Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 27 de agosto de 2001 Páx. 11.448

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

ANUNCIO.

O Pleno do Concello das Pontes de García Rodríguez, en sesión do 3 de xullo de 2001, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento en soar entre as rúas Álvaro Cunqueiro, rúa da Fábrica e dúas máis.

O que se fai público en cumprimento do disposto polo artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

As Pontes de García Rodríguez, 11 de xullo de 2001.

Víctor Guerreiro Pena

Alcalde presidente