Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 27 de agosto de 2001 Páx. 11.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 12 xullo de 2001, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, sobre as constitucións, modificacións, disolución e cancelación das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta dirección xeral, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e

á orde da Consellería de Agricultura, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións, disolución e cancelación que se citan.

Constitución de:

A sociedade agraria de transformación Alfer, SAT nº 1095 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo na Mata-Manzaneda (Ourense); obxecto social: producción de uvas, elaboración, embotellado e comercialización de viño e derivados; capital social: 1.000.000 de pesetas; nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Canedo, SAT nº 1096 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lg. Canedo-Abella-Frades (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 41.700.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Ganadería Casagrande, SAT nº 1097 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lg. Montrigo-Cangas-Lalín (Pontevedra); obxecto social: producción gandeira; capital social: 51.000.000 de pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Adega O Casal, SAT nº 1098 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en r/ Pumarega, 22-Rubiá (Ourense); obxecto social: cultivo, elaboración, embotellado e comercializacion de viño; capital social: 500.000 pesetas; nº de socios: 5.

A sociedade agraria de transformación Ganadería Fontealbite, SAT nº 1099 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lg. Andeade-Touro (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 29.700.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Santa Eulalia, SAT nº 1100 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lg. O Corpiño-Lalín (Pontevedra); obxecto social: producción gandeira; capital social: 26.400.000 pesetas; nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Ganadería Sabadelle, SAT nº 1101 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lg. Sabadelle-Chantada (Lugo); obxecto social: producción gandeira; capital social: 82.200.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Ganadería Arrieiro, SAT nº 1102 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lg. Sar-Bama-Touro (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 37.200.000 pesetas; nº de socios: 3

A sociedade agraria de transformación San Julián, SAT nº 1103 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lg.

Gresande-Lalín (Pontevedra); obxecto social: adquisición e explotación de maquinaria en común; capital social: 9.000.000 de pesetas; nº de socios: 9.

A sociedade agraria de transformación Esperante, SAT nº. 1104 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Esperante-Lugo (Lugo); obxecto social: producción gandeira; capital social: 100.000 pesetas; nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Estrella de Mogaredo, SAT nº 1105 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Nogaredo-Brates-Boimorto (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 36.000.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Taboada Fabás, SAT nº 1106 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Taboada-Paderne-Cesuras (A Coruña); obxecto social: a prestación de servicios ós socios, consistentes na reorganización da propiedade dos seus predios a través da concentración parcelaria de carácter privado; capital social: 52.000 pesetas; nº de socios: 52.

A sociedade agraria de transformación Teixeiro, SAT nº 1107 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo nas Fontes-A Regueira-A Pastoriza (Lugo); obxecto social: explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 300.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Finca Mariño, SAT nº 1108 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lg. Viaño Grande-Campo-Trazo (A Coruña); obxecto social: explotación en común de terras e gando; capital social: 20.400.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación O Coto, SAT nº. 1109 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Ribeira, nº 3-A Capela (A Coruña); obxecto social: adquisición e explotación de maquinaria en común; capital social: 2.461.725 pesetas; nº de socios: 5.

A sociedade agraria de transformación Arroxo, SAT nº 1110 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Gomesende-Ferreiros-Pol (Lugo); obxecto social: producción gandeira; capital social: 4.500.000 pesetas; nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Santa Lucía, SAT nº 1111 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Xestoso-Vilacova-Lousame (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 59.400.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Ganadería Oubel, SAT nº 1112 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lg. Andeade-Touro (A Coruña); obxecto social:

producción gandeira; capital social: 600.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Edrada, SAT nº 1113 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lg. Hedrada-Castro de Rei, s/n-Paradela (Lugo); obxecto social: producción gandeira; capital social: 19.700.000 pesetas; nº de socios: 5.

A sociedade agraria de transformación Adega A Coroa, SAT nº 1114 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Valencia do Sil-Vilamartín de Valdeorras (Ourense); obxecto social: cultivo, embotellamento e comercialización de viño; capital social: 600.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación San Roque, SAT nº 1115 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Zanfoga-Montemaior-A Laracha (A Coruña); obxecto social: producción de leite; capital social: 16.890.000 pesetas; nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Virxen de Galir, SAT nº 1116 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en r/ do Bierzo, nº 1-O Barco de Valdeorras (Ourense); obxecto social: producción, transformación e venda de viños e derivados; capital social: 1.000.000 de pesetas; nº de socios: 4.

Modificación de:

A sociedade agraria de transformación Monte do Soto, SAT nº 3626, na asemblea xeral do 30 de maio de 2001, acordan por unanimidade dar de baixa a 3 socios e de alta 3 novos socios, que compran os títulos dos que causan baixa, sen que varíe o capital social establecido en 24.000.000 de ptas., con 2400 títulos de 10.000 ptas. cada un.

Así mesmo, nomean nova xunta rectora, integrada por Carmelo Barreiro Vázquez, presidente; Jesús Núñez del Moral, secretario; Mª Lucía Paz Solla, Mª. Concepción Desiré Alonso, Luis Núñez Desiré e Ramón Barreiro Paz, vocais.

A sociedade agraria de transformación Bodegas Aldea de Abaixo, SAT nº 835 XUGA, na asemblea xeral extraordinaria do 10 de maio de 2001, acordan por unanimidade, como único punto da orde do día a ratificación completa de elección de xunta rectora efectuada en asemblea xeral extraordinaria o 9 de xuño de 1999, integrada por Manuel Arturo Conde Fernández, presidente; Elidio Magallanes Rodríguez, secretario; José Rodríguez Alonso, Elisa González Rivero, Carmen Cañada Navarro, Florentino Vaquero Pereira e José Luis Rodríguez Martínez, vocais.

A sociedade agraria de transformación San Martín de Gallegos, SAT nº 691 XUGA, na asemblea xeral extraordinaria do 15 de xuño de 2001, acordan por unanimidade dar de alta a 8 socios e de baixa a 7 socios, producíndose un aumento de capital social,

pasando dun capital de 120.000 pesetas a un definitivo capital social de 127.500 pesetas, en 17 resgardos nominativos de 7.500 pesetas cada un deles. Así mesmo elixen nova xunta rectora integrada por Mª. Carmen Miranda García, presidenta; José Antonio Mosquera García, secretario; Antonio Rey Martínez, vocal-tesoreiro; Valentín Sánchez Bernomás e Cesario Rodríguez Carneiro, vocais.

A sociedade agraria de transformación San Andrés de Teixido, SAT nº. 878 XUGA, na asemblea xeral do 1 de setembro de 2000, acordan por unanimidade dar de baixa 4 socios e de alta a 3 socios. Producíndose unha reducción do capital social pasando dun capital de 1.406.880 pesetas, a un definitivo capital social de 1.231.020 pesetas, en 7 xustificantes nominativos de 175.860 pesetas cada un. Así mesmo, elixen nova xunta rectora integrada por Salvador Fernández Rodríguez, presidente; José Bouza Painceira, secretario; Luciana Bellón Painceira, tesoureira; Cándido Bellón Painceira, Eladio Rodríguez Fernández, José Antonio Bouza Painceira e Dolores Rodríguez Martínez, vocais.

A sociedade agraria de transformación Agrolaia, SAT nº 944 XUGA, na asemblea xeral do 2 de outubro de 2000, acordan en votación a elección de nova xunta rectora, integrada por Manuel Ouro Villamor, presidente; Antonio Viña Fernández, secretario; Ana María López Pombo e Irene Seijas Bruzos, vocais.

A sociedade agraria de transformación Casa do Pintor, SAT nº 644 XUGA, na asemblea xeral do 18 de xuño de 1999, acordan por unanimidade modifica-lo obxecto social, que transcrito no artigo 1º punto 2 d) dos seus estatutos queda así: «producción gandeira e producción porcina».

Tamén dan de alta como socio a José Antonio López Varela e de baixa á socia Josefa López Racamonde que, cede os xustificantes nominativos ó socio dado de alta, sen que se produza variación no capital social.

A sociedade agraria de transformación Chimparra, SAT nº 5419, na asemblea xeral do 3 de abril de 2001, acordan por unanimidade dar de alta 2 socios e de baixa a 6 socios, facéndolles a 4 socios a súa liquidación no capital social e os outros 2 socios restantes ceden os xustificantes os socios dados de alta, producíndose unha reducción do capital social, que pasa de 504.000 pesetas a un definitivo capital social de 216.000 pesetas en 3 xustificantes nominativos de 72.000 pesetas cada un deles. Así mesmo elixen nova xunta rectora integrada por José Pérez Muíño, presidente; Jacoba Montero Freiría, secretaria e Basilisa Fernández Painceira, vocal.

Disolución de:

A sociedade agraria de transformación Vistrobe, SAT nº 725 XUGA, na asemblea xeral do 12 de outubro de 2000, acordan por unanimidade de tódolos socios aproba-la súa disolución, nomeando ós socios liquidadores.

Cancelación de:

A sociedade agraria de transformación Vistrobe, SAT nº 725 XUGA, na asemblea xeral do 28 de outubro de 2000, acordan por unanimidade de tódolos socios aproba-lo informe balance final e a súa cancelación.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2001.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación