Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO.

Por este anuncio advírtese da exposición ó público, durante o prazo de oito días fixado no artigo 122 do texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, do prego de condicións técnico-xurídicas e económico-administrativas que rexen a contratación por procedemento aberto e de concurso do contrato de asistencia técnica para a dispoñibilidade de equipos informáticos e de medición destinados á realización de traballos topográficos de medición, elaboración de cartografía, planos, dixitalización, valoracións e demais prestacións de carácter técnico, coa finalidade de que as persoas que o desexen poidan presenta-las reclamacións e observacións que consideren convenientes.

Así mesmo, convócase, polo procedemento de urxencia, a licitación pública para adxudicar por procedemento aberto e de concurso o contrato de asistencia técnica para a dispoñibilidade de equipamentos informáticos e de medición destinados á realización de traballos topográficos, de medición, elaboración de cartografía, planos, dixitalización, valoracións e demais prestacións de carácter técnico. O prazo de recepción de solicitudes de participación é de vinteseis días naturais contados a partir da publicación deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, a licitación adiarase se se presentaren reclamacións contra o prego de condicións, ata seren resoltas.

Obxecto: execución do contrato de asistencia técnica para a dispoñibilidade de equipos informáticos e de medición destinados a realización de traballos topográficos, de medición, elaboración de cartografía, planos, dixitalización, valoracións e demais prestacións de carácter técnico.

Tipo de licitación: 5.987.700 pesetas.

Presentación de proposicións: na secretaría da corporación de 9 a 12 horas, en días hábiles.

Mos, 3 de xullo de 2001.

Ramón Alonso Fernández

Alcalde