Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/222-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. recuamento en campus universitario de Vigo-Marcosende.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 2.475 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Beade ata a escola de enxeñeiros industriais, no campus universitario de Vigo, en Marcosende-As Lagoas, no concello de Vigo. O actual C.T. de 25 kVA da escola de industriais trasládase ó aparcamento sur da escola de enxeñeiros industriais e o actual C.T. de 50 kVA Pardellas 2 desprázase á estrada de acceso ó colexio Os Sauces. Colócanse catro novos centros de distribución, situados na escola de enxeñeiros de telecomunicacións, biblioteca, pistas deportivas e facultade de empresariais, todos eles con celas de liña CML-SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 21 de xuño de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra