Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 26 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se notifica a resolución do expediente 320/2000, referente ó procedemento sancionador incoado polo Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra a Asunción Diz.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido en Monte 7, A Illa de Arousa, Pontevedra, a resolución do expediente sancionador número 320/2000, que lle foi incoado polo Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra a Asunción Diz, pola comisión dunha infracción á Lei de estradas de Galicia (en diante LEG), da que a súa parte dispositiva dí:

Un.-Declarar a Asunción Diz responsable da comisión dunha infracción grave tipificada no artigo 43.3º b LEG.

Dous.-Impoñerlle sanción de 50.000 pesetas (cincuenta mil pesetas), e unha indemnización de 278.533 pesetas (duascentas setenta e oito mil cincocentas trinta e tres pesetas).

Tres.-Ordena-la restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infracción nun prazo de 15 días, desde a notificación da presente resolución (artigo 47.3º LEG), con expresa advertencia da posibilidade de impoñer multas coercitivas (artigo 47.4º LEG), e a posibilidade de proceder á súa execución subsidiaria a cargo do causante.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde a recepción da presente notificación de acordo co disposto no artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2001.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda