Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEREA

EDICTO.

O Pleno da Corporación, na seción do día 28 de xullo de 2001, aprobou o expediente de contratación mediante procedemento aberto, por concurso e por vía de urxencia, da obra denominada pavimentación das Bangueses de Arriba e Bangueses de Abaixo.

Así mesmo, o Pleno, na sesión da mesma data, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación da mencionada obra, o que se expón ó público polo prazo de 4 días hábiles contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG, para efectos reclamacións.

Asemade anúnciase o concurso, se ben a licitación se aprazará no caso de que se formulen reclamacións contra o dito prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Pleno do Concello de Verea.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descripción do obxecto: a execución da obra pavimentación en Bangueses de Arriba e Bangueses de Abaixo (número 79/1/01 incluída no Plan base de 2001) conforme o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos, Manuel Durán Fuentes.

b) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O orzamento de execución por contrata ascende á cantidade de 6.433.000 pesetas, IVE e demais gastos incluídos.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verea (Ourense) en horas de 9 a 14, excepto sábados.

b) Domicilio: Carballo-Verea.

c) Localidade: Verea, código posta 32813.

d) Teléfono: 988 43 06 00 ou 988 43 06 58.

e) Fax: 988 43 06 59.

f) Data límite obtención documentación e informacion: ata o último día do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación do contratista.

Non se esixe.

8. Presentación de proposicións.

a) Data límite: dentro dos 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: concello de Verea.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: concello de Verea.

b) Hora e data: 19.30 horas do terceiro día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación de proposicións.

Se coincidise sábado ou día inhábil, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Criterios de adxudicación.

Serán os sinalados na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios.

Os gastos dos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Verea, 13 agosto de 2001.

O alcalde

Rubricado