Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 27 de agosto de 2001 Páx. 11.426

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de xullo de 2001 pola que se modifica a do 1 de decembro de 1998, pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, entre outras, na categoría 68 (pastor/a oficial de primeira e outros) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Visto polo Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo o recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado nº 38/1999, interposto por Juan Manuel Carballeira Pereira, contra a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 1 de decembro de 1998, pola que se eleva a defintiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, entre outras, na categoría 68 (pastor/a oficial 1ª e outros) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, (DOG do 11 de decembro) dictou sentencia nº 255/2001, do 14 de xuño, pronunciándose no seguinte sentido:

«Decido que estimo o recurso contencioso-administrativo interposto polo letrado José Manuel Fernández Varela, en nome e representación de Juan Manuel Carballeira Pereira, contra a orde da Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia, de data 1 de decembro de 1998, pola que se eleva a definitiva a proposta dos que superaron o proceso selectivo para o ingreso nas categorías correspondentes ó grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galcia, no concreto aspecto de non figurar incluído na lista definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo o recorrente, para o acceso á categoría correspondente ó grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia, praza de pastor/oficial de servicios técnicos e outros, categoría 68, acceso libre; e declaro o seu dereito a ser restablecido e a figurar como tal, para os efectos de que poida ser nomeado e tomar posesión do referido posto de traballo. E condeno á Administración demandada a que cumpra tales declaracións e lle dea efectos desde

que o recorrente debería ter tomado posesión, aboándoselle tódolos haberes que correspondan desde aquel momento».

Con data do 24 de xullo de 2001, o director xeral da Función Pública dispuxo a execución da sentencia nos seus propios termos, en virtude do disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Mediante resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 27 de xullo de 2001, aceptouse a renuncia formulada no seu día por Jesús López López á praza correspondente á categoría 68 do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia con efectos desde esa mesma data.

Como consecuencia, procede publicar unha nova relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á categoría 68 (pastor/a oficial 1ª e outros) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, na que se recolla a alteración provocada pola execución da citada sentencia, é dicir, que en lugar de figurar nela Jesús López López debe figurar Juan Manuel Carballeira Pereira.

Polo tanto, en virtude do exposto,

DISPOÑO:

Primeiro.-Modifica-la Orde do 1 de decembro de 1998, pola que se elevou a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso, entre outras, á categoría 68 (pastor/a oficial 1ª e outros) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, que se publica como anexo á presente orde, de tal xeito, que en lugar de figurar na mesma Jesús López López debe figurar don Juan Manuel Carballeira Pereira.

Segundo.-Facúltase o director xeral da Función Pública para dictar cantos actos e disposicións sexan necesarios para executa-las consecuencias da presente orde.

Terceiro.-Contra a presente orde pódese interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da dita publicación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Categoría 68 (pastor/a oficial 1ª e outros).

Acceso libre.

Primeiro apelido: Carballeira.

Segundo apelido: Pereira.

Nome: Juan Manuel.

DNI: 33813014.

Nota 1: 10,40.

Nota 2: 12.

Nota 3: 5,50.

Méritos: 0.

Total: 27,90.