Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.368

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (3/2001).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 3/2001, seguidos por instancia de Manuel González Miranda contra Excavaciones Transcero, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 7-6-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Manuel González Miranda, contra a empresa Excavaciones Transcero, S.L., condeno a esta a aboarlle a cantidade de 1.007.204 pesetas, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada de que, para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 3-2001, do Banco Bilbao Vizcaya desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social Número Tres, o importe da condena é 25.000 pesetas en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Excavaciones Transcero, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 6 de xullo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado