Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTO DO SON

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Porto do Son, en sesión do día 20 de xullo de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle do predio denominado dos Rouras, en Portosín, de acordo co proxecto presentado por Juan Vázquez Mato, redactado polo arquitecto José María Ucha Dolz del Castellar.

Segundo.-Notifíqueselle o presente acordo ó promotor do estudio de detalle e demais interesados. Publíquese no DOG, con cumprimento dos trámites regulados no artigo 49 da Lei 1/1997, do 24 de marzo (LSG).

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese practicar.

Porto do Son, 10 de agosto de 2001.

Ramón Quintáns Vila

Alcalde-presidente