manexo, de acordo coas normas establecidas para a transmisión.

* Misións en materia de incendios forestais dentro do distrito forestal.

* Rexistra-los mensaxes recibidas.

* Transmiti-las ordes da Xefatura ou Centro de Coordinación de Distrito Forestal.

* Comunicar ó chanzo superior a información pertinente (inicios e partes de lume, así como calquera outra que xurda con motivo destes).

* Coñecemento da rede de transmisións.

* Coñecemento da emisora e o seu manexo. A ser posible debe estar en coñecemento do manexo básico do ordenador para substituí-lo operador en caso de necesidade.

Operador-codificador de datos.

Misións en materia de incendios forestais dentro do distrito forestal.

* Mante-los datos actualizados sobre persoal; medios; incidencias e resultados de lumes.

* A ser posible, deberá ter coñecementos necesarios para substituí-lo emisorista.

Operador de maquinaria pesada.

Misións en materia de incendios forestais dentro do distrito forestal.

* A súa misión principal é a construcción da liña de defensa segundo as directrices do director de extinción.

* Debe coñecer e segui-las normas de seguridade e prevención de riscos laborais, en especial as concernentes ó uso da maquinaria pesada.

ANEXO VI

Plans de autoprotección de incendios forestais

Os plans de autoprotección constitúen un documento de traballo no que se detallan tódolos aspectos dea zona obxecto do plan (xeográficos, climáticos, materiais, persoais) existentes nunha zona forestal ou nas súas proximidades, para afronta-las posibles emerxencias derivadas dun incendio.

Determinada a zona ou bisbarra afectada por cada plan, e identificados os núcleos de poboación, urbanizacións, casas illadas, cámpings e empresas situadas nela, informaranse os afectados sobre o que é e en que consiste un plan de autoprotección.

Unha vez que se manifeste a vontade maioritaria de tódolos implicados na realización do plan, estes procederán a crea-la Comisión de Autoprotección, a cal elaborará o Plan de Autoprotección coa colaboración técnica das consellerías con competencias en materia de protección civil e incendios forestais.

Os plans de autoprotección deben ser documentos suficientemente coñecidos pola poboación afectada e deben estar en permanente proceso de actualización. Con eles lógrase unha disposición máis favorable dos implicados e un maior grao de colaboración, tanto nas actuacións preventivas como nas operativas, ata a conclusión da emerxencia e o restablecemento da normalidade.

Estes plans integraranse nos plans locais ou autonómicos en función da súa importancia.

Normas para a elaboración dos plans de autoprotección:

Estes plans serán elaborados polos propietarios das empresas, urbanizacións ou outros núcleos habitados, co fin de asegura-la colaboración cidadá e organizarse minimamente para facer fronte ós danos derivados dos incendios forestais.

Os plans conterán como mínimo:

1. Referencia da zona.

É necesario definir e delimitar claramente a zona xeográfica integrada no plan.

2. Identificación de riscos.

Farase baseándose na información existente sobre incendios forestais e os seus efectos sobre as persoas e bens, analizando as situacións potenciais que poidan acontecer.

3. Catálogo de medios e recursos.

Hanse enumerar tódolos medios e recursos dispoñibles, tanto os persoais como os materiais, así como a súa localización exacta.

4. Funcións básicas.

Os plans de autoprotección ante o risco de incendios forestais teñen as seguintes funcións:

* Complementa-las labores de vixilancia e detección previstos nos plans de rango superior.

* Organiza-los medios humanos e materiais dispoñibles para a actuación en emerxencia por incendios forestais ata a chegada e intervención dos grupos de acción previstos nos plans de rango superior.

* Prepara-la intervención de axudas exteriores no caso de emerxencia e garanti-la posible evacuación.

5. Organización.

Contemplará como mínimo:

* Un xefe do plan de autoprotección responsable de tódalas actuacións. Esta xefatura debe quedar asegurada en todo momento e para cada una das circunstancias que a condicionen (días festivos, laborais, quenda de noite ou de día, vacacións, fins de semanas, etc.).

* Persoas e os seus substitutos que asumen responsabilidades en situacións de emerxencia, tales como:

-Alerta.

-Mantemento da orde.

-Extinción de incendios.

-Primeiros auxilios.

-Evacuación.

Estas persoas serán seleccionadas en función das súas ocupacións profesionais cotiás e os coñecementos e facultades que require a súa función, dentro das actividades de autoprotección.

6. Operatividade.

Estableceranse, como mínimo, os procedementos operativos para:

* Alarma: en caso de incendio forestal, calquera que sexa a súa importancia, debe avisarse ós ocupantes da zona ou instalación e notificalo inmediatamente ó Cecop-Galicia (112 SOS Galicia).

Este aviso ten por obxecto que:

-Os afectados adopten medidas de protección e intervención, se procede.

-As autoridades activen o plan correspondente, se procede.

* Intervención: as persoas ou servicios que compoñen a organización de autoprotección procederán a:

-Intenta-la extinción do incendio.

-Mante-la orde.

-Auxilia-los accidentados ou víctimas, se os houber.

-Facilita-la intervención exterior.

-Proceder á evacuación parcial ou total, se fora necesario (planificalo detalladamente).

7. Información.

Os plans de autoprotección teñen que ser claros, formativos e de fácil comprensión, contendo como mínimo:

* Plano ou esbozo da zona ou núcleos ós que se refire o plan.

* Plano das vías de acceso e tránsito, tomas e depósitos de auga e lugares de almacenamento.

ANEXO VII

Procedemento operativo nivel 0

Época de perigo medio e baixo

Detección:

Ó ter coñecemento do lume actuarase da forma seguinte:

* Xefatura territorial:

-Ordena a intervención dunha cuadrilla e un vehículo motobomba.

-Comunica a incidencia ó concello e á Garda Civil.

-Comunica pola rede radio á xefatura provincial a incidencia.

-Alerta a outra ou outras cuadrillas.

-Designa o director de extinción e comunícallo á Xefatura Provincial.

* Xefatura Provincial.

-Rexistra a incidencia, dá número ó lume e comunícallo á Xefatura Territorial.

-Ordena a intervención dunha cuadrilla do núcleo de reserva, se procede (normalmente helicóptero con cuadrilla).

-Comunica a saída, destino ou cambio de destino dos helicópteros da provincia ó Centro de Coordinación Central e, no caso de que non estea activado, ó subdirector de Incendios.

Aproximación dos medios:

Cuadrilla:

* Estudia o itinerario máis adecuado.

* Diríxese o máis rapidamente posible á zona do lume. Ó chegar a ela, o seu capataz constitúese en director de extinción ata a chegada do nomeado expresamente para iso.

Vehículo motobomba:

* Estudia o itinerario e posibles puntos de auga.

* Ó chegar á zona do lume ponse á disposición do director de extinción.

* Medios dos concellos non conveniados.

* Serán coordinados polo director de extinción.

Extinción:

Director de extinción:

* Avalía a situación, inicia a extinción e, se o considera necesario, solicita reforzos á Xefatura Territorial, dando conta dos medios implicados na acción.

* Se existe perigo para as persoas ou bens de natureza non forestal, comunícallo á Xefatura Territorial.

Xefatura Territorial:

* Se considera que son insuficientes os medios de que se dispoñen, solicita reforzos á Xefatura Provincial dando conta dos medios implicados na acción, facendo sempre referencia ó número do lume ou nome co que se coñece este e comunicándollelo ó xefe de distrito.

* Nos casos en que periguen persoas ou bens de natureza non forestal, comunícallo ó alcalde como xefe local de Protección Civil.

Xefatura Provincial:

* Cando lle sexan solicitados reforzos.

* Ordena a intervención de medios da reserva (se a hai), dunha bisbarra e solicita a intervención dos do Servicio de Montes, de MAN (de acordo coas medidas de coordinación establecidas) ou de calquera tipo de medios de que dispoña.

* Nos casos en que periguen persoas ou bens de natureza non forestal, comunícao ó 112 SOS Galicia.

* Solicita, se é o caso, á Subdirección Xeral de Defensa contra Incendios Forestais a intervención de medios aéreos.

* Finalizada a extinción.

Director de extinción:

* Ordena a retirada dos medios.

* Redacta o parte correspondente (superficie queimada, hora de incorporación e retirada dos medios calquera outra incidencia que considera de interese).

* Comunica se queda ou non retén.

Xefatura Territorial:

* Rexistra tódalas incidencias do lume e transmíteas á Xefatura Provincial co número do lume.

Xefatura Provincial:

* Rexistra as incidencias do lume e envíaas á Dirección Xeral pola rede de ordenadores, e sendo posible en tempo real.

Época de perigo alto

Detección:

Detección desde un posto fixo:

Pasos a seguir desde o posto fixo:

Descubrimento de fume ou lume.

Localización:

* Situación do posible lume no plano.

Transmisión:

* Comunica pola rede de radio, ó Centro de Coordinación de Distrito, a existencia do posible lume e a súa situación.

* Reciben a mensaxe:

* Centro de Coordinación de Distrito.

* Cuadrillas.

* Vehículo motobomba.

* Patrullas móbiles que están na frecuencia.

Pasos a seguir desde o Centro de Coordinación de Distrito.

Rexistra a mensaxe no caderno correspondente.

Comunica pola rede de radio ó Centro de Coordinación Provincial, a incidencia e solicita o número do lume.

Ordena pola rede de radio a intervención dunha cuadrilla e un vehículo motobomba da comarca. No caso de que sexan medios dun concello non conveniado, farase a través deste.

Situar no plano o posible lume.

Nomear director de extinción.

Comunica ó director de extinción o número do lume dado pola Xefatura Provincial.

Pasos a seguir desde o Centro de Coordinación Provincial:

Rexistra a mensaxe transmitida polo Centro de Coordinación de Distrito, da número ó lume e comunícallo ó Centro de Coordinación de Distrito.

Ordena pola rede de radio a intervención dunha cuadrilla do núcleo de reserva que corresponda (normalmente en helicóptero) e que, pola súa vez, saia o vehículo todoterreo, que recollerá á cuadrilla ó termina-lo seu traballo e, se o estima necesario, ordenará a intervención dos medios aéreos da provincia.

Introduce os datos no ordenador. Ás 8.30 de cada día terá introducidos os datos de incendios finalizados o día anterior.

Situar no plano o lume detectado.

Solicitar, se é o caso, a intervención de medios aéreos de extinción.

Pasos a seguir desde o núcleo de reserva:

Ó recibi-la orde de intervención dispón a saída dunha cuadrilla en helicóptero.

Dispón a saída do vehículo todoterreo da cuadrilla.

Pasos a seguir desde o Centro de Coordinación Central:

Recibe no seu terminal os datos do lume.

Ordena, cando o estime necesario, voos de recoñecemento.

Recibe e, se é o caso tramita á provincia a información obtida polos ditos voos ou por outros medios.

Detección desde patrulla de vixilancia móbil:

Ó detecta-la posible existencia de lume achégase, avalía a situación e trata de apagalo cos seus medios.

Comunica pola rede de radio ó Centro de Coordinación de Distrito a incidencia.

A partir de aquí seguirase o procedemento que se indica para o Centro de Coordinación de Distrito.

Detección desde helicóptero de Busca e Salvamento da Consellería de Pesca.

Comunica pola rede de radio ó 112 SOS Galicia a localización do lume.

112 SOS Galicia o transmíteo ó Centro de Coordinación Central.

O Centro de Coordinación Central comunícallo ó Centro de Coordinación Provincial.

O Centro de Coordinación Provincial comunícallo ó Centro de Coordinación de Distrito.

Detección desde o concello ou Garda Civil:

Comunica por teléfono ó Centro de Coordinación de Distrito a existencia do lume.

De se-lo concello, indicará se saíron os seus medios. A partir de aquí o mesmo procedemento que o indicado para o Centro de Coordinación de Distrito.

Detección por aviso desde o 085 ou 112 SOS Galicia.

Recibe o aviso o Centro de Coordinación Provincial.

O Centro de Coordinación Provincial comunícallo ó distrito pola rede de radio e pide comprobación.

O Centro de Coordinación de Distrito solicita do observatorio que corresponda, verificación da existencia do posible lume.

O observatorio comunica o resultado afirmativo ou negativo. Se é afirmativo, o mesmo procedemento que o indicado para o centro de Coordinación de Distrito. Se é negativo, o Centro de Coordinación de Distrito comunícao ó Centro de Coordinación Provincial.

Aproximación dos medios:

O helicóptero coa súa cuadrilla:

Se é falsa alarma comunícallo pola rede de radio ó Centro de Coordinación de Distrito e ó Núcleo de Reserva e incorpórase á base.

Se é lume, desembarca a cuadrilla.

A cuadrilla inspecciona o lume, informa o distrito e inicia a extinción.

O técnico do helicóptero ou a tripulación pide instruccións á Xefatura Provincial sobre se debe continuar na extinción ou regresar á base.

Cuadrilla de extinción:

Estudia o itinerario máis apropiado.

O seu capataz, ó chegar ó lume, informará o Centro de Coordinación de Distrito e farase cargo da extinción (director de extinción).

Ordena que as radios se poñan na frecuencia do lume.

Vehículo motobomba:

Estudia o itinerario e posible puntos de auga.

Informa o Centro de Coordinación de Distrito da súa chegada e ponse á disposición do director de extinción, pasando a radio á frecuencia que corresponda.

Estudia o lugar para a reposición de auga.

Incorporación de calquera outro medio:

Porase a disposición do director de extinción, que o comunicará igualmente ó Centro de Coordinación de Distrito.

Centro de Coordinación Comarcal:

Se é falsa a alarma:

* Ordena o regreso dos medios que enviou.

Se é lume:

* O cronista rexistra os acontecementos na folla de lumes e nos planos de situación.

* Comunica ó Centro de Coordinación Provincial a chegada dos distintos medios.

* O emisorista rexistra tódalas mensaxes que vaia recibindo e pásaas ó Centro de Coordinación Provincial.

Rexistra as mensaxes recibidas e pásaas ó coordinador.

O cronista rexistra os acontecementos e pásaos ó plano de situación.

Introduce os datos no ordenador.

Extinción:

O director de extinción:

Informa o Centro de Coordinación de Distrito a evolución do lume, situación na que se atopa e solicita, se é o caso, os reforzos que considere necesarios.

Informará, polo menos, das seguintes situacións:

* Se o lume pode afectar persoas ou bens de natureza non forestal.

* Se necesita reforzos.

* Lume baixo control ou controlado.

* Lume sufocado.

* Lume apagado.

* Establecido retén: (quere dicir que a zona del lume queda vixiada con medios suficientes para evita-la súa reproducción).

* Para a petición de reforzos debe especificarse tipo e cantidade de reforzos (vehículos motobomba, cuadrillas, avións, etc.), dando unha estimación o

máis obxectiva posible das circunstancias do lume (fronte do lume, velocidade do vento, pendente, tipo de superficie que arde e proximidade de arborado) con obxecto de que o coordinador de distrito poida facerse unha idea o máis exacta posible das circunstancias de cada lume para a toma de decisións.

O Centro de Coordinación de Distrito:

Anota no caderno de mensaxe as recibidas do director de extinción.

Comunícalle ó Centro de Coordinación Provincial as incidencias habidas.

Envía os reforzos que considere axeitados e solicita ó Centro de Coordinación Provincial os medios que no poida achegar e sempre os aéreos.

Nos casos en que periguen persoas ou bens de natureza non forestal, comunícallo á Xefatura Provincial e ó concello.

Reflicte no plano de situación as incidencias.

O Centro de Coordinación Provincial:

Rexistra no caderno de mensaxes as recibidas do Centro de Coordinación Comarcal e dos núcleos de reserva.

Ordena no seu caso a un núcleo de reserva ou a un centro de distrito colateral o envío de reforzos ou a intervención de maquinaria pesada, ou no caso do Centro de Coordinación de Lugo a intervención de avións lixeiros de carga en terra.

Introduce no ordenador os datos correspondentes.

Caso de petición de avións anfibios transmítea ó Centro de Coordinación Central.

Reflicte no plano de situación as incidencias do lume.

Cando os medios provinciais non sexan suficientes para os apoios, solicitará ó C.C Central a intervención da reserva.

* Nos casos en que periguen persoas ou bens de natureza no forestal, comunícallo á Xefatura Provincial de Protección Civil a través do Cecop Galicia (112 SOS Galicia).

Centro de Coordinación Central:

Recibe a petición dos avións anfibios, reserva central e dos helicópteros para emprego interprovincial.

Determina se é adecuado ou non o emprego destes medios e, en caso afirmativo, o número de avións, cuadrillas da reserva e helicópteros que deben intervir.

Demanda a intervención de avións anfibios á Lavacolla.

Reflicte as incidencias no plano de situación.

Transmite parte de novidades extraordinarias á Dirección Xeral de Montes e MAN.