Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 27 de agosto de 2001 Páx. 11.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para o arrendamento de 10 servidores NT para unidades periféricas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde (S-375/2001).

1. Obxecto e orzamento: arrendamento de 10 servidores NT para unidades periféricas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, por un importe máximo de trinta e nove millóns de pesetas, (39.000.000 de pesetas, IVE incluído (234.394,72 euros).

2. Solvencia económica, financeira e técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 16 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Prazo de execución: 36 meses desde a recepción dos equipos.

4. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, Servicio de Contratación, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas (www.sergas.es).

5. Garantías: provisional de 780.000 pesetas.

6. Admisión de variantes: non se admiten.

7. Criterios de adxudicación: ver punto 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo San Caetano (ático á norte), a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

10. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos