Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.382

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2001 pola que se fai pública a resolución do recurso de reposición interposto contra a resolución recaída no expediente sancionador de montes CO-2000/035.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á entidade que figura no anexo, a citada resolución.

Contra a resolución que se publica procederá a interposición do recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 18 de julio de 2001.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Interesado: Maderas Fontán, S.L.

Último enderezo coñecido: Alejandro Cerecero, 8-3º.

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Contido da resolución do recurso de reposición:

Data: 8 de xuño de 2001.

Resolución: desestimado, confirmando a resolución en tódolos seus termos.