Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 27 de agosto de 2001 Páx. 11.428

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE DE PONTEVEDRA

EDICTO (406/2000-6).

Pilar Millán Mon, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número sete de Pontevedra, fai saber que no procedemento da referencia se dictou a sentencia na que, entre outros, contén os seguintes particulares:

«Vistos por Jacinto José Pérez Benítez, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número siete de Pontevedra e o seu partido, os presentes autos de xuízo verbal número 406/2000, promovidos polo procurador dos tribunais Sanjuán, actuando en nome e representación de José Luis Pintos Parada, baixo a dirección da letrada Velasco, contra Marcos Pereiro Rúa, en situación procesual de rebeldía, compañía de Seguros La Patria Hispana, representadas polo procurador Soto, Luciano Santiago Pardavila, coa mesma representación procesual e Consorcio de Compensación de Seguros, representado polo letrado do Estado, sobre reclamación de cantidade.

Decido que, con estimación parcial da demanda deducida pola representación de José Luis Pintos Parada, condeno o demandado, Marcos Pereiro Rúa, a aboar ó demandante a suma de 132.263 pesetas; condeno o Consorcio de Compensación de Seguros a aboar ó demandante, con carácter solidario e directo co codemandado condenado, a suma de 62.263 pesetas. Absolvo a Luciano Santiago Pardavila e La Patria Hispana das pretensións formuladas contra eles neste proceso. Condeno a Marcos Pereiro Rúa a aboar ó demandante a cuarta parte das custas procesuais producidas, sen especial pronunciamento respecto ó resto».

E para que sirva de notificación e como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado, Marcos Pereiro Rúa, con último domicilio coñecido na Graña, 9, Moaña, expido e asino este edicto en Pontevedra o tres de xullo de dos mil un.

A secretaria

Rubricado