Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.352

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2001 pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0000875/2001, interposto pola Confederación Intersindical Galega (CIG).

A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0000875/2001, interposto pola Confederación Intersindical Galega (CIG) contra o Decreto 71/2001, do 22 de marzo de 2001, polo que se aproba o Regulamento do persoal funcionario destinado nas confrarías de pescadores (Diario Oficial de Galicia nº 69, do 6 de abril).

En consecuencia, esta consellería acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2001.

P.D. (Resolución 17-12-1997,

DOG nº 246, do 22 de decembro)

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura